08/05/2013

As traballadoras mozas en China: buscar unha vida mellor

Jennifer Cheung. Artigo tirado de SinPermiso (aquí). Tradución de Á Revolta entre a mocidade.


Unha tarde, á saída do traballo nunha fábrica de propiedade nipona no delta do río Pelra, unha muller moza entrou no Centro de Mulleres Traballadoras "Xirasol" e recolleu varias copias do boletín de novas do centro: "Vouno repartir entre as miñas irmás na fábrica" dixo con frachenda.

Era véspera do 8 de marzo, dia internacional da muller, e o boletín oferecía historias sobre a orixe do día da muller e porque as mulleres traballadoras na CHina poden tomarse o día libre. Outras historias incluen o diario de dúas mozas traballadoras industriais, unha interpretación pedagóxica da lexislación laboral, e a convocatoria dun seminario de formación sobre negociación colectiva.

O centro Xirasol creouse o pasado ano, pola moza traballadora Hong Mei, emigrante da provincia central de Hunan, que sufriu unha ferida grave no brazo mentres operaba unha máquina perigosamente anticuada nun taller familiar en Guangdong. Hong Mei tivo que loitar moito tempo co seu chefe para obter unha indemnización minúscula. Amais, ningunha outra fábrica na zona a contrataría debido a súa minusvalía. Sabía que moitas outras mulleres sufriran destinos semellantes e decidiu crear unha organización que pudese servir de plataforma para que as traballadoras partillen as súas experiencias e reciban formación.

Após tres décadas de reforma económica e de desenvolvemento, as mozas traballadoras teñen aínda por diante un longo camiño que percorrer na China para conseguir un ordenado digno por un traballo decente. Os salarios subiron até certo punto, mais carecen de moitos beneficios sociais. Segundo unha enquisa realizada pola Oficina Nacional de Estatística en 2011, só unha pequena minoría de mozas traballadoras emigrantes teñen seguridade social (7'6% unha pensión, 21'8% seguro de accidentes, 12'9% seguro médico, 4'1% seguro de desemprego). Por volta de 50% non ten contrato de traballo e realizan con frecuencia traballos perigosos.

As mozas traballadoras son en moitos sentidos moi diferentes da xeración das súas mais. Aínda teñen que emigrar do campo a traballar moitas horas por pouco salario nas fábricas do sur, mais medraron na era de Internet, comen no McDonald's e teñen teléfonos intelixentes. Están fachendosas da súa identidade, son conscientes dos seus dereitos e o suficientemente valentes como para actuar en consecuencia.

A xeración das súas mais a miúdo non tiña máis remedio que soportar condicións de explotación terríbeis, mais as rapazas de hoxe poden protestar e protestan contra a explotación nas fábricas. Arredor de 20% das protestas obreiras que China Labour Bulletin rexistrou no noso mapa de greves este ano tivo lugar en fábricas onde a maioría dos traballadores son mulleres. As mulleres atópanse tamén entre os traballadores máis activos á hora de colgar información en Internet sobre as greves e as protestas e buscar asistencia legal para os problemas do traballo.

Dous dos principais problemas aos que se enfrentan as mulleres mozas no lugar de trabalo hoxe en día son a discriminación de xénero e o acoso sexual. A discriminación de xénero é xeralizada e amplamente aceptada no lugar de traballo. Os empresarios adoitan perguntar no proceso de selección ás traballadoras cales son os seus plans familiares ou até lle exixen que acepten condicións contractuais ilegais, que se sometan a probas de gravidez ou se comprometan a respectar estritas condicións repecto aos seus plans de matrimonio e gravidez.

Un inquérito realizado pola Academia China de Ciencias Sociais en 2010 mostrou que 40% das mulleres empregadas en empresas estranxeiras ou joint ventures, foran obxecto de acoso sexual, e esa cifra elevouse a 70% no sector servizos. A moitas vítimas costalles moito falar e iniciar accións legais, o que demostra que a loita contra o acoso pode ser moi difícil. Aínda que o Consello de Estado no pasado maio incluíu a prevención do acoso sexual no regramento especial sobre as mulleres traballadoras, os críticos din que aínda non se aplicaron efectivamente.

As mullere, ao igual que os seus compañeiros masculinos, estanse dando conta que algúns temas relacionados co traballo poden ser resoltos a través da presión colectiva. O ano pasado, por volta de 600 mulleres traballaras en Yanlian Industrial en Shaanxi lograron presionar ao xigante petroleiro estatal a abandonar un plan para reclasificalas como traballadoras temporais, privándoas da seguridade no emprego que actualmente disfrutan.

No entnto, de acordo con Jia Jun, unha das fundadoras do centro Xirasol, casos así de solidariedade entre as mulleres traballadoras son relativamente raros:

"As traballadoras adoitan achegarse a nosoutras individualmente, queixándose da súa situación, ou procurando concello legal. Se non ven unha mudanza de situación de inmediato, a miúdo márchanse en vez de falar destes temas comúns con outras irmás".

O alvo do centro Xirasol é en grande medida a acción colectiva e a solidariedade. Jia Jun explica:

"Intentamos explicarlles o concepto de negociación colectiva, un mecanismo dinámico a través do cal participarían na dirección da fábrica e poden negociar cos seus chefes salario e condicións de traballo. Animámolas a pensar que se non mudan as cousas xuntas, enfrentaranse aos mesmos problemas noutras fábricas, mais a maioría das irmás aínda preferen marcharse, nunha protesta silenciosa".

A escasa de man de obra no sector manufactureiro significa que é relativamente doado para os traballadores procurar un traballo mellor noutra empresa se non están contentes, o que provoca unha alta rotación de persoal e dificulta os esforzos do centro Xirasol para impulsar a negociación colectiva. Como di Jia Jun:

"Lévanos moito tempo formar as líderes das traballadoras, que sexan moi conscientes dos dereitos colectivos e se sintan cómodas falando e persuadindo ás súas irmás. Porén con demasiada frecuencia abandonan a fábrica á procura dunha mellor formación e unha carreira mellor".

O desexo de progreso persoal é unha das características máis nota´beis das traballadoras mozas de hoxe. Como explica o sociólogo Wang Lie: "Se emigrar, remeter cartos, e volver son os tres conceptos chave que difinen á vella xeración; emigar, buscar e chegar a ser son as tres preocupacións principais da nova xeración".

Se ben o centro Xirasol traballa cos traballadores para promover a negociación colectiva, outra organización, Business for Social Responsibility (BSR) faino cos empresarios para fomentar a comunicación entre directivos e traballadores. Un dos estudos de campo no sur da China ensina que despois da capacitación, os xerentes poden comprender mellor as necesidades das mulleres traballadoras en particular, e as traballadoras séntense máis respectadas polo directivos da empresa.

Aínda que teñen enfoques diferentes, un de abaixo para arriba, outro de arriba para abaixo, tanto o centro Xirasol como o BSR esfórzanse por axudar ás mulleres mozas a obter un traballo decente e un ordenado digno. E a pesar das dificuldades e contratempos, Jia Jun no centro Xirasol, di son optimistas porque acreditan que a situación vai mudar para mellor.

Nenhum comentário: