Segundo un dos máis famoso dos especuladores do mundo (coñecido sobre todo pola especulación con divisas, entre elas a libra esterlina), o húngaro nacionalizado estadounidense George Soros, a crise do euro acaba de entrar nunha espiral moito máis letal e perigosa.
Así o expresou nun artigo publicago en Financial Times. Para Soros o Banco Central Europeo (BCE) mitigou as incipientes dificuldades de crédito cos seus programas de refinanciación a longo prazo e o posterior rally dos mercados financeiros, que conseguíu ocultar o deterioro subxacente, mais moitos analistas coinciden en que o seu efecto será moi temporal. Segundo indica Soros "os problemas fundamentais non se resolveron; de feito, o laño entre acredores e debedores continúa ensanchándose. A crise acaba de entrar no que sería unha fase moito menso volátil. (...) Cando comezou esta depresión, non se podía concebir a desaparición do euro porque todos os sistemas financeiros estaban profundamente ligados".
No entanto, e pola inxección brutal de liquidez do BCE que sobrepasa o billón de euros xunto ao rexeitamento dos bonos internacionais, Soros acredita que nuns anos podería ser posíbel a ruptura da eurozona, nun cenario onde os estados acredores dos bancos centrais poderían ter difícil manter os seus compromisos principais cos estados debedores.
Nenhum comentário:
Postar um comentário