En Europa a democracia non se leva. A política, no sentido grego do termo, tampouco. En apenas dúas semanas caeron dous gobernos democráticos, saídos no seu día das urnas, e foron substituídos por senllos gobernos de "transición tecnocrática" aos que obviamente non elixiron os cidadáns, senón os mercados. Mentres, o Banco Central Europeo (BCE) estreou novo presidente que deberá guiar os pasos da Eurozona... esporeado por Merkel e Sarkozy.
Pero vexamos quen son ese tres personaxes en cuxas entrelazadas mans está o futuro máis inmediato das nosas economías.
Lucas Papademos é desde o pasado venres o primeiro ministro grego en substitución de Yorgos Papandreu, que pasará á historia por case colapsar os mercados europeos ao propor un referendo para que os gregos decidisen o seu futuro económico.
É economista e foi vicepresidente do BCE entre 2002 e 2008 ás ordes de Jean-Claude Trichet. Antes fora gobernador do Banco de Grecia, de 1994 a 2002, posición desde a que traballou activamente para deixar presentábel ("maquillar", din algúns; "estabilizar", din outros) a economía grega de forma que esta puidese unirse á eurozona, fito que logrou precisamente en 2002.
A súa frase estrela deses anos é, sen dúbida, esta: "Os beneficios macroeconómicos e microeconómicos para Europa e Grecia da incorporación do euro son enormes". Rexeita as críticas vertidas contra el por non facer públicas as "carencias" dos orzamentos gregos durante a carreira para unirse á zona euro.
Mario Monti é o economista que substituirá a Silvio Berlusconi como primeiro ministro de Italia para "levar polo bo camiño" as reformas propostas pola UE encamiñadas a que este país reduza a súa débeda, equivalente ao 120% do seu PIB, e sobre todo, a que os mercados alivien a presión sobre a súa débeda e polo tanto sobre a doutros países europeos; léase o Reino de España, por exemplo.
O currículo de Monti é enormemente entretido, digno do Inside Job que merecemos os europeos. Entre 1994 e 1999 foi comisario europeo de mercado interior e desde entón até 2004, comisario de Competencia, posición desde a que se opuxo á fusión entre General Electric e Honeywell. Goldman Sachs -si, o banco de investimento responsábel en parte da actual crise financeira-, fichouno como asesor en 2005 [Monti pertence tamén ao consello asesor de Coca-Cola].
Antes de "nosa" crise e tamén antes de que Monti chegase a Goldman Sachs, este banco de investimento deseñou o plan de enxeñaría financeira que permitiu a Grecia entrar no euro en 2002 camuflando as súas contas públicas e as súas cifras reais de déficit a base, entre outras cousas, de vender produtos financeiros gregos aos EUA sen alertar dos riscos e de realizar operacións de cambios de divisas (swaps).
E saben quen era un dos responsables de Goldman Sachs por entón? O recentemente nomeado presidente do BCE, o italiano Mario Draghi, que traballou como directivo do devandito banco de investimento entre 2002 e 2006. O pasado xuño, Draghi tivo que responder o Parlamento europeo acerca do seu coñecemento e responsabilidade na actuación de Goldman Sachs en Grecia. Dixo que eses acordos foron previos á súa chegada ao banco e que non tivo nada que ver coa venda de produtos financeiros a outros gobernos. Meses despois, é o máximo responsábel da política monetaria en Europa.
Non acaba aquí a conexión entre este tres líderes europeos de novo cuño. Mario Monti é o director europeo da Comisión Trilateral, un think tank de corte ultraliberal fundado en 1973 por Rockefeller, ao que tamén pertence como membro o primeiro ministro grego, Papademos. Este lobby xa advertiu no seu día do que se aveciñaba: un ?perigoso? ?exceso de democracia? [merece a pena ler este texto de Noam Chomsky sobre esta aseveración, do seu libro Prioridades radicais].
Sobran os comentarios.

Nenhum comentário:
Postar um comentário