24/06/2013

Do Straperlo ao PP, a fasnización polos reloxos de ouro.

A seguir reproducimos un trecho do libro República y Guerra Civil de Julián Casanova Ruíz. Con el queremos ilustrar como o apoliticismo só benefecia o status quo e a corrupción, mentres que nunha sociedade politizada e cunha sociedade civil forte a calidade democrática sempre vai ser maior.



Unha trama de corrupción se subornos acabou en 1935 coa vida política de Alejandro Lerroux, o vello dirixente republicano do Partido Radical que presidía entón o Goberno. Ese ano, Daniel Strauss, un home de escuros negocios que se facía pasar por holandés, mas na verdade era de orixe alemá e nacionalidade mexicana, intentou inserir no Estado español un xogo de ruleta e, para obter a licenza entregou varias cantidades de diñeiro e reloxos de ouro a algúns membros do Partido Radical, entre eles Aurelio Lerroux, fillo adoptivo do líder do Partido Radical. A legalización, malia as cantidades pagas, non chegou, e os dous interventores e promotores do xogo, Straus e Perl, buscaron unha compensación e airear o escándalo.

A comezos de setembro de 1935, Strauss mandou a Niceto Alcalá Zamora, presidente da República, un dossier completo con toda a trama de entrevistas, promesas e corruptelas, con nomes e apelidos dos implicados. Alcalá Zamora presentoullo a Lerroux, mais do dirixente do Partido Radical non lle deu importancia e contestoulle que sería moi difícil probar os seus contactos con Strauss. O asunto pasou ás Cortes e abriuse unha investigación xudicial. Os ministros radicais tiveron que dimitir, e caeron tamén moitos cargos provinciais e locais do partido. Así estourou o escándalo do straperlo, un neoloxismo que combinaba o apelido dos dous promotores daquel xogo e que se converteu, após a Guerra Civil española, no termo máis utilizado para designar o mercado negro.

Tan só tres meses despois, nas eleccións de febreito de 1936, os radicais, desacreditados e sen apoios, tiveron que presentar as súas candidaturas ao marxe das alianzas principais, a Frente Popular e a coalición reaccionaria que dirixía a CEDA. O Partido Radical, o máis histórico dos partidos republicanos, fundador da II República española e partido gobernante desde setembro de 1933 até finais de 1935, afundiuse nas eleccións. Ficou reducido a catro deputados, noventa e nove menos  que en 1933. Alejandro Lerroux nin sequera saíu elexido na listaxe do Front Català d'Ordre, a ampla coalición que agrupaba en Cataluña a CEDA, a Lliga, os radicais e os tradicionalistas.

A corrupción na democracia actual nunca ten efectos tan inmediatos e devastadores sobre os cargos políticos. Seguen cos reloxos caros, mais sen demisións nin responsabilidades políticas.



Nenhum comentário: