07/01/2014

Discurso á esquerda europea

Álvaro García Linera. Tirado de [SomosNinguén] Ideas para o común (aquí). O negrito é de noso. Discurso pronunciado o pasado 14 de decembro polo vicepresidente de Bolivia e ideólogo do MAS, Álvaro García Linera (1962), no IV Congreso da Esquerda Europea celebrado en Madrid. García Linera afiliouse, após licenciarse en México, aos marxistas-kataristas (Ayllus Rojos) chegando a participar na organización do Exército Guerrilleiro Túpac Katari (EGTK), especialmente como ideólogo, de orientación indixenista-maóista. Detido e encarcerado durante 5 anos até xullo de 1997, prescribindo o delito - ao non celebrarse nunca o xuízo- en 2006. Foi convidado pelo Movimiento Al Socialismo (MAS) para acompañar como candidatábel a vicepresidente de Evo Morales, resultando electo en 2005.

Moi boas tardes a todos vostedes.

Permítanme celebrar este encontro da esquerda europea no nome do noso presidente Evo e no nome do meu país, do noso pobo, agradecerlles a invitación que nos fixeron para compartir un conxunto de ideas, de reflexións neste tan importante congreso da esquerda europea. Permítanme ser directo, franco pero tamén propositivo.

Que vemos dende fóra de Europa? Vemos unha Europa que languidece. Vemos unha Europa abatida. Vemos unha Europa ensimismada e satisfeita de si mesma. Vemos unha Europa até certo punto apática e cansa. Son palabras moi feas e moi duras, pero así vemos Europa. Atrás quedou a Europa das luces, a Europa das revoltas, a Europa das revolucións. Atrás, moi atrás quedou a Europa dos grandes universalismos que moveron ao mundo, que enriqueceron ao mundo e que empurraron aos pobos de moitas partes do mundo a adquirir unha esperanza e a mobilizarse arredor desa esperanza. Atrás ficaron os grandes retos intelectuais. Esa interpretación que facían e que fan os posmodernistas de que remataron os grandes relatos, á luz dos últimos acontecementos, parece ser que o único que encubre son os grandes negociados das corporacións e do sistema financeiro. Non é o pobo europeo o que perdeu a virtude nin perdeu a esperanza, porque a Europa á que me refiro, cansa, a Europa esgotada, a Europa ensimismada non é a Europa dos pobos, esta está silenciada, encerrada, asfixiada e a única Europa que vemos no mundo é a Europa dos grandes consorcios empresariais, a Europa neoliberal, a Europa dos grandes negociados financeiros, a Europa dos mercados e non a Europa do traballo.

Carentes de grandes dilemas, de grandes horizontes e esperanzas óese só, parafraseando a Montesquieu, o lamentable ruído das pequenas ambicións e dos grandes apetitos. Unhas democracias sen esperanza e sen fe son democracias derrotadas. Son democracias fosilizadas. En sentido estrito non son democracias. Non hai democracia válida que sexa simplemente un apego aburrido a institucións fósiles coas que se cumpren rituais cada tres, cada catro ou cada cinco anos para elixir aos que virán decidir de mala maneira sobre os nosos destinos.

Todos sabemos e na esquerda máis ou menos compartimos un pensamento común de como é que chegamos a semellante situación. Os estudosos, os académicos, os políticos, bríndannos un conxunto de eixos interpretativos do mal que estamos e como é que chegamos aquí.

Un primeiro criterio compartido de como é que chegamos a esta situación é que entendemos que o capitalismo adquiriu unha medida xeopolítica planetaria absoluta, o mundo enteiro redondeouse e o mundo enteiro devén nun grande taller mundial. Unha radio, un televisor, un teléfono, xa non ten unha orixe de creación senón que o mundo enteiro converteuse na orixe de creación. Un chip faise en México, o deseño faise en Alemaña, a materia prima é lationamericana, os traballadores son asiáticos, o empaque é norteamericano e a venda é planetaria. Esta e unha característica do moderno capitalismo. E é a partir disto que un ten que tomar accións.

Unha segunda característica dos últimos vinte anos é unha sorte de regreso a unha especie de acumulación primitiva perpetua. Os textos que Karl Marx, que retrataban a orixe do capitalismo no século XVI-XVII, hoxe repítense e son textos do século XXI. Temos unha permanente acumulación orixinaria que reproduce mecanismos de escravitude, mecanismos de subordinación, de precariedade, de fragmentación que os retratou excepcionalmente Carlos Marx, só que o capitalismo moderno reactualiza a acumulación orixinaria, expándea e irrádiaa a outros territorios para extraer máis recursos e máis diñeiro. Pero xunto con esta acumulación primitiva perpetua que vai definir as características das clases sociais contemporáneas tanto nos nosos países como no mundo, porque reorganiza a división do traballo local, territorialmente, e a división do traballo planetario, temos unha especie de neoacumulación por expropiación. Temos un capitalismo depredador que acumula en moitos casos producindo, nas áreas estratéxicas, coñecemento, telecomunicacións, biotecnoloxía, industria automobilística pero, en moitos dos nosos países acumula por expropiación, é dicir, ocupando os espazos comúns: biodiversidade, auga, coñecementos ancestrais, bosques, recursos naturais. Esta é unha acumulación por expropiación, non por xeración de riqueza senón por expropiación de riqueza común que devén en riqueza privada. Esta é a lóxica neoliberal. Se criticamos tanto ao neoliberalismo é pola súa lóxica depredatoria e parasitaria. Máis ca un xerador de riquezas, máis ca un desenvolvedor de forzas produtivas, o neoliberalismo é un expropiador de forzas produtivas capitalistas e non capitalistas, colectivas, locais, de sociedades.

Pero a terceira característica da economía moderna non só é acumulación primitiva perpetua, a acumulación por expropiación, senón tamén a subordinación, Marx diría a subsunción real do coñecemento e a ciencia á acumulación capitalista. O que algúns sociólogos chaman a sociedade do coñecemento. Non cabe dúbida, e esas son as áreas máis potentes e de maior despregue das capacidades produtivas da sociedade moderna. Pero tamén, a cuarta característica, e cada vez máis conflitiva e chea de riscos é o proceso de subsunción real do sistema integral da vida do planeta, é dicir, dos procesos metabólicos entre os seres humanos e a natureza.

Estas catro características do moderno capitalismo redefinen a xeopolítica do capital a escala planetaria, redefinen a composición de clase das sociedades, redefine a composición de clase no planeta. Non só está a externalización ás extremidades do corpo capitalista da clase obreira tradicional, da clase obreira que vimos xurdir no século XIX e comezos do XX, que agora se transfire ás zonas periféricas -Brasil, México, China, A India, Filipinas- senón que tamén xorden nas sociedades máis desenvolvidas un novo tipo de proletariado, un novo tipo de clase traballadora, a clase traballadora de colo branco, profesores, investigadores, científicos, analistas que non se ven a si mesmos como clase traballadora, vense a si mesmos como empresarios seguramente, pero que no fondo constitúen unha nova composición social da clase obreira de principios do século XXI.

Pero á vez temos a creación no mundo do que poderiamos chamar un proletariado difuso. Sociedades e nacións non capitalistas que son subsumidas formalmente á acumulación capitalista. América Latina, África, Asia. Falamos de sociedades e nacións non estritamente capitalistas pero que no conxunto aparecen subsumidas e articuladas como formas de proletarización difusa. Non só pola súa calidade económica senón polas características da súa unificación fragmentada ou a súa fragmentación pola dispersión territorial. Temos logo, non só unha nova modalidade da expansión da acumulación capitalista senón tamén un reacomodo das clases e do proletariado e das clases non proletarias no mundo. O mundo hoxe é máis conflitivo, o mundo hoxe está máis proletarizado. Só que as formas de proletarización son distintas ás que coñecemos no século XIX e nos principios do XX e as formas de organización destes proletarios difusos, destes proletarios de colo branco, non toman necesariamente a forma de sindicato. A forma sindicato perdeu a súa centralidade nalgúns países e xorden outras formas de unificación do popular, do laboral e do obreiro.

Que facer? A vella pregunta de Lenin. Que facemos? Compartimos definicións do que está mal. Compartimos definicións do que está a mudar no mundo. E fronte estes cambios non podemos responder, ou mellor, as respostas que tiñamos antes son insuficientes, senón non estaría gobernando a dereita aquí en Europa. Algo está a faltar nas nosas respostas, nas nosas propostas.

Permítanme de maneira modesta facer cinco suxestións.

Nesta construción colectiva do que facer que asume a esquerda europea, esta non pode contentarse coa diagnose e a denuncia. Isto serve para xerar indignación moral. E é importante a expansión da indignación moral. Pero non xera vontade de poder. A denuncia non xera vontade de poder. Pode ser a antesala da vontade de poder pero non é a vontade de poder. A esquerda europea, a esquerda mundial ten que aparecer con propostas, con iniciativas, a esta voráxine depredadora do ser humano, destrutiva, que leva adiante o capitalismo contemporáneo. A esquerda europea e a esquerda de todo o mundo temos que construír un novo sentido común. No fondo a loita política é unha loita polo sentido común. Polo conxunto de xuízos e prexuízos. Pola forma en que de maneira simple, a xente -o estudante novo, o profesional, a vendedora, o traballador, o obreiro- ordena o mundo. Ese é o sentido común. A concepción do mundo básica coa que ordenamos a vida cotiá. A maneira pola que valoramos o xusto e o inxusto. O desexábel e o posíbel o imposíbel e o probábel. E a esquerda mundial, e a europea, ten que loitar por un novo sentido común. Un novo sentido común progresista, revolucionario, universalista, pero que é obrigatoriamente un novo sentido común.

