Esta semana unha estudante de xornalismo envioume unha serie de preguntas sobre a situación económica da universidade en función da miña condición de membro do Consello de Goberno. Moitas delas, levaban, explicitas afirmacións tópicas. E normal nunha estudante,mais preocúpame que se lle este transmitindo estes tópicos. Sigo dicindo que non estamos reflexionando nada sobre esta crise económica. Onte mesmo a Ministra de Economía veu dicirnos que isto vai para largo, para bastante largo. E días antes o de Traballo dixo que a moderación salarial duraría “lustros”. En Portugal levan dez anos en crise económica e agora agárdenlle cando menos outros tantos. Toda unha vida. De Xapón nin falamos. E dos países pobres …..Mais da a impresión que seguimos agardando a que pase a tormenta ( que sempre son curtas aínda que duren) para saír á rúa e seguir facendo o mesmo que faciamos antes de que estoupara. Pero as tormentas , din as vellas, veñen por quendas de nove días ( o novenario) e iso é moito.
Todo isto ben a conto de que un deses tópicos explícitos nunha pregunta era: “as universidades deben ser o motor do novo modelo económico”. Mais ¿quen dixo que iso era verdade?
Isto esta relacionado con outro tópico: "o novo modelo económico debe basearse no investimento en educación e … sobre todo en I+D+i”. O do gasto en educación en educación como investimento produtivo xa foi cuestionado por Paul Krugman nun artigo de EL PAIS ( titulaciones e dolares) . Alégrome de coincidir con el. Hai anos que me “cabreaba” con quen dicía que a universidade era “a primeira industria de Lugo”. Sempre cuestionei esta afirmación e tratei de rebatela.
Mais o peor de todo é esa manía que lles entrou a todos/as co I+D+i. Pois ben a min me parece que isto é un molotof ( a sobremesa portuguesa só chea de aire). Non creo que isto sexa o modelo económico a seguir. En primeiro lugar, ¿por qué hai que innovar? ¿Para substituír os electrodomésticos cada dous anos? ¿Para cambiar de auto cada tres? ¿Para cambiar de vestiario cada seis meses?. Para min detrás da idea de que é preciso innovar, agochase a segunda etapa da “obsolescencia programada", e dicir dunha estratexia capitalista para que consumamos sen necesitalo porque o capitalismo necesita vender moito ( sexa o que sexa). E aí eu non estou de acordo. Claro que hai innovacións que son boas: novas fontes de enerxía renovábeis, novos medicamentos que podan utilizar a xente pobre, … Mais a innovación pola innovación é simplemente unha estratexia capitalista para o consumo irresponsable.
E qué dicir do desenvolvemento polo desenvolvemento, que esgota os recursos do planeta. Eu mais ben póñome á beira dos/as que defenden o decrecemento.
E por fin… a investigación. Claro que defendo a investigación, mais para min moito do que hoxe chamamos investigación é unha actividade rotinaria de “experimentación” moi pouco creativa e intelectualmente pobre polo xeral. Investigación consiste en crear novas formas de pensar e ver o mundo, non en repetir milleiros de accións nunha maquina. Non lle quito valor a esta “experimentación”, só creo que é outra actividade diferente. E si por riba se converte nun fin en si mesmo, realizado para o medre persoal, burocratizado e sometido ás normas “científicas” ditadas por xente que se autoproclama garante e xuíz da calidade científica da investigación. Pois xa estamos.
Ou sexa que , xa vedes, isto si que é ir contracorrente mais creo que nin as universidades, nin a educación, nin o I+D+i son as bases de un novo modelo económico. O decrecemento , o uso racional dos recursos e o consumo responsable , si.
5 comentários:
Non estou para nada dacordo con esta afirmación: "novos medicamentos que podan utilizar a xente pobre" É unha afirmación totalmente clasista e capitalista. O acceso a sanidade e a saúde debe ser igualitario e non en función dos intereses económicos. Ver dicirlle a alguén que hai que investigar para que os pobres poidan ter medicamentos dáme arrepíos. Cal é a sociedade que pretendemos a da socialdemocracia que promoven moitos no seo da esquerda institucional e pode que ata social ou queremos a sociedade da xustiza social?
En fin, paro de facer amigos...
É certo que o exemplo que ofrece o autor sobre vantaxes da innovación é desafortunado, mais eu atribúoo ao descoido, pois vendo o sentido global do artigo e coñecendo o pensamento do autor non dubido de que o modelo de sociedade que el defende non sexa o da xustiza social, no que non se comercialice coa sanidade, saúde ou bens sociais básicos, coma a auga.
Eu non poño en dubida a boa fé do autor nin de ninguén nunca, só digo que esa afirmación está no subconsciente de moita xente a esquerda e fai que ao final pase o que pase. A esquerda non pode basearse na sociedade de clases, debe buscar a desaparición das mesmas e esas frases, por descoido ou non, soen ser desafortunadas. A concienciación é importante. moito.
Estou de acordo.
Este artigo subi-no eu porque estava certo que ia gerar polémica. A mim própio há vários aspectos dele que me parecem, quando menos, controvertidos. Saudaçons fraternais
Postar um comentário