O Fondo Monetario Internacional (FMI) e as axencias de cualificación parecen darse agora conta de que a crise de débeda é moito máis grave nos Estados Unidos que na Eurozona: para os orzamentos públicos de 2011-2012 alzouse a marca nun novo endebedamento que supón máis do dobre da media do da Unión Europea. Tanto máis vale a pena botar unha ollada ao que ocorre en ultramar: alí hai tantos freos á débeda e prohibicións de déficit como poida desexar calquera corazón conservador. Desde 1917 rexe un tope legal para a débeda federal, cuantificado en números absolutos. Ademais, mediante a lei ou mediante algúns preceptos constitucional do estado federado en cuestión, todos os estados federados (salvo Vermont) están obrigados a presentar un orzamento anual equilibrado. E con todo, os EEUU, como a maioría dos seus estados federados, que se achan máis profundamente enterrados na débeda que Irlanda ou Grecia.
Non por casualidade, as axencias de cualificación ameazan os norteamericanos cunha drástica depreciación da súa solvencia. A nivel interno, fálase dunha depreciación dos bonos estadounidenses por baixo do nivel de Xapón. Por vez primeira debaterase no Congreso dos EEUU a posibilidade da bancarrota dalgúns dos estados que forman a Unión, algo que a constitución estadounidense non contempla. Un curso de acción semellante é audaz pero ha de debaterse, en opinión de Patrick McHenry, o novo presidente republicano do Comité de control da Cámara de Representantes. O presidente do Banco central, Bernanke, vai máis lonxe, e debuxa nada menos que unha bancarrota do Estado federal central.
Validez por 100 anos
O secretario do tesouro Geithner requiriu con estridencia ao Congreso elevar sen demora o límite de débeda, para poder pasar o límite dos actuais 14'3 billóns de dólares. Porén os republicanos enrócanse. De non chegar a ningún consenso a fins de marzo, a potencia mundial estará, de facto, en bancarrota. Algo apenas concebíbel: até un parlamento dominado por republicano terá que acabar cedendo e levantado o tope de endebedamento; evidentemente, só en troca de ulteriores e drásticos recortes do gasto.
A débeda federal para o próximo orzamento anual, que comeza en xuño, estímase nun total de 14'8 billóns de dólares. Con iso, os Estados Unidos permítese a escala federal un unha débeda do 100%, e unha taxa de déficit (reendebedamento) de, de novo, o dez por cento, como ocorreu no punto culminante da crise financeira mundial no 2009. Co que o banco central propio (a Reserva Federal) se converte no maior acredor, seguido moi de preto por China, Xapón, algúns Estados do Golfo e a Gran Bretaña. Namentres, o tempo de vencemento dos bonos do Estado federal norteamericano xa é, en media, de só uns 50 meses, o que significa que nos próximos 12 debería refinanciarse máis de 40% da débeda federal. Non sorprenderá, así pois, que se fale agora de alargar eses prazos de vencimento, con bonos a 50, 60 ou aínda 100 anos. Por agora Por agora, grazas á política de baixas taxas de interese, a carga dos intereses non pesa demasiado no orzamento federal, mais iso podería cambiar.
Non só o Estado central, senón tamén a maior parte dos estados federados anuncian grandes buracos nos seus orzamentos: 125 mil millóns de dólares para os orzamentos de 2011-2012, mentres no orzamento do ano en curso superan o 130 mil millóns de dólares. Se se aproban e despregan estes orzamentos, a taxa de déficit en Nevada para o 2010-2011 alcanzará un 45'2%; en Illinois, un 44'9%; na pequena Nova Jersey, un 37'4%; na grande Texas, un 31'5%; e en California, un 29'3%. Todos os estados federados xuntos rexistran, de media, un déficit do 20%. A medida que aumente a crise inmobiliaria e laboral a escala rexional, maior será o déficit. A crise económica máis dura desde a década do trinta abriuse paso até alcanzar dramaticamente os ingresos fiscais, que actualmente se atopan entre 12% e 15% por baixo do nivel anterior á crise. Sen a axuda financeira da Unión "uns bos 140 mil millóns de dólares desde comezos de 2009", que cubriu entre 30% e 40% do déficit, moitos estados atoparíanse desde hai xa tempo na bancarrota. Sen un novo endebedamento federal, sen un fluxo monetario desde Washington, o déficit dos estados federados nunca podería ser financiado.
Situación de emerxencia financeira en California
Porén agora pechouse a enchente monetaria, de modo que estalou o puro pánico financeiro, e todos os gobernadores dos estados federados vanse deixando levar pola deseperación. Jerry Brown proclamou en xaneiro, na súa toma posesión do cargo, a situación de emerxencia financeira en California. Así que os reclusos son liberados antes de tempo; as vacacións escolares, prolongadas; escolas e universidades, bibliotecas e museos, pechados (ou privatizados); os salarios, espectacularmente recortados; a oferta de prazas públicas, paralizada; e centos de miles de funcionarios, enviados a unhas vacacións forzadas ou prexubilados. Así se amañaron as contas tanto como se puido e deixaron de pagarse facturas multimillonarias acumuladas durante anos, con previsíbeis consecuencias desastrosas para as economías rexionais, que fiadas á demanda pública do estado. Impostos e gravames víronse drasticamente incrementados en 30 estados federados. E haberá que subvir a ulteriores obrigacións.
As cidades, municipios e estados federados norteamericanos están por agora endebedados por un monto por volta dos tres billóns de dólares. Como xa quedou devandito, funcionarán durante algún tempo aínda grazas á axuda financeira federal. En 2011 expirou o programa Build America Bonds, co cal a Unión asumiu un terzo dos intereses. O mercado irromperá inmediatamente, porque, a diferenza de Europa, tanto as cidades como os estados federados están descapitalizados e atravesan por grandes dificultades á hora de tratar de colocar novas emisións de bonos (Nova Jersey acaba de fracasar na operación). Os xuros, igual que os custos das permutas de incumprimento crediticio (credit default swaps) para os bonos municipais, dispáranse á alza. As cousas poranse verdadeiramente feas, cando os ciclópeos déficits dos fondos de pensións entren no campo visual. As perdas milmillonarias que experimentaron na crise financeira estes depósitos de profesores e funcionarios non poden ser cubertas polos estados federados, como tanpoco poden estes botarse nas súas costas os custos da retardada reforma sanitaria. A verdade é que non se adiviña no horizonte dos EEUU o fin da crise financeira.
Nenhum comentário:
Postar um comentário