Nova tirada de aquí.Que Galicia Bilingüe é resultado dunha estratexia de determinados medios e sectores políticos madrileños na súa "batalla" contra os nacionalismos periféricos até o ven os gringos. Está tamén demostrada a vinculación económico-ideolóxica entre FAES, o think tank do PP que é a organización que máis cartos recebe do Estado, e Galicia bilingüe, cando menos no seu lanzamento e nacemento. Agora explícase ben como unha asociación dunhas 300 persoas pode facer continuas campañas de propaganda, pode pasear un autocarro por toda Galiza ou sae tratada favorabelmente nos principais mídia.
O sorprendente crecemento que experimentou en 2008 Galicia Bilingüe, coincidindo coa campaña do PP para recuperar o Goberno da Xunta en 2009 baseándose entre outras cuestións no suposto conflito lingüístico, chamou a atención mesmo da diplomacia estadounidense. Así o vén de revelar Wikileaks, a organización dirixida por Julian Assange que desde finais do pasado ano está facendo públicos centos de cables diplomáticos secretos enviados polas embaixadas americanas de todo o mundo e nos que tamén Galicia ou destacados políticos galegos teñen o seu oco, aínda que sexa reducido.
Entre eses centos de documentos revelados aparecen varios dos que aínda non se fixo eco ningún medio de comunicación nos que a embaixada de EE UU en Madrid analiza a situación dos diversos nacionalismos en España e, entre outras cuestións, centra a súa atención nos conflitos lingüísticos que naquela altura –verán de 2008– comezaban a ser cada vez máis frecuentes en determinados medios de comunicación. Así, o 5 de agosto de 2008 a embaixada de EE UU en Madrid remite a Washington un cable no que se dá conta da situación lingüística nas tres “nacionalidades históricas [historic nationalities no orixinal en inglés]” e se informa do traballo e apoios cos que conta Galicia Bilingüe.
Segundo a diplomacia estadounidense, que daquela estaba dirixida pola secretaria de Estado republicana Condoleezza Rice, “a política lingüística vén de converterse este verán [2008]” na principal fonte de ataques contra os nacionalismos periféricos “polo menos nos medios de comunicación”. A embaixada cita o manifesto impulsado en xuño daquel ano polo filósofo e fundador de UPyD Fernando Savater en favor dunha “lingua común” e os diversos apoios que colleitou entre a cidadanía –”máis de 130.000 españois asinárono”– e os intelectuais e políticos –cita especialmente a “políticos do PP” pero tamén a destacados socialistas–. Segundo a embaixada americana en Madrid, ese manifesto era “unha reacción aos esforzos vascos e especialmente cataláns para priorizar o uso das súas linguas cooficiais na educación e os servizos públicos, o que segundo afirman os promotores do manifesto discrimina os castelánfalantes nesas rexións”.
Neses conflitos lingüísticos, segundo a embaixada estadounidense, “a Educación é o principal asunto para a maioría dos españois”. Así, tras citar de pasada medidas sobre a lingua na educación implantadas polos gobernos catalán e vasco, o cable céntrase en Galicia: “Incluso en Galicia máis de 700 cidadáns fixeron unha adhesión formal a Galicia Bilingüe [the Galicia Bilingual Association, no orixinal en inglés] durante o pasado ano, alegando varias formas de discriminación contra os castelánfalantes, como notas escolares máis baixas para os deberes escolares feitos en castelán ou a negativa a proporcionar versións en castelán de documentos oficiais ou certificados de estudos para usar noutras rexións”.
Fronte a estas protestas de Galicia Bilingüe das que se fai eco o cable da embaixada, a diplomacia estadounidense limítase a indicar que “o País Vasco decretou que o euskera debería ser a lingua principal do ensino, mentres en Cataluña as escolas públicas ensinan en catalán con só un máximo de tres horas de formación en castelán por semana”. Igualmente, a referencia a Galicia Bilingüe nos cables é a única a unha asociación dese tipo pese a que tamén existían outras similares en Cataluña e Euskadi.
Os cables coñecidos, en todo caso, son de 2008, anteriores a que se producisen as masivas manifestacións a favor do galego, postura que non aparece reflectida neles.

CAMPAÑA DE ‘EL MUNDO’
Segundo os cables da embaixada –o consulado en Barcelona é outra das fontes diplomáticas presente nos cables–, as protestas contra as políticas de normalización lingüística de Cataluña, Euskadi e Galicia estaban sendo animadas desde determinados medios de comunicación. Os cables salientan que “o destacado diario El Mundo, sempre desexoso de publicar casos sensacionalistas contra as políticas do Goberno de España”, estaba naquela altura a publicar na súa portada “case diariamente” as novas adhesións ao manifesto de Savater e promovía a súa divulgación.
Nenhum comentário:
Postar um comentário