03/11/2011

O paro medra 380% nos servizos sociais na marabillosa Galiza de Feijoo e na ainda melhor España de ZP

Redacción.



O paro inzou en 380% interanual en outubro no sector dos servizos sociais, froito dos recortes da Xunta de Galiza. Concretamente 40% en sanidade, 20% en residencias para persoas dependentes na Galiza. No desemprego xeral este inzou na Galiza un 3'96% como se deu a coñecer a pasada quinta feira o Ministerio de Traballo do Estado español. 

A política da "austeridade" está apañando froitos. No conxunto do Estado o desemprego medrou 27% en outubro nas áreas onde se efectúan os recortes, especialmente os que desenvolven as comudidades autónomas e os concellos, frente ao 3'17% do indicador xeral do paro segundo o ministro de traballo do PSOE, Valeriano Gómez. Deste xeito, administracións públicas, sanidade e servizos sociais alimentan 24.535 desempregados do total de 134.182 novos desempregados do mes de outubro.

Así as cousas, nas administracións públicas rexístrase un incremento de 47%, máis 15% en sanidade, 14% nas residencias de atención a dependentes, e un tremebundo 101'41% nos servizos sociais sen aloxamento.

Os datos revelan amais que os recortes especialmente intensos dalgunhas comunidades afectan moito ao desemprego nos sectores indicados: 1.933% na Asturies de Cascos (Foro Asturias, ex-PP), 633% na Comunidade de Madrid de Esperanza Aguirre (PP), 380% na Galiza do Habichuela, 360%  en La Rioja de Pedro Sanz (PP), 287% en Baleares (PP), 232% na Catalunya de CiU, 182% na Castela-La Mancha de Dolores de Cospedal (PP), 33% en Canarias (Coalición Canaria e PP) e 20% no País Valencià (PP).

Xa que logo, o desemprego inzou na sanidade 181% en Asturies, 56% en Cantabria, 53% en Navarra, 40% na Galiza e Balears, 25% en Andalucía, 12% en Aragón, 9% en Catalunya, 8% en Castela e León, 7% en La Rioja, 6% no País Valencià e 3% en Madrid. Nas administracións públicas 285% en Madrid, 263% en Catalunya, 54% en Cantabria, 42% en Aragón, 41% en Castala-La Mancha, 39% nas Illes Balears, 28% en Murcia e 17% en Extremadura. No tocante ás residencias para dependentes o paro aumentou 62% en La Rioja, 46% en Catalunua, 40% en Extremadura, 31% en Murcia, 20% na Galiza, 14% en Castela-La Mancha e 18% en Madrid.

Canto á contratación de profesores, o Ministerio de Traballo fala dun recorte na contración de profesores de 52% en Balears, 50% en Extremadura, 37% en Catalunya, 34% en Castela e León e 16% en Asturies.

Nenhum comentário: