18/05/2011

Mexan por nós e sabemos que non chove

 Artigo tirado de aquí.

Nós, a xeración que, por vez primeira en moito tempo, teremos menos dereitos e posibilidades de futuro cá os nosos pais e nais; aquel@s que invertimos moito tempo e cartos das nosas familias en formármonos; aquel@s que medramos a carón da TV a prometernos un mundo de fantasía onde tod@s seríamos ric@s; aquel@s que pensabamos que vivíamos en democracia, estamos fart@s de que mexen por nós, estamos…

  • fart@s de que os bancos e grandes empresas, responsables da crise, salvados con cartos públicos de tod@s nós, agora repartan dividendos milmillonarios entre os accionistas.

  • fart@s de que se recurten os cartos para servizos públicos básicos, como a Sanidade ou a Educación, coa excusa da crise cando o déficit público foi xerado por salvar ao gran Capital.

  • fart@s de que dende os medios de comunicación se culpe sempre da crise ás persoas e grupos sociais máis débiles: nin a inmigración, nin as pensións, nin outras axudas sociais, nin o gasto en servizos públicos básicos son responsables da crise.

  • fart@s dun sistema económico que mantén a 1.500 millóns de persoas na extrema miseria, que mata diariamente a 50.000 persoas por causas relacionadas coa fame, que escraviza a adult@s e a nen@s, para que o 1% da poboación acapare o 40 % da riqueza mundial.

  • fart@s de que o produtivismo conduza a traballadores e traballadoras á miseria e escravitude e ao planeta ao colapso ambiental.

  • fart@s da ruptura entre as forzas políticas e as aspiracións da xente.

  • fart@s de ser tid@s en conta só como consumidores e non como persoas.

  • fart@s de ter que emigrar de Galiza por obrigación, para ter traballo, e fart@s de traballos precarios no noso país, onde o 20% das persoas están no límite da pobreza.

  • fart@s de que o noso páis non poida desenvolver os sectores produtivos básicos por estar suxeuito a unha lexislación estatal e europea que condena Galiza a ser fonte de man de obra e de produción de enerxía.Non cremos no engano de que as reformas sociais que benefician aos poderes financeiros son inevitables; non cremos o que nos venden de que “vivimos no mellor mundo dos posibles”. Cremos que hai alternativa, se nós a facemos realidade, que hai outra maneira de xestionar a economía, poñéndoa aos servizo da xente.
Non cremos no engano de que as reformas sociais que benefician aos poderes financeiros son inevitables; non cremos o que nos venden de que “vivimos no mellor mundo dos posibles”. Cremos que hai alternativa, se nós a facemos realidade, que hai outra maneira de xestionar a economía, poñéndoa aos servizo da xente.

Queremos outro mundo…

onde o dereito á alimentación, á saúde, á vivenda e á educación sexan inalienables.

onde o traballo se organice para o ben común e a felicidade, e non para a acumulación de riquezas dos menos e a explotación dos máis.

onde se garanta a soberanía alimentaria dos pobos do mundo.

onde haxa democracia directa e participativa, unha cultura cívica que posibilite que tod@s poidamos participar e debamos implicarnos en todos os asuntos que nos afecten.

onde as finanzas estén controladas e ao servizo da xente e do planeta.

onde os pobos do mundo se relacionen en igualdade.

Un mundo onde as prioridades sexan as persoas: o igualitarismo, a fraternidade, a non explotación – nin de xénero, nin de clase, nin de uns pobos sobre outros –, a liberdade, o respecto aos límites ecolóxicos do planeta. Nunha palabra: a FELICIDADE.

Por iso, as mozas e mozos que creamos este manifesto facemos un chamamento á mocidade galega e a toda a sociedade para que construamos dende a Galiza a alternativa a este mundo tolo, movemento no que participemos xente moza e organizacións baixo a bandeira común da loita contra o Capitalismo e por unha orde social xusta. Para iso, convidámosvos a participar nunha asemblea aberta, con lugar e data por decidir entre toda a xente que nos unamos.

Únete, para que deixen de mexar por nós.

Unid@s transformaremos Galiza e o mundo!

Galiza, maio de 2011

QUEN SOMOS?

Somos xente moza da Galiza farta co actual estado de cousas, aquí e no mundo, e que queremos facer nacer un modelo de sociedade novo dende o noso recanto do globo terráqueo.

En "Mexan por nós" somos xente que queremos vivir en democracia, nunha democracia de verdade, con decisión sobre os asuntos económicos, sen oligopolios económicos, mediáticos nin de ningún tipo, que queremos poder vivir dignamente na nosa terra, que non queremos seguir a destruír o planeta nin que a maior parte da humanidade viva na miseria para que unha minoría de ricachóns gañe cada vez máis.

"Mexan por nós" está aberto a tod@s; nada está pechado. "Mexan por nós" somos nós e es ti, porque a tod@s nos afecta o que está a suceder, porque unid@s podemos cambiar o mundo.

Participa no foro aberto no grupo de Facebook "Mexan por nós" ou pinchando aquí.

2 comentários:

Anônimo disse...

O vosso companheiro Pacotrón da Corunha (seguidor de Mario López Rico) esta-se metendo com o movimento do M-15 e em contra dos acampados/as por medio do seu blogue "Katanga Coruña".
A ver se deixades de contradizer-vos.
Esse home é também irmandinho?

Grupo Traballo Mocidade EI disse...

O blog "Katanga-Coruña" é persoal, polo tanto non representa a opinión do Encontro. Ademais, coido que non poden reducirse as opinións do Paco a que se mete co movemento do 15-M. A postura do Encontro pódese consultar na web www.encontroirmandinho.org
Loxicamente, cada irmandiño/a ten a liberdade de escribir no seu blogue o que considere.
Unha aperta irmandiña!