En segundo lugar precisamos recuperar o concepto de democracia. A esquerda sempre reivindicou a bandeira da democracia, a bandeira da xustiza, da igualdade, da participación. Pero para iso temos que desprendernos da concepción da democracia coma un feito puramente institucional. A democracia son institucións? Si, son institucións. A democracia é votar cada catro ou cinco anos? Si, pero é moito máis ca iso. É elixir o parlamento? Si, pero é moito máis ca iso. É respectar as regras da alternancia? Si, pero é moito máis ca iso. Esa é a maneira liberal, fosilizada, de entender a democracia coa que ás veces quedamos pechados. A democracia son valores? Son valores, principios organizativos do entendemento do mundo, a tolerancia, a pluralidade, a liberdade de opinión, liberdade de asociación… Si, tamén son valores e principios. Porén non só principios e valores, son institucións mais non son só institucións, a democracia é práctica. A democracia é acción colectiva. A democracia no fondo é crecente participación na administración dos comúns que ten unha sociedade. Hai democracia se no común que temos os cidadáns participamos. Se o que temos como patrimonio común é a auga, participar na xestión da auga. Se temos como patrimonio común o idioma, a lingua, democracia é administración común da lingua. Se temos como patrimonio común os bosques, a terra, o coñecemento, democracia é xestión, administración común, crecente administración común na xestión do bosque, da auga, do aire, dos recursos naturais. Hai democracia no sentido vivo, non fosilizado do termo se a poboación e a esquerda axuda nunha xestión común dos recursos comúns. Institucións, dereitos, riquezas. Os vellos socialistas dos anos 70 falaban de que a democracia debían petar na porta das fábricas. É unha boa idea pero non suficiente. Debe petar nas portas das fábricas, dos bancos, das empresas, das institucións, dos recursos, a porta de todo o que sexa común para as persoas. Preguntábame o delegado de Grecia sobre o tema da auga. Como comezamos nós en Bolivia? Por temas básicos de supervivencia. Auga. E arredor da auga que é unha riqueza común que estaba a ser expropiada o pobo levou a cabo unha guerra e recuperou a auga para a poboación. E non só a auga. Despois fixemos outra guerra social e lanzámonos a recuperar o gas, o petróleo, as minas, as comunicacións. E falta moito máis por recuperar pero este foi o punto de partida. A crecente participación dos cidadáns na xestión dos comúns, dos bens comúns que ten unha sociedade, unha rexión.

En terceiro lugar, a esquerda ten que recuperar a reivindicación do universal, dos idearios universais, dos comúns. A política como ben común. A  participación como participación na xestión dos bens comúns. A recuperación dos comúns como dereito, o dereito ao traballo, o dereito á xubilación, o dereito á educación gratuíta, o dereito á saúde. O dereito a un aire limpo, o dereito á protección da madre terra, o dereito á protección da natureza. Son dereitos. Pero son universais. Son bens comúns entre os cales a esquerda revolucionaria ten que formular medidas concretas e obxectivas de mobilización. Lía no xornal como se estaban a utilizar en Europa recursos públicos para salvar bens privados. Iso é unha aberración. Utilizar o diñeiro dos aforradores europeos para salvar a quebra dos bancos. Estaban a usar o común para salvar o privado. O mundo está ao revés. Ten que ser ao revés. Usar os bens privados para salvar e axudar aos bens comúns, non os bens comúns para salvar os bens privados. Os bancos deben ter un proceso de democratización e de socialización da súa xestión, porque senón os bancos van rematar por quitarlles non só o seu traballo e a súa casa senón tamén a súa vida, a súa esperanza e todo. E iso é algo que non se pode permitir.

Pero tamén necesitamos reivindicar, na nosa proposta como esquerda, unha nova relación metabólica entre o ser humano e a natureza. En Bolivia, pola nosa herdanza indíxena chamámolo unha nova relación entre ser humano e natureza. O presidente Evo sempre di: a natureza pode existir sen o ser humano, o ser humano non pode existir sen a natureza. No entanto, non hai que caer na lóxica da economía verde que é unha forma hipócrita de ecoloxismo. Hai empresas que aparecen ante vostedes os europeos como protectoras da natureza e do aire limpo pero esas mesmas empresas lévannos, a nós, á Amazonía, levan a África ou Asia, todos os desperdicios que se xeran aquí. Aquí son defensores e alí vólvense depredadores. Converteron a natureza nun modo de negocio. E a preservación radical da ecoloxía non é un novo negocio nin unha nova lóxica empresarial. Hai que restituír unha nova relación. Que é sempre tensa. Porque a riqueza que vai satisfacer necesidades require transformar a natureza e ao transformala modificamos a súa existencia, modificamos o bios, pero ao modificar o bios, como contrafinalidade moitas veces, destruímos ao ser humano e tamén á natureza. Ao capitalismo iso non lle importa porque iso é un negocio para el, pero a nós si. Á esquerda si. Á humanidade si. Á historia da humanidade si que lle importa. Necesitamos reivindicar unha nova lóxica de relación, non diría harmónica, pero si metabólica, mutuamente beneficiosa entre contorno natural e ser humano, traballo, necesidades.

Por último, non cabe dúbida que precisamos reivindicar a dimensión heroica da política, Hegel vía a política na súa dimensión heroica. E supoño que seguindo a Hegel, Gramsci dicía que nas sociedades modernas a filosofía, e un novo horizonte de vida, ten que converterse en fe na sociedade. Ou só pode existir como fe no interior da sociedade. Isto significa que necesitamos reconstruír a esperanza. Que a esquerda ten que ser a estrutura organizativa flexíbel crecentemente unificada que sexa capaz de revitalizar a esperanza. Un novo sentido común, unha nova fe, non no sentido relixioso do termo, senón unha nova crenza xeneralizada pola cal as persoas apostan heroicamente o seu tempo, o seu esforzo, o seu espazo, a súa dedicación.

Saúdo que hoxe nos esteamos reunindo trinta organizacións políticas. Excelente. Quere dicir que é posíbel unirse. Que é posíbel saír dos espazos estancos. A esquerda, tan débil hoxe en Europa, non pode permitirse o luxo de distanciarse dos seus compañeiros. Poderá haber diferenzas en 10 ou 20 puntos pero estamos de acordo en 100. Que eses sexan os puntos de proximidade, de traballo e deixemos os outros 20 para despois. Somos débiles demais como para permitirnos o luxo de seguir en pelexas de capela e de pequenos feudos distanciándonos do resto. Hai que asumir novamente unha lóxica gramsciá: unificar, articular, promover…

Hai que tomar o poder do estado. Hai que loitar polo estado. Pero nunca esquezamos que o estado máis ca unha máquina é unha relación. Máis que materia é idea. O estado é fundamentalmente idea e un anaco é materia. É materia como relacións sociais, como forzas, como presións, como orzamentos, como acordos, como regras, como leis, pero é fundamentalmente idea como crenza dunha orde común, dun sentido de comunidade. No fondo a pelexa polo estado é unha pelexa por unha nova maneira de unificarnos, por un novo universal, por un tipo de universalismo que unifica voluntariamente ás persoas.Pero iso require, logo, ter gañado previamente as crenzas. Derrotar previamente aos adversarios na palabra e no sentido común. Derrotar previamente as concepcións dominantes de dereita no discurso, na percepción do mundo. Nas percepcións morais que temos das cousas. E o proceso require un traballo moi arduo.

A política non é só correlación de forzas, capacidade de mobilización -que no seu momento serao- é fundamentalmente convencemento, articulación, sentido común, crenza, idea compartida, xuízo e prexuízo compartido respecto á orde do mundo. E aí as esquerdas non só teñen que contentarse coa unidade das organizacións de esquerda, a unidade ten que expandirse ao ámbito dos sindicatos, que son o soporte da clase traballadora e a forma orgánica de unificación, pero tamén hai que estar moi atentos a outra formas inéditas da organización da sociedade.

A reconfiguración das clases sociais e Europa e no mundo, vai dar lugar a formas diferentes de unificación, formas máis flexíbeis, menos orgánicas, se cadra máis territoriais, menos por centro de traballo. Todo é necesario. A unificación por centro de traballo, a unificación territorial, a unificación temática, a unificación ideolóxica. É un conxunto de formas flexíbeis fronte á cal a esquerda ten que ter a capacidade de articular, de propor, de unificar e de saír adiante.

Permítanme en nome do presidente, en nome meu, felicitalos por celebrar este encontro e desexarlles e esixirlles de maneira respectuosa e cariñosa: loiten, loiten, loiten. Non nos deixen só a outros pobos que estamos loitando de maneira illada en algúns lugares como Siria, algo en España, en Venezuela, en Ecuador e en Bolivia. Non nos deixen sós. Necesitámolos, máis aínda a unha Europa que non só vexa a distancia o que sucede noutras partes do mundo senón a unha Europa que novamente volva alumear o destino do continente e o destino do mundo.

Parabéns e moitas grazas.

Excelente discurso, de fonda pegada hegeliá e gramsciá, pronunciado o pasado 14 de decembro polo intelectual e actual vicepresidente de Boliva, Álvaro García Linera, no IV Congreso da Esquerda Europea celebrado en Madrid.

Moi boas tardes a todos vostedes.
Permítanme celebrar este encontro da esquerda europea no nome do noso presidente Evo e no nome do meu país, do noso pobo, agradecerlles a invitación que nos fixeron para compartir un conxunto de ideas, de reflexións neste tan importante congreso da esquerda europea. Permítanme ser directo, franco pero tamén propositivo.
Que vemos dende fóra de Europa? Vemos unha Europa que languidece. Vemos unha Europa abatida. Vemos unha Europa ensimismada e satisfeita de si mesma. Vemos unha Europa até certo punto apática e cansa. Son palabras moi feas e moi duras, pero así vemos Europa. Atrás quedou a Europa das luces, a Europa das revoltas, a Europa das revolucións. Atrás, moi atrás quedou a Europa dos grandes universalismos que moveron ao mundo, que enriqueceron ao mundo e que empurraron aos pobos de moitas partes do mundo a adquirir unha esperanza e a mobilizarse arredor desa esperanza. Atrás ficaron os grandes retos intelectuais. Esa interpretación que facían e que fan os posmodernistas de que remataron os grandes relatos, á luz dos últimos acontecementos, parece ser que o único que encubre son os grandes negociados das corporacións e do sistema financeiro. Non é o pobo europeo o que perdeu a virtude nin perdeu a esperanza, porque a Europa á que me refiro, cansa, a Europa esgotada, a Europa ensimismada non é a Europa dos pobos, esta está silenciada, encerrada, asfixiada e a única Europa que vemos no mundo é a Europa dos grandes consorcios empresariais, a Europa neoliberal, a Europa dos grandes negociados financeiros, a Europa dos mercados e non a Europa do traballo.
Carentes de grandes dilemas, de grandes horizontes e esperanzas óese só, parafraseando a Montesquieu, o lamentable ruído das pequenas ambicións e dos grandes apetitos. Unhas democracias sen esperanza e sen fe son democracias derrotadas. Son democracias fosilizadas. En sentido estrito non son democracias. Non hai democracia válida que sexa simplemente un apego aburrido a institucións fósiles coas que se cumpren rituais cada tres, cada catro ou cada cinco anos para elixir aos que virán decidir de mala maneira sobre os nosos destinos.
Todos sabemos e na esquerda máis ou menos compartimos un pensamento común de como é que chegamos a semellante situación. Os estudosos, os académicos, os políticos, bríndannos un conxunto de eixos interpretativos do mal que estamos e como é que chegamos aquí.
Un primeiro criterio compartido de como é que chegamos a esta situación é que entendemos que o capitalismo adquiriu unha medida xeopolítica planetaria absoluta, o mundo enteiro redondeouse e o mundo enteiro devén nun grande taller mundial. Unha radio, un televisor, un teléfono, xa non ten unha orixe de creación senón que o mundo enteiro converteuse na orixe de creación. Un chip faise en México, o deseño faise en Alemaña, a materia prima é lationamericana, os traballadores son asiáticos, o empaque é norteamericano e a venda é planetaria. Esta e unha característica do moderno capitalismo. E é a partir disto que un ten que tomar accións.
Unha segunda característica dos últimos vinte anos é unha sorte de regreso a unha especie de acumulación primitiva perpetua. Os textos que Karl Marx, que retrataban a orixe do capitalismo no século XVI-XVII, hoxe repítense e son textos do século XXI. Temos unha permanente acumulación orixinaria que reproduce mecanismos de escravitude, mecanismos de subordinación, de precariedade, de fragmentación que os retratou excepcionalmente Carlos Marx, só que o capitalismo moderno reactualiza a acumulación orixinaria, expándea e irrádiaa a outros territorios para extraer máis recursos e máis diñeiro. Pero xunto con esta acumulación primitiva perpetua que vai definir as características das clases sociais contemporáneas tanto nos nosos países como no mundo, porque reorganiza a división do traballo local, territorialmente, e a división do traballo planetario, temos unha especie de neoacumulación por expropiación. Temos un capitalismo depredador que acumula en moitos casos producindo, nas áreas estratéxicas, coñecemento, telecomunicacións, biotecnoloxía, industria automobilística pero, en moitos dos nosos países acumula por expropiación, é dicir, ocupando os espazos comúns: biodiversidade, auga, coñecementos ancestrais, bosques, recursos naturais. Esta é unha acumulación por expropiación, non por xeración de riqueza senón por expropiación de riqueza común que devén en riqueza privada. Esta é a lóxica neoliberal. Se criticamos tanto ao neoliberalismo é pola súa lóxica depredatoria e parasitaria. Máis ca un xerador de riquezas, máis ca un desenvolvedor de forzas produtivas, o neoliberalismo é un expropiador de forzas produtivas capitalistas e non capitalistas, colectivas, locais, de sociedades.
Pero a terceira característica da economía moderna non só é acumulación primitiva perpetua, a acumulación por expropiación, senón tamén a subordinación, Marx diría a subsunción real do coñecemento e a ciencia á acumulación capitalista. O que algúns sociólogos chaman a sociedade do coñecemento. Non cabe dúbida, e esas son as áreas máis potentes e de maior despregue das capacidades produtivas da sociedade moderna. Pero tamén, a cuarta característica, e cada vez máis conflitiva e chea de riscos é o proceso de subsunción real do sistema integral da vida do planeta, é dicir, dos procesos metabólicos entre os seres humanos e a natureza.
Estas catro características do moderno capitalismo redefinen a xeopolítica do capital a escala planetaria, redefinen a composición de clase das sociedades, redefine a composición de clase no planeta. Non só está a externalización ás extremidades do corpo capitalista da clase obreira tradicional, da clase obreira que vimos xurdir no século XIX e comezos do XX, que agora se transfire ás zonas periféricas -Brasil, México, China, A India, Filipinas- senón que tamén xorden nas sociedades máis desenvolvidas un novo tipo de proletariado, un novo tipo de clase traballadora, a clase traballadora de colo branco, profesores, investigadores, científicos, analistas que non se ven a si mesmos como clase traballadora, vense a si mesmos como empresarios seguramente, pero que no fondo constitúen unha nova composición social da clase obreira de principios do século XXI.
Pero á vez temos a creación no mundo do que poderiamos chamar un proletariado difuso. Sociedades e nacións non capitalistas que son subsumidas formalmente á acumulación capitalista. América Latina, África, Asia. Falamos de sociedades e nacións non estritamente capitalistas pero que no conxunto aparecen subsumidas e articuladas como formas de proletarización difusa. Non só pola súa calidade económica senón polas características da súa unificación fragmentada ou a súa fragmentación pola dispersión territorial. Temos logo, non só unha nova modalidade da expansión da acumulación capitalista senón tamén un reacomodo das clases e do proletariado e das clases non proletarias no mundo. O mundo hoxe é máis conflitivo, o mundo hoxe está máis proletarizado. Só que as formas de proletarización son distintas ás que coñecemos no século XIX e nos principios do XX e as formas de organización destes proletarios difusos, destes proletarios de colo branco, non toman necesariamente a forma de sindicato. A forma sindicato perdeu a súa centralidade nalgúns países e xorden outras formas de unificación do popular, do laboral e do obreiro.
Que facer? A vella pregunta de Lenin. Que facemos? Compartimos definicións do que está mal. Compartimos definicións do que está a mudar no mundo. E fronte estes cambios non podemos responder, ou mellor, as respostas que tiñamos antes son insuficientes, senón non estaría gobernando a dereita aquí en Europa. Algo está a faltar nas nosas respostas, nas nosas propostas.
Permítanme de maneira modesta facer cinco suxestións.
Nesta construción colectiva do que facer que asume a esquerda europea, esta non pode contentarse coa diagnose e a denuncia. Isto serve para xerar indignación moral. E é importante a expansión da indignación moral. Pero non xera vontade de poder. A denuncia non xera vontade de poder. Pode ser a antesala da vontade de poder pero non é a vontade de poder. A esquerda europea, a esquerda mundial ten que aparecer con propostas, con iniciativas, a esta voráxine depredadora do ser humano, destrutiva, que leva adiante o capitalismo contemporáneo. A esquerda europea e a esquerda de todo o mundo temos que construír un novo sentido común. No fondo a loita política é unha loita polo sentido común. Polo conxunto de xuízos e prexuízos. Pola forma en que de maneira simple, a xente -o estudante novo, o profesional, a vendedora, o traballador, o obreiro- ordena o mundo. Ese é o sentido común. A concepción do mundo básica coa que ordenamos a vida cotiá. A maneira pola que valoramos o xusto e o inxusto. O desexable e o posible o imposible e o probable. E a esquerda mundial, e a europea, ten que loitar por un novo sentido común. Un novo sentido común progresista, revolucionario, universalista, pero que é obrigatoriamente un novo sentido común.
En segundo lugar precisamos recuperar o concepto de democracia. A esquerda sempre reivindicou a bandeira da democracia, a bandeira da xustiza, da igualdade, da participación. Pero para iso temos que desprendernos da concepción da democracia coma un feito puramente institucional. A democracia son institucións? Si, son institucións. A democracia é votar cada catro ou cinco anos? Si, pero é moito máis ca iso. É elixir o parlamento? Si, pero é moito máis ca iso. É respectar as regras da alternancia? Si, pero é moito máis ca iso. Esa é a maneira liberal, fosilizada, de entender a democracia coa que ás veces quedamos pechados. A democracia son valores? Son valores, principios organizativos do entendemento do mundo, a tolerancia, a pluralidade, a liberdade de opinión, liberdade de asociación… Si, tamén son valores e principios. Pero non só principios e valores, son institucións pero non son só institucións, a democracia é práctica. A democracia é acción colectiva. A democracia no fondo é crecente participación na administración dos comúns que ten unha sociedade. Hai democracia se no común que temos os cidadáns participamos. Se o que temos como patrimonio común é a auga, participar na xestión da auga. Se temos como patrimonio común o idioma, a lingua, democracia é administración común da lingua. Se temos como patrimonio común os bosques, a terra, o coñecemento, democracia é xestión, administración común, crecente administración común na xestión do bosque, da auga, do aire, dos recursos naturais. Hai democracia no sentido vivo, non fosilizado do termo se a poboación e a esquerda axuda nunha xestión común dos recursos comúns. Institucións, dereitos, riquezas. Os vellos socialistas dos anos 70 falaban de que a democracia debían petar na porta das fábricas. É unha boa idea pero non suficiente. Debe petar nas portas das fábricas, dos bancos, das empresas, das institucións, dos recursos, a porta de todo o que sexa común para as persoas. Preguntábame o delegado de Grecia sobre o tema da auga. Como comezamos nós en Bolivia? Por temas básicos de supervivencia. Auga. E arredor da auga que é unha riqueza común que estaba a ser expropiada o pobo levou a cabo unha guerra e recuperou a auga para a poboación. E non só a auga. Despois fixemos outra guerra social e lanzámonos a recuperar o gas, o petróleo, as minas, as comunicacións. E falta moito máis por recuperar pero este foi o punto de partida. A crecente participación dos cidadáns na xestión dos comúns, dos bens comúns que ten unha sociedade, unha rexión.
En terceiro lugar, a esquerda ten que recuperar a reivindicación do universal, dos idearios universais, dos comúns. A política como ben común. A  participación como participación na xestión dos bens comúns. A recuperación dos comúns como dereito, o dereito ao traballo, o dereito á xubilación, o dereito á educación gratuíta, o dereito á saúde. O dereito a un aire limpo, o dereito á protección da madre terra, o dereito á protección da natureza. Son dereitos. Pero son universais. Son bens comúns entre os cales a esquerda revolucionaria ten que formular medidas concretas e obxectivas de mobilización. Lía no xornal como se estaban a utilizar en Europa recursos públicos para salvar bens privados. Iso é unha aberración. Utilizar o diñeiro dos aforradores europeos para salvar a quebra dos bancos. Estaban a usar o común para salvar o privado. O mundo está ao revés. Ten que ser ao revés. Usar os bens privados para salvar e axudar aos bens comúns, non os bens comúns para salvar os bens privados. Os bancos deben ter un proceso de democratización e de socialización da súa xestión, porque senón os bancos van rematar por quitarlles non só o seu traballo e a súa casa senón tamén a súa vida, a súa esperanza e todo. E iso é algo que non se pode permitir.
Pero tamén necesitamos reivindicar, na nosa proposta como esquerda, unha nova relación metabólica entre o ser humano e a natureza. En Bolivia, pola nosa herdanza indíxena chamámolo unha nova relación entre ser humano e natureza. O presidente Evo sempre di: a natureza pode existir sen o ser humano, o ser humano non pode existir sen a natureza. Pero non hai que caer na lóxica da economía verde que é unha forma hipócrita de ecoloxismo. Hai empresas que aparecen ante vostedes os europeos como protectoras da natureza e do aire limpo pero esas mesmas empresas lévannos, a nós, á Amazonía, levan a África ou Asia, todos os desperdicios que se xeran aquí. Aquí son defensores e alí vólvense depredadores. Converteron a natureza nun modo de negocio. E a preservación radical da ecoloxía non é un novo negocio nin unha nova lóxica empresarial. Hai que restituír unha nova relación. Que é sempre tensa. Porque a riqueza que vai satisfacer necesidades require transformar a natureza e ao transformala modificamos a súa existencia, modificamos o bios, pero ao modificar o bios, como contrafinalidade moitas veces, destruímos ao ser humano e tamén á natureza. Ao capitalismo iso non lle importa porque iso é un negocio para el, pero a nós si. Á esquerda si. Á humanidade si. Á historia da humanidade si que lle importa. Necesitamos reivindicar unha nova lóxica de relación, non diría harmónica, pero si metabólica, mutuamente beneficiosa entre contorno natural e ser humano, traballo, necesidades.
Por último, non cabe dúbida que precisamos reivindicar a dimensión heroica da política, Hegel vía a política na súa dimensión heroica. E supoño que seguindo a Hegel, Gramsci dicía que nas sociedades modernas a filosofía, e un novo horizonte de vida, ten que converterse en fe na sociedade. Ou só pode existir como fe no interior da sociedade. Isto significa que necesitamos reconstruír a esperanza. Que a esquerda ten que ser a estrutura organizativa flexible crecentemente unificada que sexa capaz de revitalizar a esperanza. Un novo sentido común, unha nova fe, non no sentido relixioso do termo, senón unha nova crenza xeneralizada pola cal as persoas apostan heroicamente o seu tempo, o seu esforzo, o seu espazo, a súa dedicación.
Saúdo que hoxe nos esteamos reunindo trinta organizacións políticas. Excelente. Quere dicir que é posible unirse. Que é posible saír dos espazos estancos. A esquerda, tan débil hoxe en Europa, non pode permitirse o luxo de distanciarse dos seus compañeiros. Poderá haber diferenzas en 10 ou 20 puntos pero estamos de acordo en 100. Que eses sexan os puntos de proximidade, de traballo e deixemos os outros 20 para despois. Somos débiles demais como para permitirnos o luxo de seguir en pelexas de capela e de pequenos feudos distanciándonos do resto. Hai que asumir novamente unha lóxica gramsciá: unificar, articular, promover…
Hai que tomar o poder do estado. Hai que loitar polo estado. Pero nunca esquezamos que o estado máis ca unha máquina é unha relación. Máis que materia é idea. O estado é fundamentalmente idea e un anaco é materia. É materia como relacións sociais, como forzas, como presións, como orzamentos, como acordos, como regras, como leis, pero é fundamentalmente idea como crenza dunha orde común, dun sentido de comunidade. No fondo a pelexa polo estado é unha pelexa por unha nova maneira de unificarnos, por un novo universal, por un tipo de universalismo que unifica voluntariamente ás persoas.Pero iso require, logo, ter gañado previamente as crenzas. Derrotar previamente aos adversarios na palabra e no sentido común. Derrotar previamente as concepcións dominantes de dereita no discurso, na percepción do mundo. Nas percepcións morais que temos das cousas. E o proceso require un traballo moi arduo.
A política non é só correlación de forzas, capacidade de mobilización -que no seu momento serao- é fundamentalmente convencemento, articulación, sentido común, crenza, idea compartida, xuízo e prexuízo compartido respecto á orde do mundo. E aí as esquerdas non só teñen que contentarse coa unidade das organizacións de esquerda, a unidade ten que expandirse ao ámbito dos sindicatos, que son o soporte da clase traballadora e a forma orgánica de unificación, pero tamén hai que estar moi atentos a outra formas inéditas da organización da sociedade.
A reconfiguración das clases sociais e Europa e no mundo, vai dar lugar a formas diferentes de unificación, formas máis flexibles, menos orgánicas, se cadra máis territoriais, menos por centro de traballo. Todo é necesario. A unificación por centro de traballo, a unificación territorial, a unificación temática, a unificación ideolóxica. É un conxunto de formas flexibles fronte á cal a esquerda ten que ter a capacidade de articular, de propoñer, de unificar e de saír adiante.
Permítanme en nome do presidente, en nome meu, felicitalos por celebrar este encontro e desexarlles e esixirlles de maneira respectuosa e cariñosa: loiten, loiten, loiten. Non nos deixen só a outros pobos que estamos loitando de maneira illada en algúns lugares como Siria, algo en España, en Venezuela, en Ecuador e en Bolivia. Non nos deixen sos. Necesitámolos, máis aínda a unha Europa que non só vexa a distancia o que sucede noutras partes do mundo senón a unha Europa que novamente volva alumear o destino do continente e o destino do mundo.
Parabéns e moitas grazas.
- See more at: http://www.somosninguen.org/discurso-a-esquerda-europea/#sthash.m8SStnFq.dpuf

Excelente discurso, de fonda pegada hegeliá e gramsciá, pronunciado o pasado 14 de decembro polo intelectual e actual vicepresidente de Boliva, Álvaro García Linera, no IV Congreso da Esquerda Europea celebrado en Madrid. - See more at: http://www.somosninguen.org/discurso-a-esquerda-europea/#sthash.m8SStnFq.dpuf

Postar um comentário