Andy Robison. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por nós para o galego. Unha das falacias máis repetidas durante a crise é que as medidas de austeridade, os recortes de salarios de funcionarios, a privatización, etc. axudan a acabar coa corrupción. No entanto, canto menor número de funcionarios conta un Estado máis aumenta a corrupción tal e como o demostrou Grande Bretaña desde a era Tatcher. A corrupción adoita ser endémica precisamente en países pobres con estados en quebra. Que funcionario, tras un recorte do 40% do seu salario, poderá resistir algún "incentivo"? E pequenos comerciantes, antes legais, empezan a pasar á venda na rúa para evitar a batería de novos impostos nun mercado afundido.
Unha visita ao maior centro de saúde de Atenas evidencia o colapso da sanidade, tras recortes dun 40% do gasto
Aínda que ninguén lles fai moito caso, decenas de adhesivos empapelan as paredes do hospital, o máis grande de Atenas no barrio popular de Nikaia, a cinco quilómetros do porto de Pireus. Os adhesivos ilústranse cun debuxo dun sobre tachado por unha barra vermella ao estilo dun aviso de stop. "Non ao fakelaki" é a mensaxe, unha referencia ao xa notorio sobre cheo de billetes de 50 euros que algúns médicos gregos piden aos seus pacientes a cambio dun mellor servizo. O fakelaki é unha das moitas manifestacións de corrupción en Grecia comentadas até a saciedade desde o inicio da crise para justificar medidas "duras" de liberalización e austeridade. O goberno de Giorgos Papandreu anunciou aos catro ventos no 2010 unha loita sen tregua contra a cultura de fakelaki, á vez que puxo en marcha unha serie de draconianos recortes á sanidade publica, parte do plan de axustes esixido polas potencias europeas.
Dous anos despois, co hospital nun estado próximo ao colapso, privado de fondos e utilizado por cada vez máis pacientes, o problema do fakelaki é xa pouco máis que unha anécdota. "Neste hospital hai médicos que aceptan sobres", di Olga Kosmopoulou, especialista en enfermidades contaxiosas e membro do sindicato de médicos de hospitais que organizou campañas contra a corrupción. "Tratamos de convencer aos pacientes para que denuncien aos médicos que piden diñeiro; pero, nestes momentos, os pacientes teñen medo: o fakelaki non é a súa prioridade".
Cal é, entón, a prioridade dos pacientes de renda baixa neste hospital, no medio dun distrito de Atenas de enormes problemas de paro e pobreza? Pacientes que esperan cinco ou seis horas a ver a un médico e pagan entre 80 e 100 euros por unha proba de sangue e ouriños. A prioridade "é sobrevivir" di Kosmopoulou.
Minakaia xa era un hospital con problemas gordos antes da crise. Foi cualificado, no 2007, como "un lugar dsen fortuna máis que lugar terapéutico", por inspectores do Goberno que denunciaron falta de hixiene na preparación da comida. Pero, tras recortes do 40% nos orzamentos hospitalarios desde o inicio do programa de austeridade, a comida é o de menos.
Primeiro, faltan médicos e enfermeiras. "Na quenda de noite, temos só dúas enfermeiras para 60 pacientes", dixo Kosmopoulou. Nikaia é o hospital máis grande de Atenas en número de pacientes atendidos pero non en número de camas, 650. Ten 200 enfermeiras. Kosmopoulou ensina un dormitorio no que pacientes, a maioría da terceira idade, ocupan camas con só cinco ou seis centímetros de distancia entre elas. O recorte do 42% do gasto en IKA, a aseguradora pública que ofrecía asistencia primaria e médicos de cabeceira a millóns de pensionistas, forzou a enfermos a ir directamente a urxencias. Os tempos de espera alargáronse un 30%. "Eu dígolles aos meus compañeiros: 'Rápido! Rápido!'. Pero non podemos chegar", di Kosmopoulou. "Sei que a xente en Europa di que non traballamos en Grecia, pero é un mito".
