11/10/2012

Nota de imprensa referente ás agresións ao compañeiro Jon, nº4 de Alternativa Galega de Esquerdas por Ourense por parte da policía nacional



O candidato de AGE Jon Sáez García brutalmente agredido pola policía cando asístía á manifestación estudantil de Ourense



Este mediodía, o compañeiro nº4 da candidatura de Ourense, Jon Sáez García, estudante do último curso de Ciencias Políticas e membro de EU, asistía con centos de estudantes, a maioría menores de idade, á manifestación convocada polos sindicatos estudantís contra os recortes no ensino.

Cando se atopaban diante da biblioteca pública de Ourense, na R/Concello, un grupo de policías comezaron a mallar indiscriminadamente en varias persoas, menores incluídos. A peor parte levouna o noso compañeiro Jon que recibiu golpes en pernas, brazos, no pulso e nun ollo, e sendo esposado coma se fora un criminal. Inmediatamente foi trasladado ás urxencias para ser atendido das diversas contusións que ten por todo o corpo.

Despois de solicitar o correspondente parte de lesións, o noso compañeiro atópase na asesoría xurídica para apresentar a correspondente denuncia de agresións e tomar as medidas que consideremos necesarias para a correspondente asunción de responsabilidades.

Desde AGE amosamos o noso apoio e solidariedade co compañeiro que foi agredido brutalmente só por exercer o seu dereito de manifestación de xeito pacífico, como así o estaban a facer centos de rapaces e rapazas, a maioría menores de idade,  que protestaban pacíficamente contra os recortes no ensino público e pola defensa dun ensino gratuíto, público e universal. Do mesmo xeito, denunciamos públicamente estes feitos máis propios do fascismo e de momentos históricos que as rapazas e rapaces que se manifestaban non coñeceron nunca.  Anunciamos tamén, que AGE atópase neste momento apresentando a correspondente denuncia, e esiximos a inmediata dimisión do subdelegado do goberno en Ourense, así como das/os responsables do PP ante feitos desta gravidade.
Alternativa Galega de Esquerda-Ourense
Postar um comentário