Paco Mercellán. Artigo de opinión extraído de aquí e traducido por nós. O autor do artigo é catedrático de matemáticas na universidade Carlos III de Madrid e candidatábel a reitor nas eleicións que este ano se celebran nesta universidade pública. A ilustración é de Geroge Grosz, "Methusalem".
A elección a Reitor na Universidade Carlos III de Madrid está a converterse nun debate sobre o modelo de universidade necesario para as nosas sociedades neste parte-augas civilizatorio. Como no conto de Italo Calvino, os modelos divídense entre aqueles que aceptan, resignadamente, que vivimos no inferno e tratan de maximizar as súas opcións e entre, os que me atopo, que sen descoñecer a condición crítica das nosas sociedades consideramos que o noso papel é moi diferente do da resignación cómplice ou entusiasta, tanto dá.
Debería preocuparnos, e non só, aos que vivimos por e para a universidade, que esta venerábel institución estexa a xogar un papel tan secundario nun momento cardinal para a vida das nosas poboacións. Angustiados por unha crise económica que non parece ter fin, recoñezamos que participamos pouco en esclarecer as causas da situación actual e menos aínda na visibilización das alternativas. Digo isto recoñecendo o traballo ímprobo que centenares de académicos e académicas viñeron facendo para narrar, de maneira comprensíbel, o que nos ocorre e as súas posíbeis evolucións. Mais, dito isto, parece obvio, tamén, que a universidade como institución non é referenciada polo conxunto da poboación como actor imprescindíbel cuxas opinións deban ser tidas en consideración para abordar as saídas ao marasmo que nos esgota. Obsérvese que nada digo sobre o substantivo, as opinións mesmas, mais o feito obvio de que a universidade é percibida xa como unha institución que vai ao seu debería mover á reflexión, cando menos. Este punto da responsabilidade social da universidade é un dos aspectos máis significados da nosa aposta por unha universidade de calidade.
Un segundo aspecto fai referencia á nosa esixencia para que a universidade do futuro estexa firmemente ancorada na súa comunidade universitaria. Isto é, unha institución que fíe o seu presente e o seu futuro á calidade dos seus recursos humanos, do seu persoal docente e investigador e do persoal de administración e servizos. Isto significa condicións dignas de traballo; limitación da precariedade; carreiras profesionais con perspectivas graduadas e previsíbeis; salarios decentes; capacidade da universidade para reciclar, formar e promocionar e preocupación e coidado pola conformación de equipas. A lexítima crítica ás prácticas endogámicas oculta, por veces, unha enfermiza obsesión polas "fichaxes estrela" máis preto do mercado futbolístico, con perdón, que do funcionamento propio dunha institución docente e investigadora.
A comunidade universitaria inclúe, tamén, o alumnado. E considerar os e as alumnas como un activo da universidade, coidar a docencia e favorecer un ensino esixente e de calidade que, ademais de formar os mellores profesionais, contribúa a formar cidadanía debería ser un compromiso de calquera que aspirase exercer o máximo liderado nunha universidade. Porén aquí, novamente, os modelos diverxen e, en ocasións, admirados pola visión cómplice do "isto é o que hai", desprézase o alumnado e considéraselle unha carga (non sei se saben que no argot universitario fálase de "carga docente"), que, en fin, hai que soportar.
A aplicación práctica do famoso Plan Bolonia esixe un debate en profundidade. Non xa sobre as bondades do modelo senón sobre a súa aplicación práctica. Hai diferentes enfoques e posibilidades e non nos gusta aquel que usou as potencialidades de Bolonia como unha escusa para primar a investigación deteriorando a docencia.
O punto de encontro desta complexa rede de experiencias, intereses e expectativas debe ser a participación na vida da universidade. A elección directa do Reitor, un logro democrático sen dúbida, propiciou tamén una certa personalización das propostas que favorece unha certa indiferenza respecto das prácticas democráticas, á procura de consensos e á consideración da universidade como un espazo de deliberación e de acordo. Pódese e debe facer un esforzo para convencernos de que as prácticas democráticas e participativas son a nosa garantía de cohesión e acordo. Nunha institución tan plural, complexa, onde conviven culturas científicas tan diferentes, esta idea de democracia densa debería ser o abc de todas as propostas.
Parécenos plenamente defendíbel e posíbel, a proposta dunha universidade pensada para cooperar, compartir e colaborar. A lóxica do "sálvese quen poida" tan cara ao mantra da excelencia empresarial de orixe anglosaxoa, é unha reliquia do pasado que, tristemente, pretende ser presentada como unha moderna novidade. Nada máis moderno e produtivo para unha institución que xerar sinerxías, acordos e compromisos forxados a través de prácticas participativas, baseadas na deliberación e a argumentación. E obxectivos que transcendan os muros da universidade e teñan os problemas sociais como referencia inescusábel.
As nosas sociedades necesitan universidades con capacidade para formar profesionais, está claro, mais tamén con vocación de intervir sobre os problemas que nos apreman. Ese é o noso papel. Nestes puntos os camiños dos diferentes modelos diverxen. O noso, xa o dixemos, pretende facer oco para outras perspectivas. Se queremos outros resultados, necesitamos facer as cousas doutra maneira.

Nenhum comentário:
Postar um comentário