Vicenç Navarro. Tirado de Público.es (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña.
Unha das causas da crise actual no Estado español é a explosión da burbulla inmobiliaria. A maridaxe entre o capital financeiro (banca, caixas de aforro, compañías de seguros e outras institucións financeiras) e o sector inmobiliario creou tal burbulla. No últimos dez anos construíronse máis vivendas no noso país que no conxunto de Francia, Gran Bretaña e Alemaña. E a pesar desta enorme construción que supuxo case o 9% do PIB español, os prezos disparáronse o 150%, subindo moito máis rapidamente que os salarios, e iso como resultado dunha abusiva especulación. Non hai dúbida de que a banca, as caixas, o Banco de España e as autoridades públicas, tanto españolas, como europeas, eran conscientes diso. Bastaba con ver un gráfico no que se comparase a evolución dos prezos da vivenda e dos salarios (a grande maioría de compradores de vivenda derivan o seu diñeiro das rendas do traballo), para ver que os primeiros crecían moito máis rapidamente que os segundos. A distancia entre os dous prezos tentábase encher con crédito. E de aí o enorme endebedamento das familias.
Todo isto era predicíbel. E podería verse vir e podería evitarse. Porén nin o Banco de España (a pesar do aviso dos técnicos de tal institución), nin o Estado español tomaron ningunha medida. Levaba razón a Chanceler alemá, Angela Merkel, cando indicaba recentemente que as autoridades españolas actuaron dunha maneira irresponsábel no dez últimos anos ao non previr a burbulla inmobiliaria baseada na simple especulación, e a súa explosión.
Agora ben, a Merkel esquecéuselle un detalle chave, esquecemento que lle permitiu non incluír ao goberno e á banca alemá nesta crítica do que pasou en España. E o esquecemento é que a banca alemá xogou un papel determinante nesta explosión inmobiliaria. Grande parte do diñeiro que alimentaba a explosión inmobiliaria procedía da banca alemá. En realidade, a explosión da burbulla inmobiliaria ocorreu cando a banca alemá interrompeu o crédito á banca e caixas de aforro españolas, consecuencia de que a banca alemá atemorizada pola súa contaminación con produtos financeiros tóxicos procedentes da banca estadounidense, paralizou todo fluxo de crédito. E aí foi cando o crédito financeiro interrompeuse e a burbulla inmobiliaria española explotou creando o enorme parón da actividade económica e a caída en picado dos ingresos ao Estado (tanto central, como autonómico) que creou o déficit público do Estado. Este déficit non o creou o crecemento do gasto público, senón o descenso dos ingresos ao Estado. En realidade, cando se iniciou a crise, no ano 2007, o Estado español tiña superávit. O déficit público en España non é a causa da crise, como Rajoy está a dicir, senón que é ao revés, o déficit público é a consecuencia do escaso crecemento económico e escasos ingresos ao Estado.
Todas as medidas de austeridade, recortes incluídos (que representan o ataque máis frontal ao escasamente financiado Estado do Benestar en España), están encamiñadas a pagar a débeda aos bancos alemáns e doutros países (Francia, Gran Bretaña e Bélxica), os cales conseguiran enxundiosos beneficios durante a burbulla inmobiliaria, pingües beneficios que continúan. En realidade, a crise bancaria dos países periféricos (España, Grecia, Portugal e Irlanda) está a irlle moi ben á banca alemá, pois hai un fluxo de capital (é dicir, diñeiro) destes países, que foxen da crise, cara ao centro, e moi en particular, Alemaña. E os datos falan por si sós. Segundo Josef Ackermann, presidente do Deutsche Bank, os beneficios de tal banco alcanzaron a friorenta cantidade de 8.000 millóns de euros no ano 2011 (con 8 millóns de euros en bonificacións para tal señor). En realidade, mentres o desemprego alcanzaba cifras máis que alarmantes no Reino de España (e outros países periféricos), o 50% da mocidade está desempregada, e a sanidade e a educación sofre recortes brutais (e non hai outra maneira de dicilo), os beneficios do Deutsche Bank subiron un 67% en tres anos (2009-2011), tal como sinala Conn Hallinan na revista CounterPunch (15.06.12) ("Greed and the Pain in Spain").
Todos os dados mostran claramente que a banca alemá beneficiouse enormemente da burbulla inmobiliaria española (e tamén irlandesa), así como da crise financeira dos países periféricos. Os enormes sacrificios das clases populares impoñense a España e aos outros países periféricos para que se poida pagar á banca alemá (entre outros países). E o famoso resgate financeiro de 100.000 millóns de euros ten como obxectivo salvar á banca española, non para garantir o crédito, que nin está nin se lle espera, senón para que poida pagar as súas débedas, tamén á banca alemá. E o instrumento que a banca alemá utiliza para impor as súas políticas é o Banco Central Europeo, que como indiquei en varias ocasións (ver sección Política Económica na miña bitácora www.vnavarro.org), non é un Banco Central, senón un lobby da banca alemá e do Banco Central Alemán, o Bundesbank.
O resgate financeiro é a última de moitas outras intervencións que os economistas da Comisión Europea, ao servizo do sistema financeiro europeo, liderado pola banca alemá, están a impor a España. Como ben dixo o Ministro de Finanzas alemán, Wolfgang Schaube (contravindo a Rajoy), o resgate financeiro implicará unha supervisión directa por parte do Banco Central Europeo, da Comisión Europea e do Fondo Monetario Internacional, das reformas financeiras, así como das políticas fiscais e macroeconómicas españolas, convertendo así a España nunha colonia alemá. E todo iso coa colaboración do goberno conservador "súper patriota" español.
E por que tal goberno colabora con estas políticas que significan unha perda clara de soberanía? E a resposta é clara. Porque utiliza este mandato exterior (argumentando que non hai alternativas) para conseguir o que sempre desexou a dereita en España, é dicir, debilitar o mundo do traballo e privatizar o Estado do Benestar. Tal goberno coincide co obxectivo do resgate que queda moi ben definido polas declaracións do presidente do Banco Central Alemán, Jens Weidmann, quen nas devanditas declaracións en El País non pode ser máis claro cando indicou que as reformas deberían acentuar máis as reformas laborais (que quere dicir baixar os salarios) e a privatización de servizos (que quere dicir o desmantelamento do Estado do Benestar). Así de claro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário