Tardou pero chegou. Despois dunha profunda e prolongada crise económica e social tiña que chegar a crise política. Relativamente informe e proteica pero rebentou. Non nos pode coller por sorpresa. Nin tan sequera o momento. Que momento máis oportuno que unha campaña electoral na que os dous grandes partidos se empecinaron en ocultar propostas e programas, fixeron da mascarada e os fogos de artificio colaterais o eixo das súas campañas. Diante dunha situación tan grave, indigna o cinismo masivo dunha política que se reduce a discursos vacuos con verbas aceiradas. Todo o mundo percibe que hai programas ocultos pero que se intenta ocupar o poder sen explicitalos con clareza.
A falta de reacción contundente até este momento fixo que os poderes económicos se impuxeran á sociedade e aos gobernos con insultante prepotencia. A cidadanía asistiu aturdida durante moito tempo á submisión dos gobernos e partidos maioritarios aos ditados das finanzas, impoñendo grandes sacrificios presentes sen que enxerguen solucións viabeis de futuro.
O estado de shock alimentado polos medios controlados por eses poderes pode atoutiñar a xente durante un tempo pero non pode domesticarse indefinidamente e van aló tres anos e anúncianse moitos máis.
Pero hai algo que indigna máis que as dificultades reais e obxectivas; indigna sobre todo o cinismo, a mentira, a ocultación e o desprezo dos intereses e o sentir latente da cidadanía, que a xente percibe nas decisións e os dicursos dos partidos maioritarios. O seu obsceno compadreo cuns poderes económicos insolentes, arrogantes e insaciábeis. Capaces de condenar á miseria e exclusión un terzo do país ao tempo que elevan dividendos e bonus, reclaman menores impostos e anuncian expatriacións masivas de capital para alimentar burbullas especulativas en todo o mundo.
Rebentou directamente como reacción política, porque non podía ser laboral, porque son os excluídos, os que nin teñen nin van ter traballo en moito tempo. Pero acertadamente reaccionan contra os poderes económicos e contra a dexeneración dunha democracia acoquinada e secuestrada pola oligarquía económica e tamén polas oligarquías dos partidos. Unha democracia teledirixida por unha abrumadora batería de tanques de desinformación que traballan arreo para pintar un mundo onde só existe violencia, anécdotas, fútbol e frivolidade. Un mundo ficticio e sen proxectos.
Non sabemos se o movemento que empezou a erguerse terá moito recorrido ou esmorecerá vítima dunha frustración prematura após un eventual desenlace descorazonador no 22-M. Pero, pase o que pase de inmediato, ninguén poderá ignorar o malestar profundo e educadamente rabioso que agora se evidencia e que, dun xeito ou doutro, continuará no futuro.
Cando un examina as reivindicacións ao redor das que se cementa este movemento plural, cheo de infinitas singularidades, percibe que non son tan extrañas nin tan novas. Moitas delas –e outras na mesma dirección– foron levadas nos últimos anos en reiteradas ocasións ao Parlamento galego e ao Congreso, por forzas minoritarias de Galiza ou do Estado, obviamente sen éxito e eclipsadas no barullo das trifulcas mediaticas.
Por iso resulta sorprendente –pero comprensible– que moita desta xente que se move e, en moitos casos, esperta a política, descoñeza a súa existencia. Que esta xente ignore que realmente hai alternativas que encarnan esas propostas, non oportunistamente senón que levan anos batallando por elas, resulta revelador en si mesmo da baixa calidade da comunicación e da democracia na que vivimos.
Revela a fondura do foxo entre a vida institucional –auténtico burato negro das enerxías políticas– e unha amplísima parte da cidadanía, sobre todo dunha mocidade que ten nula presenza nos debates políticos e sociais e que se criou no descrédito xeral da política. En fin, chegou o momento de reencontrase, porque alternativa si que hai e, como non, hai futuro.

Nenhum comentário:
Postar um comentário