Publicamos esta nova en relación co feche do único xornal diario en galego, Galicia Hoxe, que hoxe desaparece dos quioscos após unha frutífera andaina e por falla de apoio social e institucional (por volta de 50% das axudas da era Fraga mentres que La Voz de Galicia, La Región e outros xornais que nada fan polo galego, e si moito polo Partido Popular e pola creación de "bo senso" reaccionario van recibir só de Medio Rural máis de un millón de euros tal e como informaba o último Novas da Galiza. Así pois, desaparece tamén o suplemento en papel de Altermundo, se ben seguirimos contruíndo pensamento crítico e informando desde a rede... E quen sabe, máis cedo que tarde voltaremos para espallar en papel un pensamento crítico e militante que raramente pode nin sequera rastrexarse nas canles informativas convencionais.
Foron 644 páxinas de xornal. 4 anos. 70 números en dúas etapas, unha mensual e outra semanal, que comezaron a se editar o 20 de Maio de 2007, recén chegado Xosé Manuel Beiras do Foro Social Mundial de Nairobi. Con iso comezamos. Hoxe, co peche de Galicia Hoxe pechamos tamén esta etapa marabillosa, na que de xeito insólito a prensa galega contou co único suplemento, se cadra a nivel mundial, dedicado aos movementos antiglobalización e antisistémicos, ao altermundismo no seu sentido máis amplo. Resucitaremos nalgures, porque hai demasiadas cousas que contar, demasiadas inxustizas que denunciar e demasiada dignidade que transmitir. Graciñas aos centos de persoas que escribíchedes nestas páxinas.
ALTERMUNDO, como portal electrónico de información alternativa, nacera un par de anos antes de irmanarse con Galicia Hoxe, coa intención de achegar aos seus lectores e lectoras unha outra visión do mundo, unha outra análise que, xurdida das reflexións e accións de milleiros de persoas que no mundo traballaban en rede por un outro mundo posíbel, tiña o seu principal piar nos movementos sociais e en procesos que levaban xa case unha década mudando o ambiente ideolóxico do planeta, como o do Foro Social Mundial. En resumo, o altermundismo ou altermundialismo, os movementos antiglobalización e os movementos antisistémicos. En definitiva, a xeración colectiva dun, ou varios, altermundos, ou dun mundo feito de moitos mundos, como diría o sub Marcos, dende un compromiso irrenunciábel, a lingua galega en calquera que fose a súa variante normativa. Isto tamén é normalización.
Rachando a lóxica doutras experiencias informativas, ALTERMUNDO fixo un camiño de volta. Chimpou da rede ao papel, e non ao revés, grazas a unha morea de persoas que creron nun proxecto autónomo e horizontal de contar o mundo dende a reflexión e dende Galiza. Autónomo porque Galicia Hoxe o acolleu sen se meter nunca na súa liña editorial –un atreveríase a dicir que mesmo concordando e evoluíndo con ela–; e horizontal porque as súas páxinas se puxeron ao servizo de moitos movementos sociais que precisaban e precisan canles fiábeis, serias e mesmo estéticas de comunicación nun mundo que está dominado por unhas poucas empresas e que, xa que logo, lles é hostil, mais tamén antitético.
Efectivamente,ALTERMUNDO non tivo redactores propios alén dun miúdo equipo de coordinación e un consello asesor que lle forneceu de contidos por medio dunha manchea de contactos. As páxinas enchéronnas membros de colectivos e movementos sociais, persoeiros do altermundialismo de aquí e acolá e tamén moitos medios libres do planeta, especialmente do mundo da lusofonía, cos que ALTERMUNDO se foi relacionando estes anos. Rebelión, Adital, Alai, Le Monde Diplomatique Brasil, Ciranda, Carta Maior, Viento Sur, Basta!… foron parceiros dun proxecto que se chegou a coñecer ben alén do país das galegas e dos galegos, e que en 2009 chegaba a participar na declaración final do Foro Mundial de Medios Libres, celebrado días antes do Foro Social Mundial de Belém do Pará (Brasil).
Ao pé das súas contraportadas figuran algúns, pouquiños, dos nomes das persoas que fixeron viábel ideoloxicamente o proxecto en papel de ALTERMUNDO, e o proxecto que hogano seguirá a sobrevivir na rede. Inevitábel, malia que posibelmente inxusto, salientar algunhas.
Na orixe este suplemento non tería agromado sen as autoestradas de información e pensamento que se espallan baixo a lúcida cabeleira branca de Xosé Manuel Beiras, que na súa morada de Aguiar, na doce Reboraina que daquela coidaba o can Trebón, nos fixo dar os primeiros pasos. E logo estivo o Caetano, director de GH, cuberta indispensábel e un privilexio de asesor. Tamén amigo. Carlos Taibo, un xenio sempre disposto para cos de abaixo; Carmen Carballo, unha heroína; Marga Tojo, a intelixencia en letra; Xabier Macías, a cordura necesaria; Xabier Simón, Rebeca Fernández, Xulio Ríos e todos e todas as que hoxe forman parte dun Consello Editorial renovado hai escasos meses… Tamén descubrimos algún xenio da palabra, como David Rodríguez, o noso funambulista coxo, e confirmamos outros, como Alfredo Iglesias, así como incorporamos nos últimos meses parte do zume ideolóxico do país, con Raúl Asegurado, Antom Fente, Xoán Hermida, Ana Miranda, Roberto Mansilla, Lupe Ces, Xoán R. Doldán, Manuel Casal Lodeiro, Tone ou Miguel Anxo Fernán Vello.
Foron os primeiros nomes dun equipo que hoxe supera as 300 persoas de todo o mundo e co que enchemos 644 páxinas, tabloides, de análises, laídos e alternativas a este mundo economicista, inxusto en pensamento e salvaxe en acción, que só pretendemos ir mudando aos poucos. Cadaquén como poida. No entanto, só morre un anaco, un marabilloso anaco de todo canto nos queda por facer.
Por último, o Suplemento Horizontal Altermundo nunca tería existido sen o compromiso con que o coidaron moitos dos traballadores e traballadoras de Galicia Hoxe, hoxe desgrazadamente na rúa, así como alguns técnicos de Editorial Compostela. Non tería existido sen Marga, sen Rebeca, sen Miguel, sen Romina, sen Rosabel, sen Antón, sen Fran, sen Sela, sen Ignacio… sen tantos outros.
Foi un doce sono ao que dedicamos en corpo e alma os últimos catro anos. Mais seguiremos informando, coma sempre, dende abaixo e á esquerda, onda o corazón.

Nenhum comentário:
Postar um comentário