03/12/2013

Que pasa cos salarios?

Artigo tirado de Barómetro Social (aquí) e traducido por À revolta entre a mocidade.

O salario real medio cae case un 6% nos tres últimos anos tras a perda de 2,4 millóns de empregos por conta allea. Mulleres, empregados a tempo parcial e temporal, mozos e extranxeieros son os que teñen ingresos máis baixos. Mais as baixas retribucións afectan tamén a asalariados a tempo completo e con contrato indefinido.

Salarios e inflación: o que ocultan os datos “a prezos correntes”

Os datos recentemente publicados polo Instituto Nacional de Estatística indican que o salario bruto medio en España creceu continuamente entre 2006 (1.571 euros mensuais) e 2009 (1.812 euros) brutos, para estancarse no tres anos seguintes (ao redor de 1.837 euros). A simple lectura destes datos levaríanos á conclusión de que a clase traballadora mellorou notabelmente o seu nivel de vida no primeiro período e que coa crise experimentou unha conxelación dos seus ingresos. Con todo, esta conclusión é totalmente equivocada porque ignora a "capacidade de compra" dos salarios.

 Precisamente, se tomamos en consideración a evolución do custo da vida -medido polo IPC- e descontamos o seu efecto atopámonos coa evolución dos salarios medios reais (valorados en moeda constante). Entón comprobamos [ver Gráfico 1] que o incremento até 2009 existiu pero foi moito máis moderado (8%, non 15% que se deduce dos prezos correntes) e que a partir de entón non hai un estancamento senón un retroceso continuo do salario medio real (-5,6% en lugar dun incremento de 1,5%), feito que contrasta coas declaracións do ministro Montoro para quen os salarios "suben moderadamente"). Segundo outras fientes oficiais as cifras poden ser aínda peores [1].

Gráfico 1. Salario bruto medio a prezos correntes e a prezos constantes
Salarios_1
Fonte: elaboración de Colectivo Ioé en base a INE, Encuesta de Población Activa.

Caída del empleo asalariado y retroceso del salario real

O retroceso do emprego asalariado comezou timidamente en 2008 e estourou en 2009. Con todo, neses anos o salario medio real continuou incrementándose (4% en 2008 e 2,6% en 2009) [ver Gráfico 2]. Esta dinámica diverxente explícase, por unha banda, porque se destruíron os empregos máis precarios e peor retribuidos (ao perderse os de menor salario a media global mellora) e, por outra, debido a que os empresarios non podían facilmente diminuír as retribucións dos seus empregados. Pero a situación cambiou a partir de 2010: mentres continuaba sen interrupción a caída do emprego iniciouse un retroceso do salario medio: moderada ao principio (-0,4%) e notábel nos dous anos seguintes (-3,1% en 2011 e -2,2% en 2012). Diversos factores contribuíron a esta nova dinámica: a destrución de emprego estendeuse aos de mellor calidade e nivel retributivo máis alto, conxeláronse os salarios nas administracións públicas, a reforma laboral facilita a extinción de convenios colectivos e a negociación retributiva á baixa, exemplos do que Martín Pina denomina "guerra contra o traballo").



Gráfico 2. Variación interanual do emprego asalariado e do salario medio (en euros constantes de 2006) (%)
 Salarios_2
Fonte: elaboración de Colectivo Ioé en base a INE, Encuesta de Población Activa.

Os grupos con salarios máis baixos

Temos pois un salario medio real en descenso. Pero por baixo desa liña media atopamos algúns colectivos de traballadores cuxas remuneracións son inferiores [ver Gráfico 3]. No fondo da escala retributiva aparecen os que traballan a xornada parcial (a maioría mulleres, en grande parte porque non atopan emprego a xornada completa): a súa retribución media en 2012 era de 687 euros correntes (599 en moeda constante de 2006). O segundo lugar por abaixo ocúpano os traballadores menores de 25 anos (1.035 euros brutos correntes, 902€ constantes). A continuación aparecen traballadores con contrato temporal e de nacionalidade estranxeira (ao redor de 1.300€ correntes, 1.100€ de 2006). En mellor posición, pero por baixo do salario medio, sitúanse as mulleres e as persoas entre 25 e 34 anos (ao redor de 1.580€ correntes e 1.380 en valores de 2006).

Gráfico 3. Os sectores con salarios reais medios máis baixos
 Salarios_3
Fonte: elaboración de Colectivo Ioé en base a INE, Encuesta de Población Activa.

No período 2009-2012 o salario medio caeu 5,6% pero o deterioro resultou moito máis importante para os menores de 25 años, que perderon 19%, os empregados a tempo parcial (-12%) e os contratados temporais (-11%). Estes tres grupos constitúen un segmento de asalariados pobres que se empobreceron notabelmente durante os últimos tres anos.

Salario medio e salario mediano: o que ocultan os promedios

O salario medio obtense dividindo o conxunto das retribucións salariais polo total de persoas asalariadas. Todas coñecemos a crítica aos procedementos estadísticos que afirman que se unha persoa come dous polos e outra ningún a media de inxesta é un pito por persoa. O procedemento matemático é impecábel, mais, na práctica, a primeira persoa pode estar sobrealimentada e a segunda ao borde da inanición. Por tanto, es interesante coñecer outras medidas de distribución que non oculten esas diferenzas.

Unha primeira distinción é a que se estabelece entre a “media” (que acabamos de definir) e a “mediana”: cifra que divide a poboación en dúas metades iguais. O salario mediano é o “centro” da escala salarial (50% cobra máis e outro 50% cobra menos). Se a distribución de salarios for proporcionada a media coincidiría con este valor, pero na realidade resulta que hai unhas minorías que perciben salarios moito máis elevados que o resto, o que fai que o promedio se eleve e os que están porriba da media sexan bastante menos que 50% dos asalariados. A máis diferenza entre salario medio e mediano corresponde unha maior polarización dos ingresos salariais. A situación actual no Estado español queda reflexada no Gráfico 4 que mostra que o salario mediano es notabelmente menor que o medio (por volta de 15%).

Gráfico 4. Evolución do salario medio e mediano (en euros constantes de 2006)
 Salarios_4
Fonte: elaboración de Colectivo Ioé en base a INE, Encuesta de Población Activa.

A maior ou menor dispersión salarial mídese utilizando o índice de Gini. Esta medida pode oscilar entre 0 (que indica unha igualdade máxima na distribución) e 1 (que indica a máxima desigualdade posíbel). El índice para el conxunto dos asalariados incrementouse continuamente desde 2006 (0,266) hasta 2012 (0,290); por tanto, a polarización salarial amentou durante a crise. É interesante observar cales son os colectivos que presentan menor dispersión salarial, é dicir, os que experimentan menor desigualdade retributiva [ver Gráfico 4]. Entre estes destacan os asalariados a xornada parcial (o índice é de só 0,076 en 2012), os menores de 25 años (0,154), os extranxeiros (0,204) e os que teñen contrato temporal (0,211). É dicir, precisamente os que se concentran na gama de salarios baixos son os grupos con menor variabilidade nas súas remuneracións: as pagas son escasas para todos. En cambio, existe maior dispersión retributiva entre os asalariados maiores de 55 años (0,363), os de nacionalidade española (0,292) e os que contan con contratos de duración indefinida (0,287).

Gráfico 5. Dispersión salarial (índice de Gini) segundo características da población asalariada
 Salarios_5
Fonte: elaboración de Colectivo Ioé en base a INE, Encuesta de Población Activa.

Traballadores pobres: unha realidade en ascenso

A Encuesta de Población Activa ordena ao conjunto de asalariados segundo as súas retribucións e  divídeos en dez grupos de igual tamaño (chamados “deciles”). Isto permítenos identificar cales son os ingresos de 10% máis pobre, o de 20% máis rico, ou cuaquera outra agrupación que queiramos facer. Aquí vamos a detenernos nos dous deciles inferiores para describir a situación das persoas asalariadas con baixos ingresos.

No estrato máis baixo encontramos os que en 2012 gañaban menos de 653 euros brutos por mes; trátase de 1.430.000 persoas cuxo salario medio se estima en 423 €. Esa ínfima renda é moi característica dos empregos a tempo parcial (1.320.000 persoas) e das mulheres (1.085.000) e  repártese en proporcións iguais entre contratos temporais e indefinidos.

O segundo chanzo de traballadores pobres compóñeno os que perciben entre 653 e 989 euros brutos por mes. Son outras 1.430.000 persoas con salario medio de 830€, é dicir, están lonxe de ser "mileuristas". Neste grupo continúan sendo numerosas as mulleres (941.000) mais predominan os empregos de duración indefinida (826.000) e a xornada completa (806.000), o que pon de manifesto un dos efectos da reforma laboral que vende o presidente do goberno: o abaratamento dos salarios é unha realidade incluso entre os empregos estábeis a tempo completo.

[1] A mostra da EPA non inclúe as persoas con emprego temporal descontinuo que non traballan na semana da enquisa, o que dá lugar a un salario medio moito máis alto (1.837 euros correntes de 2011) que o rexistrado pola Estadística de Salarios da AEAT (1.591 euros), que elabora o salario medio  a partir da poboación ocupada ao longo de todo o ano (17,8 millones de persons en lugar dos 14,3 millóns de la EPA). O Barómetro Social de España recolle a evolución de salarios da AEAT no indicador 14 do ámbito Renta y Patrimonio.

Postar um comentário