14/02/2012

Comunicado de imprensa do Encontro Irmandiño




A Coordinadora Nacional do Encontro Irmandiño reúnese mañá mércores para decidir sobre a aplicación dos acordos da Asemblea celebrada o pasado domingo día 12 de febreiro, nomeadamente sobre o a situación dos Concellos nos que se comparte grupo municipal e o inicio dos contactos e métodos para a converxencia con todas aquelas persoa e grupos que estean polo novo referente político do nacionalismo.

Queremos lembrar que xa se comunicou no día de onte á dirección do BNG a intención do Encontro de manter contactos para que a separación sexa en “boa avinza” e se poida seguir cooperando e respectando a composición dos grupos municipais nos que a partires de agora deberán convivir membros do EI e do BNG co obxectivo fundamental de que sigan respondendo ás expectativas depositadas nelas pola cidadanía que optou por esas listas e por esas persoas.

A este respecto queremos salientar que o fundamental é preservar a vontade popular, saída das urnas aínda no hai un ano, de apoio a listas e programas electorais que o EI está decidido a cumprir e respectar.

Queremos deixar moi claro tamén que deixar a militancia nunha forza política non implica a saída dun grupo municipal, nin legalmente nin aplicando o sentido común que demanda o EI ao BNG, de feito hai moitos grupos nos que participan persoas independentes que non son militantes do mesmo.

Seguimos a insistir nun necesario proceso de dialogo para que poidan seguir traballando con normalidade ao servizo dos cidadáns os grupos municipais nacionalistas.

Galiza 14 de Febreiro de 2012

Nenhum comentário: