24/12/2011

Ana Botella e o neofascismo

Redacción.

Imaxe do Ghetto de Varsovia. Santiago Alba Rico ten asinalado con moito acerto que Tenhamos muito cuidado em Europa: ninguém nos vai avisar quando chegue o fascismo nem serquer se vai apresentar -seria absurdo- com esse nome. Tenhamos cuidado: nom vamos reconhecer o nazismo quando regresse porque falará de novo, como entom, de paz e civilizaçom, de valores e normalidade. (vid. artigo aquí).


Quen é a nova alcaldesa de Madrid para alén de esposa de José María Aznar representante da dereita máis reaccionaria do estado? Unhas palabras súas de setembro de 2010 retratan á perfección a catadura moral da nova alcaldesa de Madrid, após a designación de Alberto Ruíz Gallardón como ministro de xustiza, que deixa o concello de Madrid con vencementos pendentes até 2036 e unha débeda total de 7.000 millóns de euros, 20% do total das cámaras municipais de todo o Estado español, e iso que segundo Botella o Concello acomete un "esforzo especial" para ser "máis eficientes no uso dos recursos e na atención das necesidades". .

Para Ana Botella as persoas sen fogar, creadas polas políticas ultraliberais e os recortes na despesa social dos gobernos do seu marido (desde 1996 o Reino de España freou a converxencia no gasto público social coa UE-15) e de José Luís Rodríguez Zapatero (PSOE), "Los sin hogar son una dificultad añadida para mantener la limpieza".

A por entón delegada de Medio Ambente do Concello de Madrid (o seu marido negaba a mudanza climática en palestras nos EUA), e logo tenente de alcalde, asinalou os " 60 puntos onde pasan a noite máis de 200 persoas" na rúa como unha "dificultade engadida" para manter a limpeza do distrito Centro, que se unen ás accións dos graffiteiros e a súa "revaloración artística" da cidade e o especial armazón urbano da zona, con vías estreitas e de grande intensidade circulatoria. Sería meses despois cando o concello decidira multar os indixentes que "rouban" comida dos contentores do lixo con 750€.

Nenhum comentário: