No día de onte celebrouse en Santiago de Compostela un encontro entre as Direccións de ANOVA e o Bloque Nacionalista Galego, esta xuntanza é continudade da realizada polos portavoces respectivos e que ficaba pendente do remate da nosa Asemblea Nacional. Insírese esta á súa vez na rolda de contactos entre forzas nacionalistas e de esquerda que vimos mantendo nestas semanas.
Do contacto habido atopamos as seguintes intercambios e/ou concidencias que consideramos oportuno facer públicos:
Dende ANOVA constatamos que existe unha grande coincidencia na análise, diagnose e valoración do estado de crise económica, social e política, froito da agresión do capital financeiro contra a maioría social nos seus dereitos cívicos e nacionais. Vemos a necesidade de estabelecer marcos de colaboración e manter canles de comunicación entre as organizacións nacionalistas e de esquerda de Galiza para atopar vias de unidade de acción fronte á crise e ás políticas de recentralización en defensa dos intereses do País e da maioría social, que para ANOVA insírese na estratexia da fronte amplia incluínte definida na nosa I Asemblea Nacional.
Producíuse tamén un intercambio de información sobre o abano de posturas que barallan ambas formacións sobre as eleccións europeas.
Acordouse trasladar ás direccións respectivas a información e valoracións intercambiadas na xuntanza e en manter novas reunións en datas vindeiras.
Mario López Rico
Comunicación de ANOVA

Nenhum comentário:
Postar um comentário