03/02/2011

Co PP na Xunta, Galiza bate o récord histórico de parad@s

Tirado de aqui. Logo da leitura da entrada é doado concluir que há condiçons objectivas para umha revoluçom falta um referente que impulsione e conforme a necessária massa crítica. Coido que a seguinte cita é bem apropriada:
"Isso desejam os que vivem nestes tempos mas nom nos toca a nós decidir quê tempo viver; apenas podemos elegir o quê fazer com o tempo que se nos dou" —Gandalf, personagem de O senhor dos anéis de J.R. Tolkien.
http://www.bng-galiza.org/opencms/export/sites/default/BNG/global/contidos/imaxes/novas/graficoparo.jpg_829420063.jpg
Récord histórico de desempregadas e desempregados en Galiza, baixo o goberno do Partido Popular. Desde que o paro se computa cos parámetros actuais (a serie histórica comeza en Xaneiro de 2005), o país non tiña tantas persoas activas no desemprego. 245.831 son as galegas e os galegos que non dan atopado traballo, logo de que Xaneiro concluíse con 8.518 paradas e parados máis en Galiza, o 3,59 por cento de incremento. O aumento é superior ao do Estado (3,19), o que consolida a tendencia negativa para Galiza. Desde que goberna Feijóo, Galiza lidera a destrución de postos de traballo no Estado.


Os dados de afiliación da Seguridade Social son aínda máis preocupantes. Baixamos xa longamente do millón de afiliadas e afiliados. Temos neste momento 982.407. En Xaneiro perdimos 15.367, o que representa un descenso no número de afiliadas e afiliados do 1,54 por cento. Aquí tamén a tendencia é pior que no Estado (onde o descenso foi do 1,27 por cento).

Haille que engadir a estes dados, para completar o cadro, o de que o 8 por cento dos lares galegos teñen todos os seus membros no paro.

En definitiva, é evidente que coas políticas económicas que seguen os gobernos da Xunta e do Estado non temos máis futuro que o de continuar a destruír riqueza e postos de traballo. É preciso un cambio e canto antes desas políticas.

http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/global/contidos/bnginforma/imaxes/carrabouxo-folgaxeral-pequeno.jpg


Nenhum comentário: