É posíbel outro mundo? Existe algunha alternativa para superar a intoxicación consumista que nos está conducindo cara unha eterna insatisfacción e infelicidade? Para o autor no só é posíbel, senón indispensábel e urxente. Un mundo no que se contrapoñan: á mentira sistemática e universal do sistema capitalista –potenciada e difundida polo poder mediático, o cuarto poder –, unha información veraz extendida polo quinto poder da información alternativa; a un crecemento competitivo e egoísta, explotador da natureza e do ser humano, un decrecemento feliz do Norte, cooperativo, respetuoso coa nai terrae cos nosos conxéneres; e a unha degradación do desenvolvemento humano e a un decrecemento social – como consecuencia dun quimérico crecemento económico indefinido –, un desenvolvemento humano onde o home e a muller consigan ser felices ao colmar as nove necesidades humanas descritas por Max-Neef – afecto, subsistencia, protección, entendemento, participación, ocio, creación, identidade e liberdade – .
Este libro é o segundo dunha triloxía que comenzou con El crecimiento mata y genera crisis terminal (Los Libros de la Catarata, 2009), e que concluirá con El crecimiento económico mesurado y el desarrollo humano en el Sur.
* Crítica do libro por Iván Prado (aquí).
* Resposta do autor á crítica (aquí).
Nenhum comentário:
Postar um comentário