Nova tirada de Librered (aquí).
A directora xeral do Fondo Monetario Internacional (FMI), Christine Lagarde, admitiu que se está agravando a desigualdade social no mundo, e ofereceu un dato escalofriante: 0,5 por cento da poboación mundial controla 35 por cento da riqueza.
Lagarde fixo estas declaracións durante un discurso en Washington dedicado á loita contra a pobreza. Movementos sociais, sindicatos e partidos de esquerda catalogaron como paradoxal que a directora deste organismo internacional ofereza unha palestra sobre este tema xa que as políticas neoliberais que impón o FMI en distintos países do mundo xeran altos índices de desemprego, miseria e desigualdade social.
Durante os anos 80, as medidas do FMI en América Latina desencadearon unha das etapas máis escuras da historia do continente: Os ingresos esborralláronse; o crecemento económico estancouse, o desemprego aumentou a niveis alarmantes e a inflación reduciu o poder adquisitivo da poboación. Esta época foi coñecida como "a década perdida" ou a "longa noite ultraliberal".
Hoxe os pobos do sur de Europa están a sufrir drásticos recortes sociais impostos pola chamada "Troika", conformada polo Banco Central Europeo (BCE), a Comisión Europea (CE) e o propio FMI.
As políticas fixadas por estes organismos levaron a que a Eurozona bata marca de desemprego (12,1 por cento) e que o paro xuvenil en estados como o español ou o grego supere 50 por cento.
Nenhum comentário:
Postar um comentário