E que é traballo “útil”? Non pode ser máis que o traballo que consegue o efecto útil proposto.
Karl Marx.
Política Vs Traballo
Na antiga Grecia o Traballo non estaba valorado de xeito positivo; considerábase degradante e un obstáculo para desenrolar a actividade cívica. Sócrates dicía que os oficios de artesán “non deixan ningún tempo para ocuparse dos amigos e da cidade” e “botan a perder o corpo dos obreiros que o exercen”. Tres séculos máis tarde, Cicerón cualifica o oficio de artesán de “SORDIDI”. Malia súa crítica non apuntaba en realidade ó traballo manual en si mesmo, é dicir, contra a propia actividade de “poiesis”, de creación de obxectos e obras. Pericles consideraba que ser artesán non supoñía un impedimento para “comprender de xeito suficiente a cuestión política”. O seu rexeitamento o traballo manual xordía entón a raíz do impacto negativo que este tiña sobre a política, a causa dos lazos de dependencia que crea desenvolvendo unha economía servil.
Máis alá de que os traballos máis duros se reservaban para os escravos -aínda que as veces traballaran man con man con campesiños libres- ou que o relacionado coa industria do téxtil confinaba a muller e mailas súas criadas a tecer na casa, o problema co traballo reside principalmente na súa incompatibilidade coa práctica democrática. Cando alguén está sometido a unha relación de dependencia que lle consume tempo, resulta imposible facerse cargo dos asuntos que competen a cidade e comunidade.
O traballo como política
Todo o largo do século XIX e ata a década dos 70 do XX, o concepto atribuído o papel que cumpre o traballo na sociedade, cambiou radicalmente o respecto dos antigos ou da Idade Media. Pasou de ser un elemento de marxinalidade, símbolo da decadencia para quen o exerce; para gradualmente alzarse coma unha actividade pública da que emana a cidadanía e os dereitos políticos. O traballo pasou a ser un media para gañarse a vida, algo que se ten ou non se ten, a través do cal xira toda unha ética redentora asociada ó cristianismo, “gañarás o pan coa suor da túa fronte”, ou na versión socialista, o seu papel que glorifica a actividade colectiva e individual.
A crecente concentración industrial foi xestando un proceso que arrancaba do campo os futuros proletarios para enchelas fábricas e que pouco a pouco consegue facer da relación capital-traballo, a única relación posíbel á hora de pensala vida. O principio, e incluso ata finais do XIX e principios do XX a volta o campo ou incluso manter parte da manutención grazas a unha horta propia, era moeda corrente. A obsesión dos industriais como Charles Taylor ou Henry Ford, non era outra ca de disciplinar os obreiros dentro das relaciones salariais. Obreiros que escapaban, fugábanse e negábanse a someterse as duras condicións que impuña a dura cadea de montaxe.
Para facer sostíbel socialmente durante un período histórico ó mastodonte industrial que negaba a democracia dentro da fábrica, os beneficios redistribuíanse de tal xeito, que aseguraban o mesmo tempo a propiedade privada do capital e o acceso cidadán a unha serie de dereitos; o chamado Estado do Benestar. Había que fabricar unha chea de produtos para o consumo dun público masivo -coches, vivendas, lavadoras, etc.- e iso precisaba dunha certa estabilidade a medio prazo para garantir a súa saída o mercado. Esa etapa finalizou, o vaso desbordou e o precario equilibrio do pacto entre capital e traballo deixa de ser rendíbel para os de arriba e respirábel para os de abaixo. O problema que temos hoxe ante os nosos ollos é: e agora, con que o substituímos? cara onde cambiamos?
O traballo é a política
Para os antigos, o traballo era degradante porque impedía a actividade pública/política , para a modernidade era a base edificante da identidade pública. Hoxe, na postmodernidade, convertese en si mesmo na propia actividade pública. Estase a acabar a separación entre traballo manual e intelectual, entre o obreiro e o intelectual. O intelectual Kantiano do “eu penso” elevado por riba da sociedade, ou o intelectual de Lenin que aporta algo, en tanto en cuanto pon as súas capacidades ó servizo do proletariado deixa de ter sentido.
Despégase, en troques, o intelecto das masas distribuído por toda a sociedade. Se antes a máxima a seguir era, traballa e cala, agora a lóxica que se vai impondo é a de: esquécete de que isto é un traballo, unha obrigación e fala, comunícate, comparte, utiliza o intelecto. Antes suprimían o coñecemento do obreiro e o parcelaban con xestos simples e mecánicos; agora búscase que o propio coñecemento e saber formen a base do traballo. Rómpense as comunidades obreiras e substitúense polos valores e a irmandade da empresa.
O prototipo de xefe xa non responde o perfil de home de mediana idade, autoritario, xerárquico, ditatorial, agora en cambio, as empresas fomentan outro modelo moi distinto. Xa non queren que poñas o máximo número de torcas no mínimo de tempo posíbel e a repetición dun mesmo xesto, agora a empresa proxecta unha imaxe de familiaridade. Os executivos con máis éxito poñen en valor outro tipo de características máis acordes o tipo de plusvalía que se quere extraer: a empresa non é un campo de batalla, e un ecosistema, a empresa é unha comunidade, non unha máquina, debe servir ós seus traballadores e tratalos coma a compañeiros, buscala súa motivación e facer do traballo algo divertido. Coma reza a publicidade da Universidade de San Pablo CEU para os seus cursos de empresa: “non se venden produtos, créanse relaciones”, “a riqueza non se crea con produtos, se non persoas”.
En principio, ninguén elixiría o modelo de xefe autoritario pero os métodos utilizados séguense a rexer por unha lóxica de beneficio e rendibilidade, aínda que as veces busquen aparentar que non é así. Ser flexíbel, ter actitude proactiva, iniciativa e autonomía no traballo, por que os cambios son rápidos e as vellas rixideces impiden a adaptación. O avance virtual, a formación continua, a conexión das tecnoloxías que en cada vez máis empregos, impiden saber cando separas traballo de ocio e aceleran unha economía que precisa de 24 horas traballando e non só de 8 da xornada laboral. Implica igualmente, unha fragmentación e parcelamento do traballo, que leva consigo un aumento da temporalidade e da subcontratación a empresas externas.
Existe unha relación directa entre precariedade, subcontratación e aumento de accidentes laborais, non só na construción, tamén no sector turístico, entre outros. A empresa fai todo o posíbel por aparenter un mundo feliz onde parece que o último que importa aí dentro e facerte traballar aínda que non se pare nunca. Do mesmo xeito que aspiran a que esa mesma forza de traballo acepte unha relación contractual precaria e neoescravizadora.
Resulta complicado conxugar precariedade laboral con ilusión na empresa, pero ademais, ese espírito de motivación imposto o traballador pode ter como consecuencia, graves problemas psicolóxicos. Ó estres da rutina diaria, súmase a imposibilidade de elixir se queres ou non queres formar parte da familia-empresa. Trátase cada vez menos de face-la túa tarefa e esquecerte, agora esíxese implicar o conxunto de capacidades sociais e mentais, implicarte coma se a empresa fose túa. Nesta liña apuntan as palabras de Alberto Nadal, membro da CEOE, cando afirma que os mozos deben “verse coma empresarios, ou coma xestores do seu propio capital humano dentro da empresa, desenrolando as súas capacidades para se adaptar ós cambios”. Para rematar dicindo que a sociedade “debe ver na figura do empresario a alguén con ideas, que acepta o risco de inicialas”.

Este e o punto onde política e traballo fusionan-se, para paradoxalmente separarse coma nunca antes da capacidade democrática colectiva sobre os asuntos comúns que competen á cidade. Para poder seguir mantendo o réxime de propiedade privada totalmente anticuado, búscase a cadratura do círculo: que traballemos aportando a nosa vida, ideas, esforzos, ilusións, para unha empresa que che esixe entrar a formar parte da súa comunidade, cando pola outra parte, desaparece toda seguridade laboral e social aumentando a nosa necesidade servil co traballo. Todos empresarios pero sendo precarios, ese é o seu soño.
Un exemplo moi claro: A Generalitat catalana, co obxecto de maquillar as cifras de paro ofrece ás empresas, mozos de entre 18 e 25 anos licenciados ou con formación profesional para contratos non laborais de ate 40 horas. O soldo? 426 euros, e dicir, 2'66 euros por hora. O obxectivo? En palabras da Generalitat, serve para, “mellorar a empregabilidade e que a relación contractual termine solidificando”. Traducido quere dicir, mellorar a submisión da servidume para que solidifique este tipo de relación despótica. O surrealismo da situación poderíase resumir do seguinte xeito: Esíxenche que llelo des todo, cando te estás a quedar sen nada.
A política do traballo
A riqueza cada vez máis, e froito dunha cooperación social creada dentro e fora do traballo: conceptos coma compartir, autonomía, co-crear, emprender en común, forman parte do novo libro de estilo en recursos humanos. Son os mesmos conceptos e calidades propios da organización colectiva, da intervención política das multitudes que queren decidir sobre as súas vidas, son o espírito das prazas que buscan democratizar a sociedade. As mesmas ferramentas para fines antagónicos: dunha veira, facer da política un mecanismo de explotación con fins privados, pola outra, facer política para o beneficio común. Explótannos coas mesmas armas que nos permiten subverte-lo réxime de explotación.
A cidade industrial do século XIX desenvolveuse antes de que morrera a vella sociedade feudal. Hoxe sucédenos algo parecido co traballo. Por iso é necesario vincular as loitas aínda existentes dentro dos centros de traballo, coas loitas metropolitanas dos que non teñen traballo, están en negro, teñen traballo temporal, e os e as precarias. A renda básica entre outros dereitos, presentase como posibilidade de cambio que outorgue unha alternativa á masiva privatización da riqueza, como nexo de unión entre os distintos mundos do traballo. Unha masiva precarización da sociedade debe ter coma resposta dende toda a sociedade como centro produtivo. A decisión, sabemos que sempre é ante todo política máis que económica: segundo a axencia Associated Press, o xefe executivo -CEO- David Simon, recibiu o ano pasado 2011 unha suma total de 137 millóns de dólares. Unha persoa que cobra o salario medio de EE.UU; 39'112 dólares, tardaría 3489 anos en gaña-lo que Simon consegue nun ano.
Só a través dunha coordinación, máis que unificación, das distintas realidades, que van dende os mineiros até a camareira de tempada, pódese facer visíbek o que o filosofo Jacques Rancière chama, “a existencia dun común”. Unha existencia co obxectivo de alcanzar un tempo e un espacio “dotado dunha palabra común”. Unha palabra política para poder dicir algo ó respecto do que vemos, unha renda básica para nos liberar do servilismo e poder decidir sobre o que vemos. Para os que quedan aparte, tomen a súa parte.
O matrimonio Webb, no seu celebérrimo libro, A democracia industrial, publicado en 1989, entenden que é necesario aplicar “a xestión de todo-los negocios pola comunidade”, coa finalidade de “maximiza-la igualdade na vida, a liberdade e a busca de felicidade”. Hoxe esa busca pasa pola xestión da comunidade da súa cidade, a nova fábrica. Pensar na existencia de candidaturas, poden non verse pelexadas co movemento, sempre e cando estean sometidas ó poder colectivo dos barrios, redes e prazas: o verdadeiro ágora de onde emana a a política dos moitos para os moitos.
Nenhum comentário:
Postar um comentário