08/03/2011

Constituída a nova Coordinadora do Encontro Irmandiño

Información tirada da páxina do Encontro Irmandiño:

http://www.encontroirmandinho.org/index.php?option=com_content&id=241:derrogacion-da-lei-de-aguas-de-galiza&catid=8:novas&view=article

http://estaticos03.cache.el-mundo.net/elmundo/imagenes/2011/02/19/galicia/1298147411_0.jpg

Designados os comisionados permanentes do EI

Acordouse tamén apoiar as mobilizacións convocadas para o próximo domingo día 13 en defensa do emprego, do aforro e do País e a do día 20 contra a privatización da auga e pola derrogación da Lei de Águas de Galiza.

Ler o artigo de Beiras no Galicia Hoxe O roubo da auga (I)

Reunidas en Santiago de Compostela as persoas elixidas o pasado sábado 19 pola III Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño, xa convertido en partido político, para integrar a nova Coordinadora acordaron encomendar ás seguintes persoas as correspondentes tarefas na súa condición de persoas Comisionadas Permanentes:

Xosé Manuel Beiras Torrado: Portavoz Nacional

Martiño Noriega Sánchez: Adxunto á portavocía e acción institucional

Luis Eyre Dieguez: Acción política e implantación.

Mónica Díaz Carrodéguas: Tesoureira

Raúl Asegurado Pérez: Acción social

Mario López Rico: Comunicación

Xosé Manuel Taboada Suárez: Organización

Concha Trigo Portela: Feminismo

Paula Vázquez Verao : Mocidade

Xosé Constenla Vega: Formación

Igualmente acordouse pór en marcha varios Grupos de traballo, estabelecendo a axenda de traballo político do Encontro para as próximas semanas e acordouse apoiar as mobilizacións convocadas para o próximo domingo día 13 en defensa do emprego, do aforro e do País e do día 20 contra a privatización da auga e pola derrogación da Lei de Águas de Galiza.

Avante co Encontro Irmandiño!

Nenhum comentário: