24/02/2011

Carl Amery: Auschwitz, comenza o século XXI? Hitler como precursor

Artigo tirado de aqui. A ilustración é da edición en castellano.
http://content.cyberferia.com/getcover.ashx?ISBN=9789681666439&size=2&coverNumber=1
Fronte á tendencia xeneralizada de interpretar o período do Terceiro Reich como unha excepcionalidade histórica, como un tumor crecido no corazón da civilizada sociedade occidental, este ensaio rastrexa os fundamentos "científicos" e "filosóficos" así como o ambiente social nos que se cimentou a cerna teórica do nazismo [o darwinismo social militarizado] e avisa da súa pervivencia no seo da sociedade contemporánea.

Que o Terceiro Reich formaba parte dunha tendencia evolutiva que xorde como moi tarde coa secularización, a industrialización e o auxe do "factor produtivo ciencia".

Que ao fío desta tendencia aparece un novo interrogante que non se debateu até o século XX como predicament of mankind, como "dilema da humanidade", e que no século XXI converterase nunha cuestión existencial irrefutabelmente concreta: a cuestión das condicións que require a continuidade da nosa especie nun planeta limitado.

Que Hitler tentou anticiparse a este interrogante e que tratou de darlle resposta a través dun programa asasino que executaría un pobo superior e que pretendía apoiarse nun "reino de mil anos", é dicir, nun lapso marcado non pola historia humana senón polo devir natural.

Que ademais mediante a aniquilación da cultura judeo-cristiá e os seus derivados seculares tratou de dar a este programa a necesaria sanción social.

Que, por outra banda, este programa prometía ao pobo superior o poder e benestar a través dunha agresión permanente, á vez que contrarrestaba a limitación dos recursos do planeta mediante o correspondente sometemento e diezmo dos pobos escravos.

Que esta tétrica lóxica achegou moito á capacidade de imposición das ideas nazis, posto que desde facía xeracións a crítica da civilización dos alemáns (e non só esta) pasara a esgrimir argumentos e estados de ánimo romántico conservadores a posturas propias do bioloxismo e do socialdarwinismo [o de Spencer],  ou polo menos viuse reforzada por estes.

Que sería unha inxenuidade imperdoábel presupor que as próximas décadas e xeracións non puidesen revivir devandito programa, purgado do seu craso diletantismo e revestido dun brillo e vocabulario científico.

Para saber máis: Carl Amery (1998), Auschwitz, comeza o século XXI?. Hitler como precursor.

Nenhum comentário: