04/05/2011

Contaminacións

 Imanol Murua Uria. Artigo tirado de aquí.
http://www.elcorreo.com/vizcaya/noticias/201104/11/Media/bildu--647x400.JPG

Eu tamén detectei contaminacións. Un dos candidatos dunha lista electoral do meu pobo, Zarautz, participou unha vez nunha concentración a favor de Egunkaria, que como todo o mundo sabe foi clausurado polos seus supostos vínculos con ETA; outro dos candidatos da mesma lista foi porteiro nun equipo de futbol-praia no que xogaba como pivote un avogado que ocasionalmente defende a membros da esquerda abertzale; e o mesmísimo candidato á alcaldía participou o ano pasado nunhas xornadas sobre política organizadas por un comité de festas de barrio que hai anos non impediu que se colocasen fotos de presos de ETA no recinto festivo. Eran sen dúbida motivos suficientes para a impugnación da lista pola evidente contaminación destes tres candidatos.

Non me estou referindo á candidatura de Bildu, senón á do PSE-EE. E non cheguei a esta conclusión a partir dun exame rigoroso das traxectorias de todos os integrantes da lista. Os tres aos que me referín son, en realidade, os únicos que coñezo. Seguro que unha análise máis esixente, deses aos que nos ten afeitos a Garda Civil, desvelaría máis contaminacións.

Chegamos a falar con toda naturalidade de candidatos contaminados e non contaminados. Parece unha broma pesada, pero non o é. E a mancha contaminante non deixa de estenderse. Se os xuíces non o remedian, o que fora primeiro lehendakari deste Goberno Vasco, o mesmo que pactou con Adolfo Suárez o Estatuto de Gernika, o lehendakari que entre outras institucións instaurou a Ertzaintza, pasará a engrosar a lista de contaminados contaminantes.

Nenhum comentário: