O sábado 26 de marzo tivo lugar na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, a Asemblea Nacional Constituinte da nova organización do estudantado galego baixo o lema de “Estudando, loitando, construíndo” que finalmente terá como nome “Liga Estudantil Galega”, culminando un proceso de máis dun mes de intenso debate, diálogo e construcción no que definimos a liña político-organizativa na que enmarcaremos as nosas actuacións os vindeiros meses.
Nacemos con ilusión e forzas, dispostas e dispostos a combater por un ensino público, galego, antipatriarcal e de calidade, continuando o traballo iniciado por ERGA e os CAF. Embarcámonos nun proxecto que busca aglutinar a todo o estudantado nacionalista e combativo, para traballar polo ensino que o noso País precisa. Froito dun longo e constructivo debate, a Tese de Organización foi aprobada con tan só 1 voto en contra e 2 abstencións e a Tese Política foi aprobada cun só 1 voto en contra e 4 abstencións.
Dotámonos tamén dun Consello Nacional cuxa composición é a seguinte:
Adrián Dios [Universidade, Compostela]
Miguel Rodríguez [Universidade, Compostela]
Antón Castro [Universidade, Lugo]
Anxo Sánchez [Universidade, Coruña]
Sila Cela [Universidade, Pontevedra]
Celia López-Santos [Universidade, Compostela]
Laura Arjonilla [Universidade, Compostela]
Denís Vicente [Universidade, Compostela]
Saleta Chao [Universidade, Compostela]
Diotino Nóvoa [Universidade, Compostela]
David Vila [Ensino Medio, Lugo]
Víctor Giadás [Ensino Medio, Compostela]
Miguel Rodríguez [Universidade, Compostela]
Antón Castro [Universidade, Lugo]
Anxo Sánchez [Universidade, Coruña]
Sila Cela [Universidade, Pontevedra]
Celia López-Santos [Universidade, Compostela]
Laura Arjonilla [Universidade, Compostela]
Denís Vicente [Universidade, Compostela]
Saleta Chao [Universidade, Compostela]
Diotino Nóvoa [Universidade, Compostela]
David Vila [Ensino Medio, Lugo]
Víctor Giadás [Ensino Medio, Compostela]
E unha Comisión de Garantías cuxa composición é a que sigue:
Antía Comesaña [Universidade, Compostela]
Francisco Fra [Universidade, Compostela]
Maite López [Universidade, Compostela]
Bieito Barreira [Universidade, Compostela]
Raquel Vázquez [Universidade, Compostela]
Francisco Fra [Universidade, Compostela]
Maite López [Universidade, Compostela]
Bieito Barreira [Universidade, Compostela]
Raquel Vázquez [Universidade, Compostela]
Na sesión de clausura da Asemblea Nacional Constituínte da Liga Estudantil Galega tivemos a honra de contar coa presenza de diversas delegacións convidadas: CIG, CUT, Adiante, Isca!, MNG, SLG, A Trabe, AGAL e as Mocidades pola Normalización Lingüística; recibindo tamén un saúdo desde A Mesa pola Normalización Lingüística e a Fundación Galiza Sempre que non puideron asistir. Do mesmo xeito, presentouse un documento asinado por antigos membros de ERGA e dos CAF, apoiando este novo proxecto do nacionalismo estudantil e aprobáronse diversas resolucións que resumimos a continuación:
-Apoio á loita do pobo mapuche-Apoio á loita do pobo palestino
-Apoio á loita do pobo saharaui
-Procura dun monolingüismo defensivo como único xeito de pular pola normalización lingüística entre o estudantado do país.
-Oposición á Lei de Familia
-Oposición á Lei de Convivencia.
-Oposición ó modelo enerxético actual, cuns parámetros de crecemento insostibeis
-Oposición á Lei de Augas, que plantexa a privatización dun recurso que debe ser universal
-Apoio á loita sindical nacionalista
-Apoio ó pobo libio e firme condena da actitude das potencias occidentais na súa intervención a este país soberano por intereses económicos
-Apoio ás loitas antiimperialistas en América Latina de Venezuela, Ecuador, Bolivia, Nicaragüa e especialmente Cuba. Condena ao bloqueo económico que o imperialismo yanki leva a cabo durante os últimos 50 anos en Cuba.
Nenhum comentário:
Postar um comentário