19/03/2011

A nosa responsabilidade está co pobo libio

Santiago Alba Rico en Rebelión (aquí).



Hoxe 40 manifestantes foron asasinados na praza Taghrir de Sanaa, en Iemen, cuxo goberno é apoiado polos EEUU e por Arabia Saudita.
Hoxe foi voado o monumento da praza da Perla, en Bahrein, país ocupado dende o mércores por tropas de Arabia Saudita mobilizadas para reprimir as manifestacións nas que morreron xa algunhas decenas de persoas.
Hoxe os iraquís volveron saír á rúa para reclamar pan e liberdade, en manifestacións que se repiten dende hai semanas, con numerosas vítimas mortais, nun país destruído de arriba abaixo polos EEUU e os seus aliados.
Esta semana seguiron en Marrocos e en Alxeria as protestas nas rúas contra os nosos amigos dictadores.
Esta semana Palestina seguiu reclamando a fin da ocupación israelí, apoiada polos EEUU e a UE.
Esta semana morreron decenas de persoas nos cotiáns bombardeos estadounidenses sobre Afganistán e Pakistán.
Zapatero acaba de declarar, tras anunciar a participación de España nas operacións militares contra Libia: “Nuestra responsabilidad está con el pueblo de Libia”.
Se os burros rebuznan e os porcos roñan, ¿por que os socialdemócratas falan?
A nosa responsabilidade, a dos pobos europeo e estadounidense, é a de saír á rúa, non só para protestar contra a intervención, non, senón para mandar a Zapatero e a Rajoy, a Sarkozy, a Berlusconi, a Obama e Clinton (e a todos os demais) a facer compañía a Mubarak e Ben Alí. Mentras iso non ocorra, nin o pobo de Libia poderá liberarse de Gadafi nin o mundo pronunciar certas palabras sen atragantarse.
Pódese ser un inmoral honrado; un inmoral calado.

Máis...

* O BNG oponse á intervención militar en Libia (ver aquí).

Nenhum comentário: