Dean Baker. Artigo tirado de SinPermiso (aquí) e traducido por Revolta Irmandiña. Dean Baker é co-director do Center for Economic and Policy Research (CEPR). É autor de Plunder and Blunder: The Rise and Fall of the Bubble Economy and False Profits, Berret-Koehler Publishers, 2009.
Unha das singularidades dos resultados en Alemaña das recentes eleccións e noutras partes de Europa é a subida do partido Pirata. Esta formación recibiu o 7,8% dos votos en Renania-Westfalia onte (14 de maio), sendo o cuarto estado alemán onde ten o necesario apoio electoral para entrar no parlamento. Tamén alcanzou os votos suficientes para conseguir escanos no parlamento europeo. Espérase de forma xeneralizada que o partido Pirata supere o limiar do 5% nas eleccións alemás xerais do próximo ano, o que permitiría que entrase no parlamento nacional.
Como moitos dos novos e rapidamente crecentes partidos, o partido Pirata ten un programa ideado a medio facer e indubitabelmente supón moitas cousas diferentes para diferentes partidarios. Con todo, un obxectivo claro é apoiar a liberdade en Internet. Iso quere dicir unha rebelión contra os esforzos gobernamentais para rastrexar aos usuarios e limitar as descargas da rede.
Na cabeza da lista dos demos do partido Pirata está acertadamente a protección dos dereitos de autor. A protección dos dereitos de autor é unha reliquia anticuada da Baixa Idade Media sen sentido na era dixital. É disputábel se algúns monopolios concedidos polo goberno foron sempre a mellor maneira para financiar a produción do traballo creativo e artístico, mais agora que Internet permite que este material sexa descargado instantaneamente a custo cero en calquera parte do mundo, os dereitos de autor son claramente unha restrición contraproducente para a tecnoloxía.
Como sabe todo aquel que cursase unha clase introductoria de economía, o mercado traballa mellor cando os produtos se venden ao seu custo marxinal. O que quere dicir que maximizamos a eficiencia cando a música rexistrada, as películas, o vídeo-xogos e o software están dispoñíbeis para os utentes a custo cero. Os honorarios que o goberno permite que impoñan os beneficiarios dos dereitos de autor crean distorsións económicas no mesmo sentido que os aranceis sobre os carros ou a roupa de importación levan así mesmo distorsións económicas.
A grande diferenza é que as distorsiones da protección dos dereitos de autor son moito maiores. Mentres que os aranceis sobre carros e roupa raramente exceden do 20-30%, o custo adicional imposto pola protección dos dereitos de autor é o enteiro prezo do produto. Os filmes que serían libres nun mundo sen protección dos dereitos de autor poden custar 20 ó 30 dólares. O mesmo vale para o vídeo-xogos, e o prezo do software protexido polos dereitos de autor pode dispararse en milleiros de dólares.
En total, centenares de miles de millóns de dólares ao ano flúen desde nós cara a aqueles monopolios cos dereitos de autor concedidos polo goberno, como Disney, Estafe-Warner e Microsoft. Este fluxo de diñeiro canalizado polo goberno empequenece o tamaño das cuestións que quentan aos políticos de Washington, como é o caso do recorte feito por Bush de impostos aos ricos.
Claro que necesitamos pagar aos traballadores creativos, mais debemos buscar mecanismos máis eficientes, onde unha maior porcentaxe do custo sufragado publicamente termine nos petos dos traballadores. Xa existen algunhas alternativas. Hai moito traballo creativo nos Estados Unidos e ao redor do mundo que é apoiado directamente polos gobernos ou por organizacións privadas sen ánimo de lucro. Desta maneira, escritores, músicos e outros traballadores creativos son remunerados polo seu traballo no tempo en que o realizan. Non é necesaria ningunha protección de dereitos de autor.
Con todo, necesitariamos claramente moito máis financiamento se se perde o fluxo do diñeiro da protección dos dereitos de autor. Unha posibilidade é un comprobante de liberdade artística. Trátase dun crédito fiscal reembolsábel de ao redor de 100 dólares que cada persoa podería usar como apoio ao traballador(é) creativo(s) da súa elección. Sería algo similar á dedución fiscal por beneficencia, agás que sería un crédito. A condición para a obtención do diñeiro é que o traballador non estaría autorizado para obter unha protección dos dereitos de autor durante un certo período de tempo (por exemplo, cinco anos).
Un programa como este debería xerar unha grande cantidade de material que podería ser accesíbel libremente en todo o mundo. Os poderes do goberno xa non serían utilizados para atascar Internet, e poderiamos ver o final de desastres lexislativos, como a lei de alto á pirataría por Internet (Stop Online Piracy Act), que pretende converternos a todos en vixiantes dos dereitos de autor.
Tamén necesitamos novos mecanismos para apoiar o desenvolvemento do software. Aquí tamén hai unha grande cantidade de software que se desenvolve ano tras ano que non depende de ningunha protección dos dereitos de autor. Moito deste material é software de encarga para compañías específicas. Outro software está explicitamente creado para ser de libre disposición para todos.
O desenvolvemento dos mellores mecanismos para apoiar ao traballo creativo achegará máis pensamento e máis debate. Pero xa hai moito tempo que deberiamos iniciar este proceso e que deberiamos librarnos dun sistema de dereitos de autor anticuado e sen futuro.
O partido Pirata fixo unha contribución enormemente importante para este proceso. Aínda que é pouco probábel que se converta nunca nun partido dominante en Alemaña ou en calquera outro lugar de Europa, pode axudar a remodelar a axenda política no mesmo sentido que o partido Verde fíxoo fai máis de tres décadas.

Nenhum comentário:
Postar um comentário