Redacción. O Índice Xeral de Produción Industrial (IPI) experimentou unha queda de 8'8% en setembro na Galiza con respecto a agosto, acumulando unha media de descenso do 7'5% no que vai de ano de acordo cos dados publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE). Así pois, só Canarias sofre un descenso maior (9'9%) en todo o Estado español.
O dado é alarmante e altísimo, máis tendo en conta que a media do retroceso interanual no Estado foi de 1'7%, dous pontos por baixo da taxa rexistrada no mes de agosto cando o indicador subira 0'3%. En setembro a variación interanual sitúase en -1'8% no conxunto do Estado o que, máis unha vez, indica que estamos lonxe de tocar fondo, que o Estado español ten un longo camiño de mudanza de modelo produtivo e que nin PSOE nin PP son capaces de pór os alicerces para que este se produza ao seguiren coa aplicación suicida das políticas de "austeridade".
O maior descenso prodúcese na demanda de bens intermedios (especialmente cimento, xeso, pedra e formigón) que rexistrou unha taxa anual de -4'8%. No eido da enerxía a taaxa interanual é de -2'3% e nos bens de consumo duradeiros a produción baixou 5'7% en relación ao mes de setembro de 2010.
Por comunidades as maiores baixadas rexístranse, para alén de Canarias (goberno Coalición Canaria e PP) e a Galiza, en Murcia (con goberno do PP) cunha caída de -8'6%. As comunidades mellor paradas son Extremadura, Cantabria e Castela e León.
Nenhum comentário:
Postar um comentário