Como ao principio, seguen pedir un reparto xusto dos beneficios que dá o seu produto. Lonxe das guerras de cifras das cidades, Galicia Confidencial estivo con eles en Ordes. Vídeo no interior.
O Sindicato Labrego Galego organizou cinco manifestacións (Betanzos, Ordes, Ourense, Vilalba e A Estrada) este martes. Os gandeiros levan meses organizando un boicot contra as marcas Celta, Río, Lauki, President, Leyma, Solan e Societé. Acúsanas de ignorar o contrato homologado aprobado pola propia industria, pequeno avance que sacaron de anos de protestas.
Unha folga xeral vívese de xeito ben diferente nunha gran cidade que nunha vila. Nas zonas máis urbanas de Galicia os sindicatos poden cualificar o paro de éxito, sobre todo tras a dura campaña de desprestixio das últimas semanas e as críticas que recibiron pola tardanza da convocatoria.
30 ou 80 por cento?
Finalmente CIG, UXT e Comisións coinciden nalgo. Os tres cifran en máis do 80% o paro. A realidade está entre este dato e o da patronal, o 30%.
De seguro en medianas poboacións coma Ordes o seguimento foi menor. Se ben algunhas empresas pararon, a maioría dos comercios só baixou as persianas o tempo xusto para que pasase o cento de pacíficos gandeiros.
Houbo cidadáns que se sumaron aos berros de "Non ten perdón, que nos baixen a pensión!" e tamén os houbo que criticaron aos manifestantes. A maioría volveu optar por gardar distancias.
Nenhum comentário:
Postar um comentário