Segundo o xornal Expansión, voceiro da dereita centrado na economía, Mariano Rajoy vai aprobar tres reformas urxentes no eido económico nos ámbitos financeiro, laboral e de gasto que sairían adiante no concello de ministros do 23 de decembro.
Unha das medidas previstas na prática convértese na intervención das contas das CC.AA. (así como Europa xa interviu nos orzamentos do Estado que teñen que aprobarse en Bruxelas polo que o Congreso dos deputados é un convidado de pedra), de acordo coa reforma da Constitución aprobada polo PP e o PSOE e da que xa se ten falado neste blogue. Rajoy imporá fortes recortes ás CC.AA. que se traducirán en recortes no gasto público e especialmente no gasto público social: en dependencia, sanidade e educación. Aliás e de acordo com o novo artigo 135 da Constitución todos os concellos deberán apresentar un equilibrio orzamentar. A recentralización e a continuación coa ortodoxia ultraliberal é máis do que evidente no novo Goberno da II Restauración bourbónica cada día en máis avanzado estado de descomposición.
Nenhum comentário:
Postar um comentário