Na miña última crónica describín un escenario perturbador do futuro da universidade en resultado dos procesos de reforma actualmente en curso. Insistín en salientar que se trata só dun escenario posíbel e que a súa ocorrência pode ser evitada se foren tomadas algunhas medidas esixentes.
Primeiro, é preciso comezar por recoñecer que a nova normalidade creada polo escenario descrito significaría o fin da universidade tal como a coñecemos. Segundo, é necesario tirar as consecuencias dos vicios da universidade anterior ao proceso de Boloña: inercia e endogamia por detrás da aversión á innovación; autoritarismo institucional disfrazado de autoridade académica; nepotismo disfrazado de mérito; elitismo disfrazado de excelência; control político disfrazado de participación democrática; neofeudalismo disfrazado de autonomía departamental ou facultária; temor da avaliación disfrazado de liberdade académica; baixa produción científica disfrazada de resistencia heróica a termos de referencia estúpidos e a comentarios ignorantes de referees.
Terceiro, o proceso de Boloña debe retirar do seu vocabulário o concepto de capital humano. As universidades forman seres humanos e cidadáns plenos e non capital humano suxeito como calquera outro capital ás flutuacións do mercado. Non se pode correr o risco de confundir sociedade civil con mercado. As universidades son centros de saber no sentido máis amplo do termo, o que implica pluralismo científico, interculturalidade e igual importancia revisada ao coñecemento que ten valor de mercado e ao que o non ten.
A análise custo/beneficio no dominio da investigación e desenvolvemento é un instrumento groseiro que pode matar a innovación en vez da promover. Basta consultar a historia das tecnoloxías para se concluír que as innovacións con maior valor instrumental foron desenvolvidas sen calquera atención á análise custo/beneficio. Será nefasto para as universidades se a reforma for orientada para neutralizar os mecanismos de resistencia contra as imposições unilaterais do mercado, os mesmos que, no pasado, foron cruciais para resistir contra as imposições unilaterais da relixión e do Estado.
Cuarto, a reforma debe incentivar as universidades a desenvolveren unha concepción ampla de responsabilidade social que non se confunda con instrumentalización. No caso portugués, os contratos celebrados entre as universidades e o Goberno no sentido de aumentar a cualificación da poboación tornan ridícula a idea do illamento social das universidades mais, se nin todas as condicións fosen cumpridas, poden suxeitar as institucións a un stress institucional destrutivo que atinxirá de maneira fatal a xeración dos docentes na casa dos trinta e corenta anos.
Quinto, para que tal cousa non aconteza, é necesario que a todos os docentes universitarios sexan dadas iguais oportunidades de realizar investigación, non facéndoas depender do ránking da universidade nin do tópico de investigación, non sendo toleradas nin cargas lectivas asfixiantes, nin a degradación dos salarios (mantendo as carreiras abertas e permitindo que os salarios poidan ser pagos, en parte, polos proxectos de investigación).
Sexto, o proceso de Boloña debe tratar os ránkings como o sal na comida, ou sexa, con moderación. Para alén diso, debe introducir pluralidade de criterios na definición dos ránkings á semellanza do que xa se vigoriza noutros dominios: nas clasificacións dos países, o índice do PIB coexiste hoxe co índice de desenvolvemento humano do PNUD.
Todo isto só será posíbel se o proceso de Boloña fose cada vez máis unha enerxía endóxena e cada vez menos unha imposición de expertos internacionais que transforman preferencias subxectivas en políticas públicas inevitábeis; e se os encargados da reforma convenceran á UE e os Estados a investir máis nas universidades, non para responder a presións corporativas, mais porque este é o único investimento capaz de garantir o futuro da idea de Europa como Europa das ideas.
Nenhum comentário:
Postar um comentário