23/11/2011

Socialistas e sindicalistas de Exipto chaman á solidaridade internacional

Artigo tirado de aquí e traducido por nós. O orixinal foi publicado en Socialist Worker (aquí), que é o órgano do Socialist Workers Party.


Un chamamento internacional de solidariedade xurdiu a consecuencia da brutal represión que están a sufrir decenas de miles de exipcios nas rúas do Cairo. A policía antidisturbios e as forzas armadas atacaron os manifestantes despois das manifestacións masivas pedindo o fin do goberno militar do Consello Supremo de Estado das Forzas Armadas.

A Federación Exipcia de Sindicatos Independentes fixo un chamado o sábado 19 de novembro aos seus 1,4 millóns de membros nos sindicatos afiliados a unirse ás protestas na praza Tahrir. Os manifestantes están a loitar polo futuro da revolución. Protestas de solidariedade xa foron convocadas en Gran Bretaña, Irlanda, Canadá, Suecia e Alemaña [e tamén se están organizando no Estado español].

Sameh Naguib, un socialista revolucionario en Exipto, falou co Socialist Workers Party o domingo tarde desde a praza. Dixo: "O mundo está en chamas esta noite. A policía estivo matando á xente e algunhas partes de Tahrir están en chamas. Houbo ao redor de 100.000 persoas na praza esta tarde, e decenas de miles protestan en Alexandría, Suez, Aswan, Damietta e outras cidades de Exipto. Tres acodes morreron hoxe na praza Tahrir, e desde logo que hai máis en todo Exipto agora. Hai 1.000 feridos. Estamos a afogarnos en gas lacrimóxeno. Quéimase a pel e a policía estivo disparando balas de goma á cara das persoas. Están a disparar balas de goma directamente aos rostros da xente e moitos perderon a vista. E estannos atacando con canóns de auga. Hai unhas horas todo parecía indicar que habería un baño de sangue, mais a policía pronto se retirou da praza. A ferocidade do Estado realmente transformou a situación. O grao de violencia ten á xente enfurecida. Estamos seguros de que isto se traducirá en folgas dos traballadores. Miles e miles de mozos acudiron a Tahrir en resposta aos ataques da policía gritando "Queremos desfacernos do mariscal Tantawi e sometelo a xuízo". O Mariscal de Campo Mohammed Hussein Tantawi é o xefe do Consello Supremo.

Sameh di que a solidariedade internacional urxente é vital para o futuro da revolución. Están a organizarse manifestacións fronte ás embaixadas exipcias en todo o mundo.

Nenhum comentário: