04/01/2011

O PP ultima a sua Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa


 Ilustraçom pertence ao filme A  fita branca.

Depois de encetar o PP novamente o debate entre colexios mixtos ou non mixtos, ou sexa voltar aos liceus "masculinos" e "femininos" vóltase á carga no eido educativo cunha nova dose de demagoxia tan grata a este partido, adalide do auto-odio e dos ataques aos nosos sinais de identidade, nomeadamente a lingua, desde a aprobación do Decreto de Plurilingüismo. Apresentada a lei em período de ferias, como fixeran tamén co Decreto de Plurilingüismo, para evitar greves e protestos, semella que unha das súas máis e profundas preocupacións é a estética dos alumnos como de seguido veremos.

http://blogs.que.es/blogfiles/cosenza/educacion-para-la.jpg

Agora, a brigada de demolición e limpeza étnica do PP, apresenta o proxecto de lei para reforzar a autoridade dos profesores, que os pais elixan a lingua en que estudan os seus fillos e se os pícaros empregan ou non uniforme. Assim, todo incica que Galiza contará com umha Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa. A nova lei permitirá consultar os pais para que indiquen en que lingua queren educar os seus fillos (só poden elixir entre galego e castelán como non), regular a vestimenta dos alumnos e reforzar a autoridade do profesorado que agora pasa a ser "autoridade pública", habilitándoos para requisar obxectos como telemóbeis ou substancias "perigosas" (sic.). 

Para o conselheiro de educaçom, Jesús Vázquez, trátase dunha lei "vangardista" ao lexislar por vez primeira no Estado español sobre o ciber-acoso e ao acurtar os prazos para a imposición de sancións aos alumnos, que agora poderán ser expulsos até um mes, sendo excluídos portanto da educación pública a que teñen dereito xa desde a Constitución de 1978 e na Declaración dos Direitos Humanos. Alén disto, e tal como xa acontece agora, poderán ser illados dunha materia até quince días e ser mudados de centro nos casos máis graves.

O Consello de Escolar cando regule as normas de convivencia poderá estabelecer pautas tocante á vestimenta e, todavía, impor o uniforme tamén na ensinanza pública, ensinanza en trámite de desaparición nos planos non declarados do Partido Popular, punta de lanza no Reino de España da utopía reaccionaria ultraliberal e mercenarios do poder fáctico do Opus Dei.






Nenhum comentário: