Entrevista a Oskar Lafontaine, ministro no Goberno do SPD com Schöroder até que abandonou os socialdemocratas para unirse á formación alemá que reúne á esquerda Die Linke, onde ocupou a primeira liña desde 2007 até a súa doenza en 2010. Tirada de SinPermiso (aquí) e traducida por nós. A entrevista foi concedida por Lafontaine no fin de 2011 a Peter Heimann para o Sächsische Zeitung e aborda a crise financeira e a situación de Die Linke (literalmente A Esquerda).
Señor Lafontaine, como ministro de Finanzas foi tachado como "o home máis perigoso de Europa". Hoxe son moeda corrente algunhas das súas propostas de entón. Vale aquí o dito de que aos pioneiros castígaos a política?
É unha maneira de velo. Porén moito máis importante que os meus propios sentimentos respecto diso é que para os mercados financeiros de calquera parte do mundo segue valendo outro dito: a quen chega demasiado tarde castígao a vida. A regulación da industria financeira nos anos 1998 e 1999 puido evitar inmensos danos. Por desgraza os gobernos europeos non estaban dispostos. E hoxe todos os estados atópanse baixo a ditadura dos mercados financeiros.
Sobrevivirá o euro?
Se os gobernos de Europa non modifican fundamentalmente a súa política, o euro non sobrevivirá. O sistema do euro está construído sobre bases falsas. Non se pode ter unha moeda común sen unha política económica, financeira e social común. Nos últimos anos prestóuselle sobre todo demasiada pouca atención á coordinación das políticas salariais, o que conduciu a que nalgúns países os salarios crecesen moito e en Alemaña demasiado pouco. En Alemaña o dumping salarial levou a que Alemaña venda máis mercadorías a algúns países do que ela importa destes países. Por ese motivo tiveron que endebedarse: para pagar polas mercadorías alemás.
Pero os salarios en Alemaña non son responsábeis da débeda de Grecia.
Sono. A relación é moi sinxela. Cando dous países comercian o un co outro, e un país vende ao outro moitas máis mercadorías que este ao primeiro, o país que vende menos mercadorías só pode endebedarse. Pola contra non pode pagar as exportacións do outro país, neste caso as exportacións de Alemaña. Naturalmente, a política grega contribuíu considerabelmente ao endebedamento do estado coa concesión de crédito á toa.
Mesmo así, moitos países viviron, por outros motivos, por encima das súas posibilidades.
A frase "vivir por encima das nosas posibilidades" ten que explicarse. Os pensionistas, os traballadores e os socialmente necesitados non viviron por encima das súas posibilidades. Por encima das súas posibilidades viviron todos os maníacos da industria financeira que fixeron os seus negocios especulativos e embolsáronse pingües beneficios. Por encima das súas posibilidades viviron as elites políticas, como as que, en Grecia, son responsábeis dun gasto militar fóra de todo sentido común, baixo calquera punto de vista. E por encima das súas posibilidades viviron tamén países que importaron ao grande sen ao mesmo tempo poder exportar nesa mesma medida a súa propia produción.
Ten algún sentido rescatar ao euro? E se o ten, como facelo?
O euro puxo a Europa nun brete. Eu estou a favor de que a unificación europea progrese, e en consecuencia, de que se rescate ao euro. Non hai ningunha vía ideal. O Banco Central Europeo ten que conceder créditos directamente aos estados que o necesitan urxentemente. Así poríase fin dunha tacada á presión dos mercados financeiros e das axencias de cualificación.
Pero iso sería introducir os eurobonos pola porta traseira.
Non do todo, porque tamén se comerciaría con eurobonos nos mercados financeiros. Os eurobonos pola porta traseira témolos desde hai tempo: o Banco Central Europeo apoia en non pouca medida ao sistema do euro e vende bonos do estado.
Que tipo de medidas serían necesarias nos estados europeos?
