08/07/2012

O que di o Códice Calixtino de bascos, navarros, casteláns e galegos

Ignacio Escolar. Tirado do seu libro La nación inventada.

…Un dos peregrinos é un francés, Aimerico de Picaud, que chega a Santiago de Compostela no ano 1143 e escribe a primeira guía do Camiño, recopilada no Códice Calixtino, un manuscrito onde também se recollen todas as lendas xa resumidas sobre o achádego do cadaleito e outros miragres e que hoxe consérvase en Compostela. Picaud, na súa viaxe, non deixa moi ben parados aos cristiáns hispanos da época, uns pobos incultos e atrasados baixo os ollos deste relixioso francés. Os navarros e os bascos "torpemente visten e torpemente comen e beben". "Se os vires comer, consideraderíalos cans ou porcos. Se os ouviras falar, lembraríaste dos cans que ladran, pois teñen unha lingua de todo ponto bárbara". "Navarro e basco matan, se poden, por unha moeda a un galo". Os casteláns tampouco fican mellor parados, aínda que Picaud denomínaos xa no século XII como españois, en contraposición cos bascos e navarros: "pasado Monte de Oca, a saber, cara Burgos, seguen as terras dos españois, isto é, Castela e Campos; esta terra está chea de riquezas, con ouro e prata, feliz, con tecidos e ieguas fortísimas, fértil en pan, viño, carne, pescados, leite e mel; no entanto, está desolada de árbores e chea de homes maos e viciosos". Picaud só salva aos galegos: "as xentes galegas concordan mellor que as demais xentes españolas coas nosas francesas, polos costumes cultos; mais se téñonos por iracundos e lixiosos en grande maneira".


Picaud, é evidente, non ficou moi satisfeito da viaxe, tampouco da gastronomía local: “Se nalgunha parte de España e Galiza comérades o peixe que o vulgo chama barbo, ou o que os de Poitou chaman alosa, e os italianos clipia, ou anguila, ou tenca, sen dúbida morreredes proximamente ou enfermaredes". (...) Tamén se queixa Picaud dos cobradores de portazgos, que se aprobeitan para timar ao peregrino: "saen ao camiño con dous ou tres dardos para cobrar por forza os inxustos tributos, e se algún dos transeúntes non quer dar as moedas a petición deles, féreno cos dardos, e con iso tíranlle o censo, afrentándoos, e até lle rexistran as calzas.

Nenhum comentário: