1 É un suceso incuestionábel que unha organización creada fai apenas tres meses sexa capaz de mobilizar a decenas de milleiros de persoas en máis de 50 cidades de España sen o apoio de ningún partido político, de ningún sindicato, de ningún gran medio de comunicación.
2. Un dato esclarecedor: o 15-M sacou máis xente á rúa que as manifestacións sindicais do último 1 de maio.
3. É unha boa noticia que o desencanto social se traduza ao cabo en protestos pacíficas porque do outro, da abnegada resignación, hai anos que imos bastante sobrados.
4. É unha noticia preocupante a incríbel distancia que se está creando entre os políticos e o resto dos cidadáns. O 15-M non é o único síntoma de que esta democracia está enferma, de que non poderá sobrevivir se se mantén a inxustiza, a corrupción e a impunidade. Que os políticos aparezan nas enquisas do CIS como un dos principais problemas do país é outra evidencia máis que os partidos non deberían ignorar se non queren que a sociedade lles pase porriba.
5. A mensaxe máis clara é para os partidos de esquerda, especialmente para o PSOE. Dubido que houbese o domingo entre os manifestantes moitos votantes do PP.
6. Equivócanse os políticos que reduzan estas protestas a un episodio violento, a un cabreo pasaxeiro, a unha estratexia da dereita para dividir á esquerda nas próximas eleccións ou a unha rabieta sen máis.
7. Equivócanse quen ignoran que o debate está na Rede. Pero tamén quen cren que abonda con que #spanishrevolution sexa trending topic en Twitter para que de verdade empece unha revolución.

Nenhum comentário:
Postar um comentário