Fai máis de catro décadas que Susán George (Ohaio, 1934) avoga por outro mundo, tan globalizado como o actual, pero máis solidario é sostible. Fundadora é presidenta de honor da organización altermundista ATTAC, sostén que aínda non vimos o peor da crise. “A desfeita actual é a antesala dun fenómeno máis grave”, asegura George, extremadamente crítica coa xestión que levaron a cabo os gobernos e as organizacións internacionais. Instalada en Paris dende os anos sesenta, hoxe preside o Transnational Institute, con sede en Amsterdam. Georges é Licenciada en Ciencias Políticas e en Filosofía, e é doutora en Ciencias Políticas pola prestixiosa Ecole des Hauts Études en Sciencies Sociales (EHESS) de París. Algúns dos seus libros, como Informe Lugano (Icaria 2007) e Outro Mundo é posible si… (Icaria 2007) resultaron fundamentais para o movemento altermundista. Agora ultima un novo volume sobre a crise.
Cal é o seu diagnóstico a situación actual, máis dun ano e medio despois da quebra de Lehman Brothers?
Antes de nada, que abramos ben os ollos. Parece que soamente asistimos a unha crise financeira, porque é a única que ocupa as portadas dos xornais. En realidade, esta crise eclipsa outras igualmente graves. Por exemplo, unha crise social provocada polas crecentes desigualdades. E unha crise ecolóxica que habería que resolver con urxencia. Non nos deixemos enganar: que a bolsa se estabilice non significa que remataran tódolos problemas.
Como valora as medidas adoptadas polos gobernos de todo o mundo?
Os que nos gobernan non entenderon nada. As axudas gobernamentais favoreceron a unha ínfima minoría. O G20 tentou volver a situación anterior a crise o máis rapidamente posible. O máis escandaloso é o que os bancos recibiron centos de miles de millóns de euros sen ningunha contrapartida, sen ningunha obriga a cambio.
Que se debería ter feito?
Hoxe estamos ante un sistema estruturado en catro círculos concéntricos. Por esta orde, as finanzas -que o engloba e determina todo-, seguidas da economía, a sociedade e o medio ambiente. Eu creo que habería que inverter esta xerarquía. O medio ambiente debe ocupar o primeiro lugar, porque é imposible loitar contra a natureza. A economía e as finanzas deben estar ao servizo da sociedade e non ao revés. Habería que empezar nacionalizando os bancos. Non se trata só de facer que o executivo os xestione, senón de obrigalos a conceder créditos, que deberían ser un ben público, en especial ás empresas ou aos particulares con proxectos ecolóxicos. Nos anos cincuenta, a metade do crédito ía destinado ás finanzas e outra metade á economía real. Hoxe a proporción é dun 80% para as finanzas e un 20% para a economía real. Como imos facer xirar o mundo con eses valores.
Diría que se produciu un retorno ao proteccionismo e a regulamentación despois de moitos anos de libre cambio sen freo?
En absoluto. Considero que o proteccionismo foi mínimo. Incluso o Director Xeral da OMC [Organización Mundial do Comercio], Pascal Lamy, recoñeceuno. As medidas que se adoptaron non tiveron ningunha influencia sobre o libre cambio a escala global. De acordo, o comercio reduciuse, pero so porque o consumo descendeu: a xente non ten cartos e, conseguintemente, tende a comprar menos. O estado adoptou iniciativas, pero isto non é sinónimo de proteccionismo. O que fixeron os estado foi atopar os cartos, pero endebedándonos a todos, especialmente aos máis mozos. A veces parece que esquecemos que os cartos non can do ceo…
Historicamente, os momentos de crise serviron para facer avances sociais. Esta crise tamén o permitirá?
Non me parece moi probable. Durante a gran Depresión dos anos tinta, si que ocorreu, pero só porque en Estados Unidos tiñan a unha persoa como F. D. Roosvelt de Presidente. Por desgracia, Obama non é un novo Roosvelt. Impresiónano os poderosos, mentres que Roosvelt non se deixaba intimidar, tal vez porque procedía da mesma clase social ca eles. Sabían que eran depredadores. Roosvelt pronunciou unha frase que me marcou: “Esta clase social gárdame xenreira. E eu estou orgulloso do súa xenreira”. Obama xamais podería dicir algo así. Non sabe imporse e limítase a facer discursos bonitos. A miña teoría é que non haberá ningún progreso social, que o paro seguirá aumentando e que os plans de estímulo non terán ningún impacto a largo prazo.
Obama brindou o seu apoio implícito ao “New Deal verde” que vostede propuxera en 2007.
Si, moita xente utilizou esta expresión ultimamente, entre eles Obama. Aínda así, por desgraza, ninguén se atreve a pasar a acción. Temos que intervir de forma masiva na economía verde, comezando pola industria do automóbil, o transporte público e o desenvolvemento de enerxías sostibles. Non so polo respecto ao medio ambiente, senón tamén porque sería unha fonte de ocupación non deslocalizable a Asia.
Este xiro verde será suficiente para frear a deriva do capitalismo financeiro?
Sería un primeiro paso importante, que debería ir acompañado da instauración da taxa sobre as transaccións financeiras -a chamada Taxa Tobin-, o aumento da presión fiscal sobre as multinacionais e a reforestación nos estados do sur, a cambio da anulación da débeda. E o máis importante: o cerre definitivo dos paraísos fiscais. No día de hoxe oito millóns de persoas posúen 37,8 billóns de dólares. O problema non é que haxa diñeiro no mundo, senón que está agochado.
Diría que a irrupción desta crise acelerou a tendencia cara a chamada desglobalización, por utilizar o termo do seu colega Walden Bello?
Ocorreron cousas que poden indicalo. En América Latina apareceron organizacións como a ASBA [Alianza Bolivariana para as Américas]. E os países asiáticos acercáronse uns aos outros e comezan a negociar a creación dunha moeda única para todo o continente. A crise fai avanzar a tendencia dos derradeiros anos a certa rexionalización, pero, en todo caso, paréceme moi pronto para falar de desglobalización. Cando a inversión volva aos niveis anteriores á crise, todo será exactamente igual que antes. Os países máis fiables seguirán gañando a partida.
No ano 2001, en pleno Foro Social de Porto Alegre, sostivo que non desexaba a chegada do chamado accidente global, utilizando a expresión do filósofo Paul Virilio, porque viría “acompañado dun enorme sufrimento humano”.
Paul Virilio cre que aínda non estamos nesa situación, que chegará outro episodio aínda máis grave. E eu estou bastante de acordo con el: aínda non vimos o peor. De tódolos xeitos, non estamos moi lonxe do que Hobbes chamaba “a guerra de todos contra todos”. A loita de clases segue sendo perfectamente vixente. Os ricos son cada vez máis ricos e os pobres, cada vez máis pobres. As diferenzas volvéronse case obscenas, ate o punto que sería necesario por en marcha un debate sobre as diferencias de remuneración. Si o traballador do último chanzo da xerarquía recibe 1.000 euros mensuais, é xusto que un dirixente reciba 50.000? En Estados Unidos, un xefe de empresa gaña entre 400 e 500 veces máis que un obreiro de base. Os cidadáns están furiosos e indignados, e con razón. Para solucionar a crise, recompensouse aos culpables e fíxose sufrir aos inocentes.
Asistimos ao fracaso definitivo do estado do Benestar?
A miña xeración estaba convencida de que o Estado-Providencia era unha conquista dos países ricos que os países pobres irían copiando progresivamente. Que errados estábamos! Hoxe vivimos unha regresión cara o Capitalismo brutal do Século XIX e as clases dirixentes non fan nada para evitalo. Estamos gobernados por avestruces que meten a cabeza no buraco baixo terra.
Nos derradeiros anos acusouse o seu punto de vista de anacrónico. Que sentiu ao ver que o tempo lle deu a razón?
Non foi un momento de satisfacción intelectual, si é o que me pregunta. Fai máis de trinta ou corenta anos que estou convencida de ter razón. Non tiña ningunha dúbida ao respecto. As críticas non me afectan. Sempre pensei que cando a maioría está plenamente convencida de algo, é porque seguramente se trabuca.
Nicolas Sarkozy dixo que había que “moralizar o capitalismo”. É unha misión imposible?
É evidente que si. Sería como querer moralizar aos tigres. Os tigres ten unha natureza particular e non os podemos domesticar. A ninguén se lle pasa pola cabeza reprochar a un tigre que se coma aos nenos pequenos que se lle acercan. E co capital ocorre o mesmo. Para moralizar aos capitalistas habería que metelos en gaiolas. Sarkozy é un oportunista, pero ten unha gran capacidade para captar o clima político do momento. Por exemplo, viu que a ecoloxía xa non é unha cuestión banal para os cidadáns e tomou medidas que nin o Partido Socialista, que non entendeu nada sobre o tema, nin sequera se formula. Non sei si o PSOE é peor aínda que o socialismo francés, pero en todo caso a competencia é moi axustada. O que ocorre é que non podemos agardar máis: é necesario que alguén poña en marcha esta revolución verde. E si ten que ser a dereita, pois que o sexa. O partido que o entenda gañará as eleccións até a eternidade.
Critica que se confunda antiglobalización e alterglobalización. Cal é o matiz?
Os “alterglobalización” somos profundamente internacionalistas, ou sexa que non temos nada que ver cos “anti”. O problema é que a globalización que vivimos é neoliberal por definición, ou sexa, se confunden os conceptos. A globalización pareceríame fantástica si estivese rexida por outras regras. De feito, eu sempre dixen que estou a favor do mercado. O que faría falla sería cambiar as normas que o regulan. O problema é que o capital teña todos os dereitos e os traballadores, que ten moi poucos, se resignen a converterse en simples consumidores.
Cal é o seu balance dos doce anos de existencia de ATTAC? Este tipo de Coalición cidadá segue sendo a única solución para cambiar o mundo?
ATTAC foi unha experiencia apaixonante, a pesar dos numerosos problemas internos que vivimos. Sempre hai unha pequena parte de decepción en tódolos proxectos que abordamos, pero conseguimos cousas moi importantes. Non nos inscribimos nunha dinámica utopista, como escoito a veces. Somos totalmente realistas e isto viuse co tempo. O principio da Taxa Tobin ten hoxe o apoio de personalidades como Angela Merkel ou Gordon Brown. En Francia conseguimos tombar o tratado constitucional europeo. Evidentemente a Unión Europea non o aceptou, porque en Europa non existe unha auténtica democracia.
Que consello daría aos estudantes que remataran a carreira durante os vindeiros anos?
A verdade é que o ten bastante negro. O último que quixera agora mesmo é volver a ser moza. Os mozos de agora existiredes a situacións bastante desagradables, pero podedes loitar para poder cambiar as cousas adheríndovos a un sindicato ou a unha organización. Sós non sairedes adiante. Tamén lles diría que estuden o que lles guste e non o que resulte máis conveniente. Acostumamos a facer ben as cousas que nos apaixonan.
Porque segue loitando si todo nos empurra a ser pesimistas?
Porque eu non razono en termos de optimismo e pesimismo. O que teño é esperanza. E digo dun xeito moi racional. Temos probas históricas que demostran que as cousas cambian. Nunca se sabe cal será o factor que derrubará un sistema, ou sexa, que haberá que seguir loitando até que o descubramos.
De onde xorde o seu activismo? Procede dunha familia proletaria?
Ao contrario, procedo da alta sociedade norteamericana, ainda que crecín nunha cidade maioritariamente obreira de Ohaio. Cando era moza dinme conta de que a clase dirixente non tiña nin ideas, nin conversación, nin intereses. E entendín que non quería pasarme a vida asistindo a festas, cócteles e ceas de gala. Parecíame do máis aburrido. E eu non quería pasarme a vida aburríndome , senón facendo algo útil para a sociedade. E iso é o que agardo ter feito.

Nenhum comentário:
Postar um comentário