13/12/2011

O presidente da CEOE insiste nos mini-empregos

Redacción.

A ortodoxia ultraliberal propón que voltemos aos tempos de Kunta Kinte.


O presidente da CEOE, que representa aos grandes empresarios do Reino de España, Juan Rosell, volveu dar outra volta de porca ao afirmar que "debe haber" un acordo cos sindicatos (os sindicatos amarelos do Reino enténdase - UGT e CC.OO.-) sobre o mercado de traballo antes de Reis, porque iso melloraría a percepción interna e externa que hai sobre a economía española. Por outras palabras, voltan co discursos de "xerar confianza", cando o que estamos vendo é que a baixada dos ordenados frea o consumo e produce máis desmprego. Lonxe de xerar confianza o que están xerando é miseria.

En declaracións á cadena Ser, Rosell, avoga por un pacto entre empresarios, CC.OO. e UGT, cando menos para algunhas materias laborais antes do prazo que lles marcou o cáseque xa  presidente do goberno Mariano Rajoy.

Rajoy, o pasado 30 de novembro, marcara para os axentes sociais  a data de Reis para apresentar acordos sobre contratación, absentismo, empresas de traballo temporal e solución extraxudicial de conflitos labroais en vista da reforma laboral que quer aprobar. Segundo o presidente da CEOE un acordo axudará á economía como axudara a reforma das pensións que entra en vigor en xaneiro de 2013 elevando, entre outras exquisiteces, a idade de reforma para os 67 anos.


Según el presidente de la CEOE si hay acuerdo en "dos, tres o cuatro cosas -que no ha concretado-" se ayudará a la economía, como se hizo cuando se pactó con el Gobierno del PSOE y CCOO y UGT la reforma de las pensiones que entra en vigor en enero de 2013 y que, como medida principal, eleva la edad de jubilación a los 67 años. No acordo Rosell quere incluír o traslado de festivos de metade da semana ás segundas feiras (luns) para evitar "macropontes" como o da semana pasada. Por se fora pouco, defende recuperar a figura do aprendiz cun contrato duns 400 euros máis 150 euros de contizacións, unha modalidade coñecida como mini-emprego ("minijobs").

Nenhum comentário: