Vicenç Navarro. Artigo aparecido en Público (quinta-feira, 8 de setembro de 2011). A tradución para o galego é de noso e a imaxe foi tomada da entrada orixinal no site do xornal (aquí). O autor é catedrático de Políticas Públicas da Universidade Pompeu Fabra.
No debate actual sobre a reforma constitucional e a lei orgánica complementaria están a facerse afirmacións que non son sustentables. A continuación detallo as máis representativas:
"O maior problema que ten España é o tamaño do déficit e da débeda pública"
Non é certo. En 2007, o Estado tiña superávit e a débeda era das máis baixas da Eurozona e iso non protexeu a España de ter unha Gran Recesión. Mesmo hoxe, a débeda pública é menor que a media da Eurozona e o déficit descendeu, o cal non evitou que os intereses que o Estado español ha tido que pagar para vender a súa débeda pública fosen os maiores na súa historia.
"A lei aprobada polo pacto PSOE-PP non é un ataque ao Estado do benestar".
Si que o é. Se se lle esixe ao sector público que reduza o déficit publico, hai varias maneiras de facelo. Baixando o gasto público, aumentando os impostos ou incrementando o crecemento económico para ingresar máis fondos ao Estado. En España, a maior redución do déficit público sempre se conseguiu con recortes de gasto público, incluíndo o gasto público social. Pasou cando o Estado español tivo que reducir o déficit para acomodarnos ao criterio de Maastricht, e baixar o déficit ao 3% do PIB. E pasa agora, cando queren reducilo ao 0,4% do PIB. É máis, a fiscalidade do Estado español (tanto central como autonómico) é profundamente regresiva. Se miramos os niveis efectivos (reais) de tributación e non só nominais, as grandes familias, as grandes empresas e a banca, pagan niveis moi inferiores (restando ao Estado 44.000 millóns de euros ao ano) ao que paga un traballador en nómina. O Estado xa demostrou todos estes anos a súa incapacidade ou falta de valentía política de corrixir esta situación. Élle máis fácil recortar os servizos domiciliarios ás persoas con dependencia (600 millóns de euros) ou conxelar as pensións (1.200 millóns) que reverter a baixada de impostos (37%), que afectaron aos súper ricos (300.000 euros ou máis ao ano) no últimos quince anos (2.500 millóns de euros). As clases populares teñen menos poder sobre o Estado español que as clases dominantes.

"Se non se toman estas medidas, os mercados non se acougarán e terminaremos peor".
Os mercados non son calmábeis. O problema non é a especulación dos mercados, senón a falta de protección dos estados fronte aos mercados. O que un Estado fai fronte ás manobras especulativas é imprimir diñeiro e comprar a súa propia débeda pública, forzando a baixada dos intereses de tal débeda. Mais, coa creación do euro, os países do euro non poden facer isto. Só o Banco Central Europeo pode imprimir diñeiro. Pero en lugar de facer o que os bancos centrais fan, é dicir, comprar débeda pública dos estados da Eurozona, o que fai é prover liquidez aos bancos privados, pero non aos estados. Só, recentemente e con grandes reticencias, se estivo facendo, mais tarde e insuficientemente. Cando comprou débeda pública do Reino de España e da República de Italia, os intereses baixaron. Isto debese facelo pero non excepcionalmente, senón como parte da súa función. É máis, os estados da Eurozona debesen ter bancos públicos para garantir o crédito. No Reino de España está a irse en sentido contrario. A privatización das caixas dificultará aínda máis a garantía do crédito.
"Todos os estados da Eurozona debesen ter unha lexislación igual, prohibindo que teñan déficits públicos".
Como indicou o Center for Economic and Policy Research, un dos centros de investigación máis prestixiosos de EEUU, tal política "sería un desastre". Sería equivalente a que Estados Unidos, cuxos estados teñen que ter un déficit cero para os gastos ordinarios (mais non en investimentos), non tivesen un Estado Federal cun Goberno que ten déficits do 8,2% do PIB (e unha débeda do 160% do PIB) e cun Banco Central (The Federal Reserve Board) que axuda aos estados (California ten unhas contas públicas en tan mala forma como Grecia) e compra débeda pública (algo que non está permitido ao Banco Central Europeo).

"Estas políticas de austeridade evitarannos chegar á situación grega".
Todo o contrario, están a acelerar a alcanzar a situación grega. Tales medidas, conxelación de pensións e recortes sociais, que están empobreciendo aínda máis o subfinanciado Estado do benestar español (o gasto público social por habitante é o máis baixo da Eurozona) está a dificultar enormemente a recuperación económica ao reducir a demanda de bens e servizos, que é o maior problema da economía española. Estas políticas de austeridade están empobreciendo tal demanda. Hoxe está a crecer a percepción, mesmo en centros financeiros, de que o maior problema de España é o escaso crecemento económico. A explosión da burbulla inmobiliaria creou un buraco equivalente a un 7% do PIB que tería que encherse con gasto público para permitir unha estimulación da economía. Tras catro anos de austeridade, a economía española continúa estancada.
"O estímulo económico aplicouse no Reino de España e non axudou moito".
Non é certo. Axudou pouco porque consistiu sobre todo en recortes fiscais que beneficiaron sobre todo ás rendas superiores que son as que proporcionalmente consomen menos e teñen, por tanto, escaso impacto estimulante da demanda. Moi poucos dos estímulos foron encamiñados explicitamente a crear emprego. Da mesma maneira que as dereitas están a utilizar a crise para obter o que sempre quixeron, é dicir, diminuír os salarios, a protección social e privatizar o Estado do benestar, as esquerdas debesen utilizar a crise para conseguir os seus obxectivos, é dicir, facer un reforma fiscal profunda que, a base de corrixir o enorme déficit fiscal das clases podentes (grandes familias, grandes empresas e banca) resolvésese o déficit social, creando emprego, e á vez estimulásese a economía. Así se saíu da Gran Depresión e así se debería saír agora.
Nenhum comentário:
Postar um comentário