Joseph Stiglitz. Artigo tirado de SinPermiso e traducido por nós desde o castelán (aquí) para o galego. Stiglitz foi premio Nóbel de economía en 2001 e supervisou como especialista económico, entre moitos outros, o best seller de Naomi Klein The shock doutrine. Nunha pasaxe do libro dise, en referencia aos experimentos de tortura do psiquiatra escocés Ewen Cameron:
la regresión, la idea de que al privar a una persona de la noción de quien es y dónde está, en el tiempo y en el espacio, los adultos vuelven a ser niños indefensos, dependientes de otros, cuyas mentes son tablas rasas abiertas a la sugestión [edición castelá de peto publicada en Paidós, Barcelona, 2010, p. 68].
Tan só uns anos atrás, unha poderosa ideoloxía (a crenza nos mercados libres e sen restricións) levou ao mundo ao bordo da ruína. Mesmo nos seus días de apoxeo, desde principios dos anos oitenta até o ano 2007, o capitalismo desregulado ao estilo estadounidense trouxo maior benestar material só para os máis ricos no país máis rico do mundo. De feito, ao longo dos 30 anos de ascenso desta ideoloxía, a maioría dos estadounidenses viron que os seus ingresos declinaban ou se estancaban ano tras ano.
É máis, o crecemento da produción nos Estados Unidos non foi economicamente sustentábel. Con tanto do ingreso nacional da EE.UU. indo destinado para tan poucos, o crecemento só podía continuar a través do consumo financiado por unha crecente acumulación da débeda.
Eu estaba entre aqueles que esperaban que, dalgunha maneira, a crise financeira puidese ensinar aos estadounidenses (e a outros) unha lección acerca da necesidade de maior igualdade, unha regulación máis forte e mellor equilibrio entre o mercado e o goberno. Desgraciadamente, ese non foi o caso. Ao contrario, un rexurdimento da economía da dereita, impulsado, como sempre, por ideoloxía e intereses especiais, unha vez máis ameaza á economía mundial -ou polo menos ás economías de Europa e América, onde estas ideas continúan florecendo.
Nos EUA, este rexurdimento da dereita, cuxos partidarios, evidentemente, pretenden derrogar as leis básicas das matemáticas e a economía, ameaza con obrigar a unha moratoria da débeda nacional. Se o Congreso ordena gastos que superan aos ingresos, haberá un déficit, e ese déficit debe ser financiado. No canto de equilibrar coidadosamente os beneficios de cada programa de gasto público cos custos de aumentar os impostos para financiar os devanditos beneficios, a dereita busca utilizar un pesado martelo -non permitir que a débeda nacional se incremente, o que forza aos gastos a limitarse aos impostos.
Nos EUA, este rexurdimento da dereita, cuxos partidarios, evidentemente, pretenden derrogar as leis básicas das matemáticas e a economía, ameaza con obrigar a unha moratoria da débeda nacional. Se o Congreso ordena gastos que superan aos ingresos, haberá un déficit, e ese déficit debe ser financiado. No canto de equilibrar coidadosamente os beneficios de cada programa de gasto público cos custos de aumentar os impostos para financiar os devanditos beneficios, a dereita busca utilizar un pesado martelo -non permitir que a débeda nacional se incremente, o que forza aos gastos a limitarse aos impostos.
Isto deixa aberta a interrogante sobre que gastos obteñen prioridade -e se os gastos para pagar intereses sobre a débeda nacional non a obteñen, unha moratoria é inevitábel. Amais, recortar os gastos agora, no medio dunha crise en curso provocada pola ideoloxía de libre mercado, simple e inevitabelmente só prolongaría a recesión.
Hai unha década, no medio dun auxe económico, os EUA enfrontaba un superávit tan grande que ameazou con eliminar a débeda nacional. Incosteábeis reducións de impostos e guerras, unha recesión importante e crecentes custos de atención de saúde -impulsados en parte polo compromiso da administración de George W. Bush de outorgar ás compañías farmacéuticas renda solta na fixación de prezos, mesmo con diñeiro do goberno en xogo- rapidamente transformaron un enorme superávit en déficits marca en tempos de paz.
Os remedios para o déficit dos EUA xorden inmediatamente deste diagnóstico: débese pór aos Estados Unidos a traballar mediante o estímulo da economía; débese pór fin ás guerras sen sentido; controlar os custos militares e de drogas; e aumentar impostos, polo menos aos máis ricos. Pero, a dereita non quere saber nada disto, e no seu lugar diso, está a presionar para obter aínda máis reducións de impostos para as corporacións e os ricos, xunto cos recortes de gastos en investimentos e protección social que pon o futuro da economía dos EUA en perigo e que destrúen o que queda do contrato social. Mentres tanto, o sector financeiro dos EUA estivo presionando fortemente para liberarse das regulacións, de modo que poida volver ás súas anteriores formas desastrosas e despreocupadas de proceder.
Pero as cousas están un pouco mellor en Europa. Mentres Grecia e outros países enfrontan crises, o medicamento en boga consiste simplemente en paquetes de austeridade e privatización desgastados polo tempo, os cales meramente deixarán aos países que os adoptan máis pobres e vulnerábeis. Este medicamento fracasou no Leste de Asia, América Latina, e noutros lugares, e fracasará tamén en Europa nesta rolda. De feito, xa fracasou en Irlanda, Letonia e Grecia.
Hai unha alternativa: unha estratexia de crecemento económico apoiada pola Unión Europea e o Fondo Monetario Internacional. O crecemento restauraría a confianza de que Grecia podería reembolsar as súas débedas, facendo que as taxas de interese baixen e deixando máis espazo fiscal para máis investimentos que propicien o crecemento. O crecemento en por si aumenta os ingresos por impostos e reduce a necesidade de gastos sociais, como ser as prestacións de desemprego. Ademais, a confianza que isto procrea conduce aínda a máis crecemento.
Lamentabelmente, os mercados financeiros e os economistas de dereita entenderon o problema exactamente ao revés: eles cren que a austeridade produce confianza, e que a confianza produce crecemento. Porén a austeridade socava o crecemento, empeorando a situación fiscal do goberno, ou polo menos producindo menos melloras que as prometidas polos promotores da austeridade. En ambos os casos, socávase a confianza e unha espiral descendente ponse en marcha.
Realmente necesitamos outro experimento custoso con ideas que fracasaron repetidamente? Non deberiamos, e con todo, parece cada vez máis que imos ter que soportar outro. Un fracaso en Europa ou en Estados Unidos para volver ao crecemento sólido sería malo para a economía mundial. Un fracaso en ambos os lugares sería desastroso -mesmo se os principais países emerxentes lograsen un crecemento auto-sustentábel. Lamentabelmente, a menos que prevalezan as mentes sabias, este é o camiño ao cal o mundo se dirixe.
Nenhum comentário:
Postar um comentário