As portas están abertas e a obra sen rematar
16/06/2012
Reunida
a coordinadora provisional de asembleas locais e comarcais por un
Novo Proxecto Común
ACORDAMOS:
1.-
Convocar a
Asemblea Nacional Constituínte para o día 14
de
xullo en
Santiago de Compostela.
Esta Asemblea Constituínte está aberta á participación, a título
individual e directo, de todas aquelas persoas que estean a prol
dunha nova organización do nacionalismo galego, teñan participado
ou non, nas asembleas locais ou comarcais que constituíran até esa
data.
2º.-
Constituir dous grupos de traballo: un de carácter
técnico-organizativo, e outro encargado da redacción dos documentos
ideolóxico-políticos.
3.-
Facer un chamado e animar á constitución de novas asembleas ao
longo deste proceso que se manterá aberto á incorporación daquelas
novas asembleas que se organicen territorialmente.
4.-
Facer un chamado a todas as persoas que cunha visión diferente,
dentro da pluralidade existente no nacionalismo galego actual, estean
a traballar dende ópticas diferentes na construción do novo
referente político que a sociedade galega demanda. As portas están
abertas e a obra sen rematar.
Nenhum comentário:
Postar um comentário