Tras o aumento da idade de xubilación para empregados públicos de 65 a 67 anos, "a maioría das enfermeiras segue traballando con problemas de saúde como artrite". Recortes dos salarios de médicos de hospital até 1.000 euros mensuais mais extras desatou a fuga de persoal. "Non é tanto polo diñeiro como porque xa non sentes satisfacción neste traballo", conta un médico. Mentres, os problemas de paro e indixencia nas rúas do barrio de Nikaia cóanse no hospital. "15 ou 20 sen teito dormen nos corredores do centro", engade Kosmopoulou.
Percorrendo os corredores, unha muller da limpeza explica (Kosmopoulou fai de intérprete) que traballa para unha empresa privada subcontratada. Cobra 500 euros ao mes por unha xornada de 15 horas sen dereitos sindicais. As subministracións de produtos non esenciais -desde algodón a copos de plástico- esgotáronse. "É coma se o fixesen para humillarnos", relata Kosmopoulou mentres acende un cigarro. A situación non vai mellorar. Segundo o novo orzamento de austeridade draconiana esixida para que Grecia reciba o próximo tramo de créditos europeos, o orzamento do Ministerio de Sanidade recórtase outro 6,5%.
Con hospitais nestas condicións, non é de estrañar que as campañas para erradicar o fakelaki non dean resultados. Segundo un estudo sobre os efectos dos recortes á sanidade da revista médica The Lancet (numero 378, 22 de outubro de 2011), lonxe de resolver o problema da corrupción, os recortes orzamentarios poden estar a agravar a cultura do sobre. "Subórnase aos empregados para evitar as colas en hospitais colapsados", advirte. O estudo de The Lancet advirte tamén que no primeiro ano da crise (2009) produciuse un "aumento significativo da xente que di que xamais vai ao médico ou ao dentista", o que se achaca aos longos tempos de espera. "Se non é grave e non tes seguro privado, vas esperar tres ou catro meses; así que a xente pasa de ir", explica unha empregada pública que participaba nunha manifestación no centro de Atenas. Un novo copago de cinco euros aumenta o desinterese por ir ver a un médico. E a nova política de cobrar entre 80 e 100 euros por someterse a unha proba media, remata a faena. "A xente xa non se fai as probas que lles pedimos", asegura Kosmopoulou.
Todo isto, por suposto, reduce o custo da sanidade a curto prazo aínda que a longo pode aumentalo. Así mesmo, o preocupante cociente de enfermeiras por camas hospitalarias resolveuse facilmente nalgúns hospitais coa eliminación de mais de 11.000 camas, unha redución do 23% en dous anos. Isto entenderase nas auditorías da nova "unión fiscal europea como un recorte do gasto. Pero o número de pacientes que acoden a hospitais públicos subiu o 30% desde o 2009 quizais porque a xente xa non pode permitirse o luxo de pagar un seguro privado. Mentres, asignáronse 550 camas en hospitais públicos ao sector privado.
O estudo de The Lancet advirte que existen indicios de que a situación en sanidade empeorou especialmente para grupos vulnerábeis. E case todos estes grupos (anciáns de pensións mínimas, nenos de familias pobres, toxicómanos, inmigrantes) poden atoparse no hospital de Nikaia. Kosmopoulou comenta que existe unha "crise humanitaria" debido ao aumento disparado de casos de pacientes seropositivos. Segundo The Lancet, o diagnóstico de seropositivos subiu o 52% entre o 2010 e o 2011. En parte, a resposta atópase nas rúas próximas a Politeknik, no centro de Atenas, onde centos de heroinómanos evocan os anos duros do setenta no sur europeo. Aínda que a distribución de metadona non se viu afectada os recortes, xa non hai apoio de asistentes sociais nin psicólogos. Hai outro factor para explicar os novos seropositivos. "Moitas dos meus pacientes son novas mulleres que perderon o seu traballo e recorren á prostitución", conclúe Kosmopoulou.

Nenhum comentário:
Postar um comentário