A decisión da Xunta Electoral Central de declarar ilegais as concentracións nas cidades na xornada de reflexión supón a suspensión do dereito de libre reunión (artigo 21 da Constitución Española) e é en realidade a declaración dun estado de excepción encuberto e unha nova mostra do carácter reaccionario que se agocha en moitos dos membros do Tribunal Supremo integrantes desta Xunta.
O Encontro Irmandiño rexeita a decisión da Xunta Electoral Central e solidarízase coa xente indignada coa que compartimos a esixencia do control democrático da política económica monetaria rescatándoa das mans dos ditadores financeiro-especuladores que non renden contas diante da cidadanía e someten aos gobernos aos seus ditados, ou a necesidade dun maior protagonismo das xentes do común nas grandes cuestión das "res pública". . .
Nenhum comentário:
Postar um comentário