Que manda truco que agora lle veñan coa andrómena do trilingüismo a un povo no que a xente do común do meu tempo xa foi trilingüe ou mesmo tetralingüe á forza, e ben sabe o que é iso: ter que aprender idiomas que non son o seu pra lles falar en cadansua lingua aos amos de acó e de aló, de dentro e de fóra, que os amos nunca se rebaixan a aprenderen o dialecto dos servos, faltaría máis, falaren os señoritos a "lingua proletaria do meu povo", que dixera o Celso e arrepuxéranselle os ananos todos do país, como fan os de agora, vade retro.
* Ler máis aquí.
Nenhum comentário:
Postar um comentário