18/07/2011

O Valedor do Pobo considera que o copago e as privatizacións non afectan ao estado de benestar. Asina para que rectifique.‏

http://www.vieiros.com/enlaces/novas/imx/grande/0696062001206271234-benigno-lopez-e-o-actual-valedor-do-pobo.jpg
Benigno López, "valedor" do pobo. Cómpre irlle pondo rostro aos que agraden día tras día as xentes do común. Imaxe tirada do extinto xornal electrónico Vieiros.

O Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) vén de lanzar unha campaña de recollida de asinaturas para que o valedor do pobo rectifique as suas inxustificábeis aseveracións. A principios de Xullo, nunha entrevista concedida a Europa Press, o valedor do pobo afirmou que "ni el copago ni las privatizaciones afectan directamente aestado de bienestar".

Daquela, a institucion que, na teoría, se creou para defender os dereitos da cidadanía realiza declaracións que xustifican, precisamente, os recortes deses dereitos. Cun orzamento de 2 millóns de euros e un, recén mercado, carro de 60.000€, Benigno López considera que pode recomendar que os gastos en educación sexan os últimos aos que se lle pode tocar, mais que "no son intocables".  Esta personaxe non dubidou tampouco no seu momento de aliñarse cos que agraden os dereitos lingüísticos do galego, así como desouviu as demandas do estudantado agraviado pola implantación perversa do Máster de Secundaria. Se consideras, como cidadán informado e consciente dos teus dereitos, que o valedor Benigno López se está extralimitando no celo de defender o discurso dos poderes económicos, ASINA on-line na seguinte dirección:  

https://spreadsheets.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dDFRZTFNakVXM0xuLVVZaHRZS3dTMlE6MQ

+ INFO: http://www.20minutos.es/noticia/1106502/0/ - "El Valedor cree que el copago "no afecta directamente al estado de bienestar", que "cambiará" tras la crisis".

Nenhum comentário: