17/03/2010

Retrato do colonizado: retrincos e glosas II e III




Retrato do colonizado: retrincos e glosas II


Pois hoxe, ano de des-gracia do 2010, a brigada de demolicións e limpeza étnica empoleirada na Xunta de Galicia ven de eliminar o requisito de saber galego para ser profesor/a no ensino medio público e oficial dunha "comunidade autónoma" que no seu Estatuto declara ao galego idioma co-oficial... e "propio de Galicia". Daquela, quen ousará dicir que son exóticas ou extemporáneas as referencias tunesinas do Memmi no seu retrato da "escola do colonizado"... galego?. Xa sei: si, os bífidos glotófagos da Rediez. E o ágrafo brigadier do ocaso do ensino de oucidente, tamén. "Porca miseria"! -en italián, pesia a aparéncia...

Ler mais aqui.

Retrato do colonizado: retrincos e glosas III

E para rematar, permitídeme que sexa desta volta eu mesmo quen escribe, en 1967: "A "forma" vixente no mundo rural galego caracterízase por unha radical escisión en dous tipos de institucións incomunicadas e adoito inconciliábeis entre si: as entrañadas na comunidade campesiña (...) e agromadas como froito e esixéncia da vida da comunidade de base, e as superpostas como instrumento de penetración e control pola sociedade esterior a ese mundo rural. (...) Algo semellante ao que acontece nunha estrutura colonial, coa que en tantos aspectos ten puntos de contacto a realidade social e económica da Galiza". (...) "Por unha banda, as institucións "importadas" non casan coas estruturas mentais e sociais preexistentes -nen sequer, en casos moi decisivos, se adecúan ao soporte físico da comunidade. Por outra banda, áchanse en conflito declarado coas institucións aboríxens. Deste xeito, as enerxías sociais volatilízanse nunha estéril tensión que mirra crecemento e desenvolvemento".
Esta presada de citas abrangue século e meio de denúncias desalienadoras e combate auto-descolonizador até hoxe mesmo. Mais hoxe, a diferéncia da Tunisia de Albert Memmi, eiquí a opresión colonial inda dura; e os síndromes da doenza están arestora a se recrudecer enmascaradas en novas metamorfoses, se cadra aínda máis sofisticadas, ruíns e perversas.

Ler mais aqui.

Nenhum comentário: