16/12/2011

A bancocracia española gaña 9.328 millóns de euros

Redacción.





O control do poder económico sobre o binomio político-mediático nunca fora tan exacerbado como nos tempos presentes de ultraliberalismo rampante e de socialización das perdas. Nunca se manifestara tan claramente a falta de vergoña na cara de banqueiros e os seus corruptos mercenarios nas institucións "democráticas" burguesas. Nunca fora tan evidente que a democracia é un cascarón baleiro que encobre unha mal disimulada plutocracia. Mentres a crise deixa millóns de cidadáns en paro, a milleiros sen vivenda, á mocidade sen futuro, sen pensións e sen servizos sociais - e así seguido-, mentres todo isto acontece dicimos, os bancos laíanse porque "gañan menos". 

O desempregado de longa duración non gaña nada e 11'4% dos traballadores do Reino de España viven en risco de pobreza, por non falarmos da ofensiva contra os traballadores en Grecia e por toda a parte, con dez millóns de cidadáns do Estado vivindo con menos de 500€ ao mes, moi longe dos millonarios bonus dos grandes banqueiros do Reino, os mesmos que nos din que "apretemos el cinto" e que "vivimos por encima de nuestras posibilidades". Só a SICAV (en realidade de inversión libre) de Rosalía Mera, a antiga compañeira de Amancio Ortega e parceira do imperio INDITEX, alcanza un patrimonio de 311 millones, porén 94%  invírteo no exterior.

Vimos de coñecer de man da imprensa do Reino que a bancocracia española obtivo un BENEFICIO NETO conxunto de 9.328 millóns de euros entre os meses de xaneiro e setembro (15'4% menos que no mesmo período se 2010 por mor da contracción do crédito e do aumento da morosidade, que se sitúa en 4'67% porriba dos 4'27% que había en setembro de 2010). A AEB (Asociación Española da Banca) non inclúe nestas contas as do Banco Valencia, ao ser intervido polo Banco de España con diñeiro público en 21 de novembro.

No entanto, os novos señores feudais non poden deixar de gañar e piden renovar o seu dereito de pernada. Así, demandaron "reformas efectivas" que corrixan o déficit público e permitan a economía gañar "competividade", que na súa xerga non é máis que contaer aínda máis os salarios, e así evitar a "recesión";  nunha estratexia que os banqueiros lúcidos recoñecen como suicida.

Um comentário:

AFP disse...

http://www.publico.es/dinero/412525/botin-estoy-convencido-de-que-el-gobierno-del-senor-rajoy-lo-hara-muy-bien