No caso de Grecia un recorte radical do gasto militar. A total falta de credibilidade da política alemá pode recoñecerse no feito de que Grecia é o maior importador de armas alemás. Europa debe introducir un imposto ás grandes fortunas, isto é, taxar aos ricos. O que a política e a opinión pública deben aprender dunha vez por todas é que a verdadeira carga do estado é sobre todo a fortuna dos ricos. Os millonarios en Alemaña teñen máis diñeiro que débeda ten a República Federal. Os millonarios europeos teñen dez billóns de dólares investidos en riqueza financeira, mentres que os estados europeos teñen, en conxunto, dez billóns de euros.
E canto lle custa o rescate do euro ao cidadán común?
A decisión é moi simple. Ou se toma o diñeiro dos ricos ou tómano dos traballadores e os necesitados socialmente. É esta última vía a que Merkel quere impor en Europa, porque ela, como o resto de estados europeos, non se atreven a tocar o diñeiro dos ricos. Nas últimas décadas tivemos unha política pola cal os ricos se fixeron cada vez máis ricos e os traballadores e pensionistas relativamente cada vez máis pobres. Hai que pór fin dunha vez por todas a esta política.
Ve no 2013 a oportunidade de que A Esquerda participe no goberno federal? Ou aposta pola oposición?
A Esquerda quere modificar o estado das cousas en interese e para o uso de quen foron os perdedores nas últimas décadas. Estes son os traballadores, pensionistas e os socialmente necesitados. Se os socialdemócratas e os verdes están preparados para un novo comezo político, e esta nova orientación programática a toman en serio, entón é posíbel un traballo conxunto. O SPD e Os Verdes desregularon os mercados financeiros e son tamén responsábeis do catastrófico endebedamento, como consecuencia de que a crise bancaria estendeuse aos estados. A outra condición sería que Alemaña non participase en máis guerras de intervención, isto é, en guerras para asegurarse os mercados de materias primas e mercadorías.
Está vostede mesmo o suficientemente en forma como para contribuír cada vez máis a este resultado no plano federal?
Nos últimos meses involucreime máis no plano federal. E quero seguir ao pé do canón. Pero iso non significa que especule con cuestións persoais ou de dirección, sexan cales sexan. Temos dous presidentes electos, e un partido de esquerdas debe de ter un código de honra polo cal os presidentes electos son apoiados polos demais, solidariamente, no seu traballo.
Con todo o próximo mes de xullo debe elixirse unha nova dirección para o partido. Algúns dos seus compañeiros queren levar a cabo entre os militantes unhas eleccións primarias. Que ten vostede en contra?
Nada. Eu mesmo propuxen para o noso programa introducir a posibilidade de consultas vinculantes aos militantes para cuestións relacionadas coa dirección política. As consultas que non son vinculantes son máis ben problemáticas, porque os militantes queren decidir, pero a súa decisión non é vinculante. A normativa do partido prescribe polo momento que a presidencia sexa elixida os delegados nun congreso. Máis aló diso, as cuestións persoais nunha consulta tórnanse problemáticas, porque mentres tanto non se esgotou o período de exercicio da presidencia electa. Esta é a diferenza coas anteriores consultas do SPD. O presidente [Björn] Engholm dimitiu antes da consulta. Hoxe A Esquerda ten unha presidencia electa. Por respecto ao seu traballo non debería celebrarse, polo menos así o creo eu, ningunha consulta durante o seu mandato.
O seu compañeiro Dietmar Bartsch, antigo coordinador federal da Esquerda, anunciou a súa candidatura á presidencia do partido. A súa relación con el é tensa. Falaron e resolveron xa os seus problemas?
Conversamos con normalidade. Pero deixei claro aquí, na dirección do Sarre, que un presidente ten que contar co apoio do congreso. Se quere levar a cabo a súa política ten que asegurarse o apoio do congreso. Por este motivo aconsellei que todos os militantes que queiran presentar a súa candidatura o fagan no Congreso federal do partido.
O partido, a escala federal, segundo a súa opinión no último ano e medio non se actuou como debese. Que debe cambiar?
Non temos que ocuparnos con temas secundarios que non interesan aos nosos votantes. E non temos que deixarnos atrapar en discusións persoais que non terminan nunca. Iso só nos distrae de que somos o único partido que ten unha resposta clara e firme á crise financeira.

Nenhum comentário:
Postar um comentário