17/11/2010

A Fao ubica a Venezuela entre os dez estados mellor nutridos do planeta

Nova tirada de aqui (Caracas, 15-9-2010) e traducida por nós.

Véxase comparativamente cal era a situación de Venezuela en 2005 e isto malia a grande seca - que xerou problemas eléctricos- e a inflación e a especulación alimentar que levou ao Goberno de Hugo Chávez a nacionalizar varias cadeas de hipermercados (fig.). Lembremos que no denominado primeiro mundo existe tamén a fame e a malnutrición. No Reino Unido - de acordo coas estatísticas de comezos do século XXI, é dicir antes da crise- un de cada tres nenos vive por debaixo da liña da pobreza e o seu número multiplicouse por tres nos últimos vinte anos, ou sexa, desde as receitas e recortes ultraliberais aplicadas pola "Dama de ferro", Margaret Tatcher. Nos EUA, tamén antes da crise (2001), o 1% mais rico ganha tanto como os cen millóns máis pobres, ou sexa case o corenta por cento da populación. Em 1977 o 1% ganhaba o equivalente de algo menos de 20% da populación máis pobre, ou sexa 49 millóns.

Coa aplicación de políticas agroalimentarias acertadas e a posta en marcha de diversos programas sociais, o Goberno Bolivariano logra abolir a malnutrición e sitúa a Venezuela entre o dez primeiros países con mellores niveis de alimentación do mundo.

Marilyn Dei Luca, directora executiva do Instituto Nacional de Nutrición (INN) de Venezuela, informou que os logros alcanzados polo goberno do presidente Hugo Chávez en materia alimentaria, recollidos no Índice de Prevalencia de Subnutrición (IPS), foron recoñecidos no último reporte da Organización de Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO, polas súas siglas en inglés).

Para o ano 1998, Venezuela alcanzaba o 21 por cento do índice de subnutrición, hoxe sitúase en 8 por cento, o cal significa que a República Bolivariana está no nivel máis baixo rexistrado na historia alimentaria do país.

Nese sentido, a dispoñibilidade enerxética para o consumo humano, expresada na cantidade de alimentos dispoñíbeis nos estabelecementos alimentarios experimenta, desde o ano 2005, cifras superiores ao 110 por cento.

Na actualidade Venezuela posúe 120 por cento de dispoñibilidade enerxética para o consumo humano, o valor máis alto experimentado nos últimos 18 anos.

O estudo de Prevalencia de Subnutrición tamén resalta a diminución da porcentaxe de desnutrición global en nenos e nenas menores de 5 anos a 4,2 por cento, o menor rexistro de Venezuela durante os últimos 17 anos e cualificada como categoría BAIXA, de acordo coa clasificación da Organización Mundial da Saúde (OMS).

"Os nenos venezolanos agora crescen máis e mellor, debido á súa boa alimentación, observación que se sustenta nos rexistros desde 1990 até 1998, cuxas cifras indican un incremento na porcentaxe de crecemento de 0,8 por cento", indicou respecto diso Dei Lucca.

Destacou que no ano 2009 a porcentaxe de crecemento duplicouse en 1,8 por cento, números avalados polo representante en Venezuela da FAO, Alfredo Missair, quen tamén felicitou os esforzos do país en materia de nutrición.

Venezuela impulsa política socialista en materia alimentaria

Dentro dos compromisos inscritos nas metas do milenio, acordadas polos países do mundo e a Organización de Nacións Unidas para o ano 2015, despunta a redución, á metade, da porcentaxe de persoas famentas no mundo.

A partir de 1999, Venezuela impulsa unha política socialista a través dun conxunto de leis dirixidas a erradicar a fame na poboación e garantir o desenvolvemento agroproductivo da nación.

Desde o ano 2008 entrou en vixencia unha ampla lexislación en materia alimentaria. Sobresaen a promulgación da Lei Orgánica de Seguridade e Soberanía agroalimentaria; Lei de Saúde Agrícola Integral; Lei de Créditos para o sector Agrario; Lei do Banco Agrícola de Venezuela e a loita contra o latifundio.

Millóns de venezolanos tamén se alimentan todos os días de maneira gratuíta a través dos programas de alimentación escolar, atención de adultos maiores, persoas en situación de rúa e casas de alimentación.

Pola súa banda, a clase traballadora venezolana benefíciase a través das redes de distribución de alimentos, tales como Mercado de Alimentos (Mercal), Produtora e Distribuidora de Alimentos (Pdval), a Corporación Venezolana de Alimentación (CVAL) e a rede de Abastos Bicentenario.

Ali Abdessalam Treki, presidente do 64 período da Asemblea Xeral de Nacións Unidas, na súa visita á Caracas o pasado mes de xuño resaltou que Venezuela "logrou ser un modelo de paradigma para os demais países en aras de alcanzar os obxectivos do Milenio".

Para o presidente Hugo Chávez, a alimentación é un dereito humano inexorábel, razón de máix para a consolidación dun completo marco xurídico nesta materia, a creación de centros de abastecemento xustos e a nacionalización de empresas procesadoras de alimentos, que se atopaban fóra da Constitución Bolivariana, teñen o propósito de favorecer e facilitar cada día, o acceso á alimentación da poboación venezolana.

Nenhum comentário: